María José Alonso: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiño
Xoio (conversa | contribucións)
arranxiños
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía
{{Biografía
|nome= María José Alonso {{Medalla|Castelao}}
|nome= María José Alonso {{Medalla|Castelao}}
|nome_completo = María Josefa Alonso Fernández
|ocupación = [[Farmacoloxía|farmacóloga]], [[Catedrático de universidade|catedrática de Universidade]], [[Academia (institución)|académica]] e [[investigador]]a
|premios = Véxase o texto
}}
}}
'''María Josefa Alonso Fernández''', nada en [[Carrizo de la Ribera]] ([[provincia de León]]) o [[22 de decembro]] de [[1959]],<ref name=CG>Alonso Fernández, María, en ''Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI''. Santiago de Compostela: Editoral Compostela, S.A., 2002, ISBN 84-8064-113-2.</ref> é unha [[Farmacia|farmacéutica]], [[ensino|catedrática]] e [[academia (institución)|académica]] [[Galicia|galega]] especializada no campo das [[nanopartícula]]s como vehículo de [[medicamento]]s.
'''María Josefa Alonso Fernández''', nada en [[Carrizo de la Ribera]] ([[provincia de León]]) o [[22 de decembro]] de [[1959]],<ref name=CG>Alonso Fernández, María, en ''Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI''. Santiago de Compostela: Editoral Compostela, S.A., 2002, ISBN 84-8064-113-2.</ref> é unha [[Farmacia|farmacéutica]], [[ensino|catedrática]] e [[academia (institución)|académica]] [[Galicia|galega]] especializada no campo das [[nanopartícula]]s como vehículo de [[medicamento]]s.
Liña 52: Liña 55:
* [http://webspersoais.usc.es/persoais/mariaj.alonso/index.html M.J. Alonso Lab] Currículo de M. J. Alonso, [[USC]] {{en}}
* [http://webspersoais.usc.es/persoais/mariaj.alonso/index.html M.J. Alonso Lab] Currículo de M. J. Alonso, [[USC]] {{en}}
* [http://www.erasmusmundus-nanofar.eu/ NanoFar, Erasmus Mundus Joint Doctorate in nanomedicine and pharmaceutical innovation] [[USC]] {{en}}
* [http://www.erasmusmundus-nanofar.eu/ NanoFar, Erasmus Mundus Joint Doctorate in nanomedicine and pharmaceutical innovation] [[USC]] {{en}}



{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}

Revisión como estaba o 5 de agosto de 2018 ás 16:32

Infotaula de personaMaría José Alonso

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinalMaría Josefa Alonso Fernández
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Carrizo de la Ribera, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacóloga, catedrática de Universidade, académica e investigadora
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
Véxase o texto

Páxina webusc.es… Editar o valor em Wikidata
Dialnet: 752942

María Josefa Alonso Fernández, nada en Carrizo de la Ribera (provincia de León) o 22 de decembro de 1959,[1] é unha farmacéutica, catedrática e académica galega especializada no campo das nanopartículas como vehículo de medicamentos.

Traxectoria

En 1981 licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, e en 1985 acadou o doutoramento con premio extraordinario.[1] Nese mesmo ano foi nomeada profesora axudante do Departamento de Tecnoloxía Farmacéutica de dita Universidade. É docente deste departamento desde entón e, desde 1998, como catedrática.

Nos anos 1986-87 iniciou a súa actividade no campo das nanopartículas como sistemas de liberación de fármacos na Universidade de París XI. En 1988 traballou como investigadora na Universidade de Angers, onde foi científica visitante, e no Instituto Tecnolóxico de Massachussets (1991-92 e 2012).

Foi vicerreitora de Investigación e Innovación da USC desde 2006 até 2010.[2]

O seu laboratorio na Facultade de Farmacia da USC foi pioneiro en numerosos descubrimentos no campo da nanofarmacéutica e da nanomedicina. É autora de máis de 260 contribucións científicas, con máis de 14 900 citas, e a inventora de 20 patentes.[3]

Actividades realizadas

Dirixiu 25 proxectos financiados por institucións públicas, entre eles varios proxectos europeos e financiados por institucións internacionais como a OMS e a Bill & Melinda Gates Foundation. É autora de 97 publicacións científicas en revistas internacionais de alto impacto na área da liberación de fármacos, de dezasete capítulos de libros e de oito patentes.[4] Así mesmo, ten participado como conferenciante invitado en trinta congresos internacionais.

Foi membro do comité científico e organizador de numerosos congresos e cursos de ámbito internacional e fundadora e presidenta da Sociedade Hispano-Portuguesa de Liberación Controlada (1995). É a coordinadora da Rede Temática de Investigación en Sistemas de Liberación de Moléculas Activas (SLMA). Por iniciativa da Sociedade Europea para a Ciencia (NSF), liderou grupos de traballo sobre a Nanomedicina, e é responsable da división de educación e comunicación da Plataforma Tecnológica Española de Nanomedicina.

É fundadora da asociación Spanish Portuguese Chapter of the Controlled Release Society e presidenta da súa xunta directiva (1995-97), así como secretaria da mesma (1997-2000), Governor da Controlled Release Society (1995-1998) e, desde 2018, presidenta da institución,[3] [5] membro do Board of Pharmaceutical Sciences da International Pharmaceutical Federation (1998-2000), membro de Scientific Advidsory Board da Association de Pharmacie Galénique Industrielle (1997-2000) e pertence á European Federation for Pharmaceutical Sciences.

É tamén membro do American Institute for Medical and Biological Engineering (Instituto Estadounidense de Enxeñaría Médica e Biolóxica), e da US National Academy of Medicine (Academia Nacional de Medicina dos Estados Unidos).[3]

Así mesmo, e membro do comité editorial das seguintes revistas internacionais: Pharmaceutical Research, Journal of Controlled Release, International Journal of Pharmaceutics, European Journal of Pharmaceutics and Biopharmaceutics, European Journal of Pharmaceutical Sciences, Drug Development and Industrial Pharmacy, Drug Delivery Sciences & Technologies e J. Microencapsulation.

M. J. Alonso está incluída na clasificación dos dez maiores expertos mundiais en farmacoloxía e toxicoloxía, elaborado polo Times Higher Education, co que se converteu na primeira española en alcanzar este posto.[6] [7]

A profesora Alonso é membro da Academia de Farmacia de Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias,[8] [9] e da Real Academia Nacional de Farmacia de España.[10]

Premios

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas