Écija: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-desenrolou +desenvolveu, -desenrolo +desenvolvemento, -Desenrolo +Desenvolvemento)
Liña 12: Liña 12:


O rei [[Henrique III de Castela|Henrique III]] concedeulle [[carta foral]] en [[1402]]. Os primeiros gremios organizáronse a partir do século XVI e atinxen o seu máximo esplendor no [[século XVIII]].
O rei [[Henrique III de Castela|Henrique III]] concedeulle [[carta foral]] en [[1402]]. Os primeiros gremios organizáronse a partir do século XVI e atinxen o seu máximo esplendor no [[século XVIII]].
O seu desenrolo económico reflíctese na grande cantidade de construcións relixiosas e civís comprendidas entre os séculos XII e XVIII. O XVIII é considerado o "século de Ouro ecijano", debido a súa riqueza económica e artística. A cidade foi declarada [[Conxunto Histórico-Artístico]] no ano [[1966]].
O seu desenvolvemento económico reflíctese na grande cantidade de construcións relixiosas e civís comprendidas entre os séculos XII e XVIII. O XVIII é considerado o "século de Ouro ecijano", debido a súa riqueza económica e artística. A cidade foi declarada [[Conxunto Histórico-Artístico]] no ano [[1966]].


[[Category:Cidades de Andalucía|Écija]]
[[Category:Cidades de Andalucía|Écija]]

Revisión como estaba o 23 de setembro de 2007 ás 22:50

Écija é unha cidade española, con concello, pertencente á provincia de Sevilla, sita a 95 km da capital desta, no interior da comunidade autónoma de Andalucía. Consonte o censo de 2005, Écija tiña unha poboación de 38,911 habitantes, sendo a quinta cidade máis populosa da provincia. O río Genil, principal afluente do Guadalquivir, atravesa o seu núcleo urbano.

Historia

As primeiras testemuñas arqueolóxicas permiten supor que o primitivo asentamento de Astigi, estivo situado, no actual Cerro de San Gil ou do Alcázar, en época tartésica. Arredor do 14 a.C., en época de Augusto, fundouse junto ese lugar a Colonia Augusta Firma Astigi, que fora capital dun dos catro conventos jurídicos da provincia romana da Bética e unha das máis importantes cidades de Hispania. Ademais da súa importancia estratéxica sobre a Vía Augusta e á beira do río Genil, na época denominado Singilis, antigamente navegábel até a cidade, Astigi posuía a preminencia no sistema de produzón e exportazón a longa distancia do aceite de oliveira por todo o Imperio romano.

Entre o século V e o século XI, Astigi foi sé dun bispado, desaparecido en medio da dominación islámica do Al Andalus.

Durante o periodo andalusí o seu nome evolucionou para Istiya ou Astiya. Uno dos sobrenomes árabes da Écija andalusí era Madinat al-qutn, "a cidade do algodón". Desta época data o recinto amurallado, con torres albarranas á maneira das fortificacións almohades.

A conquista castelá da cidade foi efectuada por Fernando III en 1240. Tras a conquista instalaronse na Écija numerosas e ilustres familias castelás. A fertilidade da comarca e a súa nova posición, fronteiriza con o reino de Granada, impulsaron un notábel desenvolvemento económico e social.

O rei Henrique III concedeulle carta foral en 1402. Os primeiros gremios organizáronse a partir do século XVI e atinxen o seu máximo esplendor no século XVIII. O seu desenvolvemento económico reflíctese na grande cantidade de construcións relixiosas e civís comprendidas entre os séculos XII e XVIII. O XVIII é considerado o "século de Ouro ecijano", debido a súa riqueza económica e artística. A cidade foi declarada Conxunto Histórico-Artístico no ano 1966.