Baredo, Baiona: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 48: Liña 48:


== A Virxe da Cela ==
== A Virxe da Cela ==
Segundo a tradición, a imaxe da [[Virxe da Cela]] chegou por mar no século XVI. Logo de que o rei [[Henrique VIII de Inglaterra]] ordenase queimar e destruír todas as estatuas relixiosas no seu país, algunhas foron lanzadas ao mar. A imaxe foi levada ata á Cela, onde se levantou unha pequena [[Capela|ermida]]. Porén, a imaxe foi trasladada a Baíña, onde estaba a igrexa parroquial, mais segundo a lenda o carro de bois que levaba a Virxe non daba avanzado, e a figura quedou en Baredo. En 1812 rematouse a igrexa actual, na que se segue venerando.
Segundo a tradición, a imaxe da [[Virxe da Cela]] chegou por mar no século XVI. Logo de que o rei [[Henrique VIII de Inglaterra]] ordenase queimar e destruír todas as estatuas relixiosas no seu país, algunhas foron lanzadas ao mar. A imaxe foi atopada na Arquiña, e despois foi levada ata á Cela, onde se levantou unha pequena [[Capela|ermida]]. Porén, a imaxe foi trasladada a Baíña, onde estaba a igrexa parroquial, mais segundo a lenda o carro de bois que levaba a Virxe non daba avanzado, e a figura quedou en Baredo. En 1812 rematouse a igrexa actual, na que se segue venerando.


Ademais da Virxe da Cela, na parroquia tamén se venera á [[Virxe do Carme]] e a [[San Roque]].
Ademais da Virxe da Cela, na parroquia tamén se venera á [[Virxe do Carme]] e a [[San Roque]].

Revisión como estaba o 31 de xullo de 2018 ás 13:12

Baredo
A parroquia de Baredo, vista dende a fonte do Cabreiro.
ConcelloBaiona[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°06′17″N 8°52′30″O / 42.10470027, -8.87506955Coordenadas: 42°06′17″N 8°52′30″O / 42.10470027, -8.87506955
Poboación1087 hab. (2017)
Entidades de poboación12[1]
editar datos en Wikidata ]
A Illa Carral, en Cabo Silleiro.
Vista do barrio de Rocamar e de Cabo Silleiro dende a volta das Salgueiras.

Santa María de Baredo, ás veces tamén Nosa Señora da Cela de Baredo ou Santa María da Cela de Baredo[2], é unha parroquia do concello de Baiona. Segundo o IGE, no ano 2017, tiña 1 087 habitantes (569 homes e 518 mulleres) [3], o que supón un aumento respecto de 1999 cando tiña 989 habitantes; ou respecto do século XIX cando tiña 86 habitantes.[4] O seu xentilicio é baredano/ana. A parroquia eclesial pertence ó arciprestado de Miñor, na diocese de Tui-Vigo.

Xeografía

Igrexa parroquial de Santa María de Baredo, na que se atopa a Virxe da Cela.
Fonte do Cabreiro, desde onde se contempla a parroquia enteira.
Muíño no leito do río Fraga ou regato das Tres Regueiras.

É a parroquia baionesa máis occidental. Limita coas parroquias de Baíña, Mougás e Santa María de Fóra de Baiona. Está atravesada polo regato das Tres Regueiras, tamén chamado río Fraga. Está rodeada polo Barranco de Currelos, Outeiro do Home, Outeiro do Galo, Os Marcos, Pousos e Facho de Cabo Silleiro.[2] Na súa costa rochosa en Cabo Silleiro hai un conxunto de illotes coma a Carral, as Negras ou a Polbeira, lugares de naufraxios.[5] A zona costeira da parroquia está atravesada pola estrada PO-552. Pola parroquia transcorre o Camiño de Santiago Portugués pola Costa.

Lugares

Oficialmente, a parroquia está constituída por 12 entidades de poboación: O Agro, A Bouza, As Cadeiras, O Cancelo, O Caneiro, O Carballo, O Lombo, A Ponte, Os Portelos, O Río, Rocamar e A Torre.

