Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social: Diferenzas entre revisións
mSen resumo de edición |
Sen resumo de edición |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
{{fusión|Ministerio de Emprego e Seguridade Social de España}} |
|||
{{wikificar}} |
|||
{{Axencia gobernamental|logo=Logotipo del Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social.svg|sitio_web=http://www.empleo.gob.es/|tipo=[[Ministerios de España|Ministerio]]|ministro=[[Magdalena Valerio Cordero]]}} |
{{Axencia gobernamental|logo=Logotipo del Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social.svg|sitio_web=http://www.empleo.gob.es/|tipo=[[Ministerios de España|Ministerio]]|ministro=[[Magdalena Valerio Cordero]]}} |
||
O '''Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social''' de [[España]] é o actual [[Ministerios de España|departamento ministerial]] con competencias en relacións laborais, de [[emprego]] e de [[Seguridade social|Seguridade Social]], así como do desenvolvemento da política do Goberno en materia de estranxeiría, [[inmigración]] e [[emigración]]. A súa titular é [[Magdalena Valerio]]. |
O '''Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social''' de [[España]] é o actual [[Ministerios de España|departamento ministerial]] con competencias en relacións laborais, de [[emprego]] e de [[Seguridade social|Seguridade Social]], así como do desenvolvemento da política do Goberno en materia de estranxeiría, [[inmigración]] e [[emigración]]. A súa titular é [[Magdalena Valerio]]. |
Revisión como estaba o 31 de xullo de 2018 ás 13:24
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Ministerio de Emprego e Seguridade Social de España" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social | |
---|---|
Información xeral | |
Sitio web | |
http://www.empleo.gob.es/ |
O Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social de España é o actual departamento ministerial con competencias en relacións laborais, de emprego e de Seguridade Social, así como do desenvolvemento da política do Goberno en materia de estranxeiría, inmigración e emigración. A súa titular é Magdalena Valerio.
Historia
O Ministerio de Traballo é un dos ministerios con maior historia, tendo as súas orixes a principios do século XX. O ministerio foi fusionado en multitude de ocasións co ministerio de sanidade ou mesmo co ministerio de agricultura, con todo, a tendencia sempre foi a de ser un ministerio autónomo con competencias non só en emprego, senón tamén nos ámbitos da seguridade social e migración.
A súa nomenclatura do ministerio mantívose sempre como Ministerio de Traballo, fóra dos gobernos de Mariano Rajoy na que cambio á denominación de 'Ministerio de Emprego'.
Lista de ministras e ministros de Traballo
- (1) Ministerio de Traballo e Previsión Social
- (2) Ministerio de Traballo, Sanidade e Previsión Social
- (3) Ministerio de Traballo, Sanidade e Xustiza
- (4) Ministerio de Traballo e Previsión
- (5) Ministerio de Traballo e Asistencia Social
- (6) Ministerio de Traballo
- (7) Ministerio de Agricultura e Traballo
- (8) Ministerio de Traballo, Sanidade e Seguridade Social
- (9) Ministerio de Traballo e Seguridade Social
- (10) Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais
- (11) Ministerio de Traballo e Inmigración
- (12) Ministerio de Traballo, Comercio e Industria
- (13) Ministerio de Acción e Organización Sindical
- (14) Ministerio de Emprego e Seguridade Social
- (15) Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social
Funcións
Corresponde ao Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social a proposta e execución da política do Goberno en materia de emprego e de Seguridade Social, así como o desenvolvemento da política do Goberno en materia de estranxeiría, inmigración e emigración.
Estrutura
Este Ministerio estrutúrase nos seguintes órganos superiores:[1]
- Secretaría de Estado de Migracións.
- Secretaría de Estado da Seguridade Social.
- Secretaría de Estado de Emprego.
- Subsecretaría de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
O Consello Económico e Social queda adscrito ao Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.
Titulares
- Magdalena Valerio Cordero (xuño 2018 - )[2]
Véxase tamén
- Inspección do traballo
- Ministerios de Traballo de España