Río Grande, ría de Ribadeo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m elimino a Categoría:Ríos de Galicia mediante HotCat
Liña 47: Liña 47:
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Ríos de Galicia|Grande, Río]]
[[Categoría:Ribadeo|Grande, Río]]
[[Categoría:Ribadeo|Grande, Río]]
[[Categoría:Ríos da provincia de Lugo]]
[[Categoría:Ríos da provincia de Lugo]]

Revisión como estaba o 2 de agosto de 2018 ás 13:59

Coordenadas: 43°29′42″N 07°03′30″O / 43.49500, -7.05833

Río Grande
Desembocadura do río Grande na ría de Ribadeo.
PaísGalicia Galicia
NacementoA Fórnea, Trabada
Lonxitude22 km aprox
Conca60,44 km2
Caudal medio1,4 m³/s
DesembocaduraRía de Ribadeo
Perfil altimétrico do río Grande

O río Grande é un río da provincia de Lugo.

Curso

Nace nos montes de Trabada, preto da aldea da Fórnea (43°28′8″N 07°12′54″O / 43.46889, -7.21500, correspondente ao mesmo concello). Fai unha pequena incursión no concello de Barreiros (atravesando a parroquia de Vilamartín Pequeno, e pasando pola de Cabarcos) e atravesa o de Ribadeo, regando as parroquias de Arante e A Devesa (onde se atopa o encoro de Vilamariz sobre o rego de Lexoso) , Covelas, Cedofeita, Vilausende e Ove[1]. Finalmente desemboca na marxe esquerda da ría de Ribadeo. Ten unha aportación anual media de 43 Hm3/ano[2].

Afluentes

Os seus principais afluentes son o río Noceda e o río Pequeno pola esquerda (este último acólleo na súa desembocadura), e o rego de Arante pola dereita (43°29.78′N 07°8.53′O / 43.49633, -7.14217), lugar onde colle o nome de río Grande, despois de terse denominado río (ou rego de) Lexoso, constituído a partir do rego de Porto Bragán (ó xuntarse co rego das Teixeiras) e este, a partir do rego da Fórnea (ó xuntarse co rego de Cambite).[1]

Servizos

Mediante o encoro de Lexoso contribúe ó subministro de auga potable a Ribadeo.

Hidronimia

Algunhas fontes cartográficas intercámbianlle os nomes aos ríos Grande e Lexoso ou Grande e Arante dende os seus nacementos até o lugar da súa confluencia na Ponte na parroquia de Covelas.

Referencias

  1. 1,0 1,1 "VisorSigPac". sigpac.mapa.es. Consultado o 2017-01-20. 
  2. "FICHA ESTACIÓN DE AFORO Nº 430 - GRANDE RIBADEO" (PDF). Augas de Galicia. Consultado o 18/3/2017. 

Galería de imaxes

Ordenadas de nacemento a desembocadura:

Véxase tamén

Outros artigos