Mais existen outras versións, non oficiais, que reflicten mellor a realidade dos asentamentos: O Agro, O Baleal, A Bouza, O Cabreiro, A Cachada, As Cadeiras, Cancelo, O Caneiro, Carballo, A Cela Vella, A Costa, As Laxes, Lombán, O Lombo, O Montiño, O Outeiro, A Pedra, A Ponte, Os Portelos, O Ramal, As Revoltas, O Río, Río Pequeno, Rocamar, O Sinal, A Torre e As Xestas.[2][6]

Historia

Segundo algúns sitios arqueolóxicos no monte da Portela, atopamos unha suposta "cívitas antiqua" e resto da calzada romana A Guarda-Vigo, no lugar de Cresteláns. Existía no barrio da Cela unha capela da que a primeira referencia escrita data do ano 1551, aínda que se asegura que xa existía a finais do século XV. Baredo estivo tamén ligado, como o resto das parroquias, ó Mosteiro de Oia. As primeiras referencias escritas témolas no século XII, onde se di que Afonso VII doa ó Mosteiro de Oia todo o que pertencía ó poder real na terra de Toroño formado pola ermida de San Cosme cos seus cotos e as vilas de Erizana e Varedo. Tamén no ano 1162, onde Fernando II de León e Galicia doa a Nuño Díaz todo canto hai en Baíña e en Varedo ; e no ano 1222, onde Juan Chrisno vende a Oia a herdade de Varedo, a cuarta parte do agro do Emir e a leira de Muar; e no ano 1266, onde D. Romeu de Varedo cambia co Mosteiro de Oia parte das súas posesións e vende outra serie deles en 300 sólidos. Logo a aparición de Nosa Señora da Cela, Varedo toma importancia. Tanto, que se independiza da parroquia matriz de Baíña no ano 1812.[2] No século XX, concretamente o 16 de outubro do 1936, foron fusilados nove veciños miñoranos. Dende aquela, o lugar onde foron asasinados recibe o nome de "A Volta dos Nove".[7] O 25 de marzo do 2012, celebrouse o Bicentenario da declaración da Parroquia de Baredo; outorgándolle o Concello de Baiona a Medalla de Ouro ós veciños de Baredo.[8]

Patrimonio

Posúe un núcleo rural moi ben conservado no que se poden ver camiños empedrados e casas típicas de labranza. Do seu patrimonio histórico destaca o sitio calcolítico de Loudrelos.

O faro Silleiro sinaliza o camiño ós barcos que pasan preto da costa do concello. Xunto ao faro de cabo Silleiro, atópanse unhas ruínas militares do século XX. Na súa época tiñan como obxectivo a protección da ría de Vigo e da entrada a Baiona.

No barrio do Cabreiro está a Fonte do Cabreiro. Tamén destaca a cruz de Malta de pedra que se atopa na entrada da casa reitoral, que foi rescatada do poboado medieval de San Cosme.[9]

Posúe un pequeno porto, no lugar de Porrido. Actualmente ten uns alboios para cambiarse os mariñeiros e un peirao, que normalmente, non ten ningunha lancha amarrada. Nel, no mes de xuño, fáiselle unha misa á Virxe do Carme e, deseguido, unha procesión por toda a parroquia. Destaca tamén o percebe, que é collido polos percebeiros, sendo un dos mellores de Galicia, xa que a costa é rochosa e propicia uns produtos de primeira calidade.[2]

Orixes

Apenas hai referencias escritas sobre a orixe da parroquia. No lugar de Cresteláns existen restos dunha calzada romana. O topónimo Baredo aparece na documentación antiga escrito como Varedo. Segundo Xoán Martínez Tamuxe, podería derivar da raíz prerromana *Bar ("cume", "altura") e segundo o profesor Antonio Losa, provén da palabra "band" (correo, estación de correo ou lugar de paso do correo), ademais engádese que existen os topónimos de Portela e Portelos.[2]

Senda fluvial do regato das Tres Regueiras - Muíños de Baredo

O faro de Silleiro.

río Fraga, tamén chamado Regato das Tres Regueiras, nace preto do Monte de Baredo e desemboca en Porrido. Nos seus últimos metros, localízase un paseo de madeira que discorre á beira do río. Coma outros tantos ríos galegos, posuía varios muíños de auga, utilizados para moer o gran. Dos oito, reconstruíronse tres (Cogulado de Arriba, Cogulado do Medio e Cogulado de Abaixo), os outros cinco están en pésimas condicións.

