Consuelo Martínez López: Diferenzas entre revisións
m →Traxectoria: lingua |
|||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{Biografía}}'''Consuelo Martínez López''', nada en [[Ferrol]] |
{{Biografía}}'''Consuelo Martínez López''', nada en [[Ferrol]] en [[1955]], é unha [[Matemáticas|matemática]] e [[Cátedra universitaria|catedrática]] de [[Álxebra]] galega. |
||
== Traxectoria == |
== Traxectoria == |
||
Liña 20: | Liña 20: | ||
==Obras== |
==Obras== |
||
É autora de numerosas publicacións en revistas científicas<ref>{{cita web|url=http://matematicas.uniovi.es/c/document_library/get_file?uuid=f4c9f2e3-78ef-4fff-a465-0fd13c91f51c&groupId=821497|título=Curriculum vitae|data-acceso=31 de xullo de 2018|editor=Comisión Interministerial de Ciencia y Tecnología|lingua=es}}</ref>, entre outras: |
É autora de numerosas publicacións en revistas científicas<ref>{{cita web|url=http://matematicas.uniovi.es/c/document_library/get_file?uuid=f4c9f2e3-78ef-4fff-a465-0fd13c91f51c&groupId=821497|título=Curriculum vitae|data-acceso=31 de xullo de 2018|editor=Comisión Interministerial de Ciencia y Tecnología|lingua=es}}</ref>, entre outras: |
||
Liña 29: | Liña 28: | ||
== Notas == |
== Notas == |
||
{{listaref}} |
{{listaref}} |
||
Liña 40: | Liña 38: | ||
[[Categoría:Matemáticos de España]] |
[[Categoría:Matemáticos de España]] |
||
[[Categoría:Alumnos da Universidade de Zaragoza]] |
[[Categoría:Alumnos da Universidade de Zaragoza]] |
||
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]] |
Revisión como estaba o 1 de agosto de 2018 ás 08:03
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1955 (68/69 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Zaragoza - matemáticas (–1980) |
Director de tese | Javier Otal Cinca |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoría de grupos, criptografía, teoria de códigos (pt) , álxebra de Lie e Superalgebra (en) |
Ocupación | matemática , alxebrista , profesora universitaria |
Empregador | Universidade de Oviedo, catedrático de universidade |
Lingua | Lingua castelá |
Obra | |
Doutorando | Ignacio Fernández Rúa (en) , Elías Fernández Combarro Álvarez (en) , María del Pilar Vicente Matilla (en) , Elena Couselo Hernández (en) , Ignacio Cascudo Pueyo (en) e Juan Carlos Gutiérrez Fernández (pt) |
Premios
|
Consuelo Martínez López, nada en Ferrol en 1955, é unha matemática e catedrática de Álxebra galega.
Traxectoria
Licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Zaragoza en 1977.[1]Doutorouse pola mesma universidade en 1980 coa tese titulada Formaciones saturadas en una clase de grupos localmente finitos PI-resolubles, dirixida por Javier Otal.[2][3]É catedrática na facultade de Ciencias da Universidade de Oviedo.[4][5]
A súa investigación céntrase na álxebra abstracta co fin de aplicala á teoría da información, á criptografía e ós códigos correctores de erros, utilizando estruturas alxebraicas resistentes para o deseño de sistemas de cifrado.[1] Investiga as álxebras e superálxebras non asociativas e as súas interrelacións coa teoría de grupos.[1] Foi quen de construír o anel completo de cocientes dun álxebra de Jordan para as superálxebras graduadas por sistema raíz, problema inicialmente proposto por Jacobson.[6]
Colabora, dende os anos noventa,[6]co matemático da Universidade de California San Diego e gañador da medalla Fields Efim Zelmanov.[1]. Xuntos estudan as conexións de grupos e álxebras cos retos e conxeturas do problema restrinxido de Burnside.[6]Conseguiron, entre outros resultados, a clasificación de superálxebras de Jordan simples finito dimensionales en característica prima.[1]
Ocupou, entre outros, os seguintes cargos:
- Codirectora da Revista Matemática Iberoamericana (RMI)[6]
- Membro da Comisión Científica da Real Sociedad Matemática Española de 2003 hasta 2012[6]
- Membro da comisión de Física e Matemáticas da Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora (CNEAI)[1]
- Membro do Comité de Ciencias Experimentais de la Axencia Vasca (UNIBASQ).[1]
Premios e recoñecementos
- Medalla da Real Sociedad Matemática Española en 2008 [4]
Obras
É autora de numerosas publicacións en revistas científicas[7], entre outras:
- "Algebra y supersimetría". Gaceta de la Real Sociedad Matemática Española, (en castelán) 20 (2): 399–416. 2017. ISSN 1138-8927.
- Couselo Hernández, Elena; Santos González Jiménez, Victor Markov; Martínez López, Consuelo; Nechaev, Alexander (2012). "Ideal representation of Reed-Solomon and Reed-Muller codes". Algebra and logic (en castelán) 51 (3): 195–212. ISSN 0002-5232.
- Martínez, Consuelo (2010). Simple Jordan superalgebras and the coordinatization theorem. Proceedings of Jordan Structures in Algebra and Analysis meeting. Tribute to El Amin Kaidi. Almería (España). pp. 191–202.
Notas
- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Martínez, Consuelo (primeiro trimestre de 2014). ICMAT, ed. Ruiz Guevara, Patricia. "ENTREVISTA: Consuelo Martínez, catedrática de Álgebra en la Universidad de Oviedo". Newsletter (en castelán) (14). Consultado o 31 de xullo de 2018.
- ↑ "Consuelo Martínez López". Mathematics Genealogy Project (en inglés). Consultado o 31 de xullo de 2018.
- ↑ "Ficha da tese". Dialnet (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 218.
- ↑ 4,0 4,1 "Resolución de la edición de 2018 de las Medallas de la RSME". Real Sociedad Matemática Española (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2018.
- ↑ "Personal docente e investigador". universidade de Oviedo (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2018.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "Consuelo Martínez y Antonio Ros. Dos nuevos directores de la RMI". Real Sociedad Matemática Española (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2018.
- ↑ Comisión Interministerial de Ciencia y Tecnología (ed.). "Curriculum vitae" (en castelán). Consultado o 31 de xullo de 2018.