A ruta, sinalizada con paneis, discorre por unha paraxe de ámbito natural, aínda que afectada polo urbanismo. Ten un gran valor etnográfico e biolóxico, principalmente aves coma avelaionas, mouchos de orellas, lavandeiras brancas, rabirrubios, gaivotas, corvos mariños...; anfibios coma ras verdes, píntegas comúns, píntega rabilongas..., e flora: xestas, toxos, fento e a especie invasora: lirio de auga (tamén chamada cala). Tamén se completa con pequenos roedores, coma ratos, toupas e ourizos cacho e algún que outro aguanón e o omnipresente eucalipto.[10]

A Virxe da Cela

Segundo a tradición, a imaxe da Virxe da Cela chegou por mar no século XVI. Logo de que o rei Henrique VIII de Inglaterra ordenase queimar e destruír todas as estatuas relixiosas no seu país, algunhas foron lanzadas ao mar. A imaxe foi atopada na Arquiña, e despois foi levada ata á Cela, onde se levantou unha pequena ermida. Porén, a imaxe foi trasladada a Baíña, onde estaba a igrexa parroquial, mais segundo a lenda o carro de bois que levaba a Virxe non daba avanzado, e a figura quedou en Baredo. En 1812 rematouse a igrexa actual, na que se segue venerando.

Ademais da Virxe da Cela, na parroquia tamén se venera á Virxe do Carme e a San Roque.

Asociacións

  • Asociación de Veciños "A Cela" de Baredo e Centro Cultural, Social e Deportivo "A Cela" de Baredo
  • Veteranos de Baredo
  • Comisión de Festas da Virxe do Carme
  • Comisión de Festas da Virxe da Cela
  • Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Baredo
  • Comunidade de Augas "Fonte Vella" de Baredo
  • Coral "A Cela" de Baredo

Lugares e parroquias

Lugares de Baredo

Lugares da parroquia de Baredo no concello de Baiona (Pontevedra)

O Agro | Bouza | O Cabreiro | As Cadeiras | O Cancelo | O Caneiro | O Carballo | O Lombo | A Ponte | Os Portelos | O Río | Rocamar | A Torre

Parroquias de Baiona

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Baiona

Baíña (Santa Mariña) | Baredo (Santa María) | Baiona (Santa María de Fóra) | Baiona (Santa María) | Belesar (San Lourenzo) | Santa Cristina da Ramallosa (Santa Cristina)

Notas

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Historia de la Parroquia de Baredo, Domingo Cameselle Bastos (1997)
  3. IGE. "Nomenclátor de Galicia". Consultado o 24/2/2016. 
  4. ÁVILA Y LA CUEVA, Francisco (1995). Historia civil y eclesiástica de la Ciudad de Tui y su Obispado. Edición facsímile. II tomo. Consello da Cultura Galega. 
  5. Vilar Pedreira, Xosé Lois (2008). Os nomes do mar de Baiona e Panxón. Instituto de Estudos Miñoranos.
  6. "Toponimia de Baredo". toponimiabaredo.blogspot.com.es. Consultado o 2015-11-27. 
  7. O Portal do Val Miñor (valminor.info). "Homenaxe aos "nove" de Baredo". Consultado o 07/11/2014. 
  8. Neli Pillado. "Un dorado bicentenario para Baredo.". Faro de Vigo. Consultado o 05/10/2014. 
  9. "Eremitas na historia de Baíña". Faro de Vigo. Consultado o 04/11/2014. 
  10. Galicia Máxica. "Muíños de Baredo". Consultado o 05/11/2014. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Cameselle Bastos, Domingo (1997). Historia da Parroquia de Baredo.

Outros artigos

Ligazóns externas