Cambios

Saltar ata a navegación Saltar á procura
familia
}}
 
'''Benigno Andrade García''', alcumado '''o Foucellas''', nado o [[22 de outubro]] do [[1908]] no lugar das [[As Foucellas, Cabrui, Mesía|Foucellas]], no concello de [[Mesía]], e agarrotado o [[7 de agosto]] de [[1952]], na [[Prisión Provincial]] da [[A Coruña|Coruña]], foi un militante da [[Confederación Nacional do Traballo|CNT]]<ref name=":0">Máiz, Bernardo; ''op.cit.'' páx. 166</ref> e guerilleiro anti-franquista. Fillo de Andrés Andrade Lata e Francisca García Paz casada en segundas nupcias e que xa tiña un fillo. Foucellas tiña dous irmáns: Consuelo (falecida antes de 1952) e José Couceiro García (residente dende 1952 en Arxentina). Estaba casado con María Pérez Mellid, nada en Arxentina e de nacionalidade española e arxentina. Tivo dous fillos con María Pérez: Pepiña e Sergio, e outros dous conque foron criados por María Novo García, curmán de Foucellas: Benigno e Carmen que vivían en [[Ru, Vilasantar, Vilasantar|Ru]], [[Vilasantar]].<ref>{{cita web|url=http://lahistoriaenlamemoria.blogspot.com/2014/04/memorial-democratico-andrade.html|título=Memorial democrático [ANDRADE]}}</ref> Viviu 16 anos fuxido ata que foi detido no lugar da [[A Costa, A Regueira, Oza-Cesuras|Costa]], en [[Oza-Cesuras]] nun enfrontamento coa Garda Civil. Foucellas medía 1,67 metros de estatura, tiña o pelo negro, ollos castiñeiro, boca regular, barba pechada, cara alongada e nariz regular. Segundo descrición da Garda Civil.
 
Benigno Andrade é un dos nomes míticos do [[Maquis (guerrilla antifranquista)|antifranquismo armado]] en [[Galicia]]<ref>Redondo Abal, F. X. (2006): ''Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965)''. Edicios do Castro, serie: Documentos. ISBN 84-8485-231-8 /</ref>. Foi condeado en [[consello de guerra sumarísimo]] a tres penas de morte "como o maior criminal dos últimos anos", segundo recolle a sentenza. Enviou unha carta pregando clemencia á filla de [[Francisco Franco|Franco]], [[Carmen Franco]]. Na súa resposta dixo non poder "meterse en asuntos políticos".
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:As Foucellas Mesía.jpg|250px|miniatura|As Foucellas, Mesía.]]
Nacido no lugar das [[As Foucellas, Cabrui, Mesía|Foucellas]], do que tomou o alcume, na parroquia de [[Cabrui, Mesía|Cabrui]], [[Mesía]]. Estudou na escola primaria da localidade e desde moi novo traballou nos labores do campo, de xornaleiro, tamén traballou nunha leitería<ref>http://www.vieiros.com/nova/24049/o-foucellas-guerrilleiro-e-mito-popular</ref>, trasladouse a [[León, España|León]] para traballar nas minas de carbón de Fabero, [[Ponferrada]]. En 1934 foi vivir a Curtis ca súa nai e traballar na madereira Torres de [[Curtis]] en xullo de 1936.
 
Casado con María Pérez, tivo dous fillos, Josefa e Sergio. A familia vivía en [[Bodeus, Santa María de Lurdes, Curtis|Bodeus]], nunha casa fronte á estación de ferrocarril de Curtis. A súa muller traballaba na casa do médico da localidade, [[Manuel Calvelo]], quen xunto coa súa muller [[Isabel Ríos]], en 1934 dirixían a célula comunista de [[Curtis]], chamada ''Sociedade Republicana Radio Comunista en Curtis'', coa que simpatizaba Foucellas. A súa irmá Consuelo traballaba no cuartel da Garda Civil.
 
Posteriormente afiliado á CNT, ao estalar a [[guerra civil]] enrolouse nunha columna que se dirixía á [[A Coruña|Coruña]], para atoparse coa cidade xa tomada polos grupos golpistas, polo que retornou a Curtis. Interveu nunha requisa de armas en [[Fisteus, Curtis|Fisteus]] e noutra de dinamita na [[estación de Teixeiro]] e, temendo represalias dos sectores fascistas, botouse ao monte. Durante a guerra estivo enfermo de [[difteria]] e pasouna convalecente e escondido en diversos lugares do concello. Durante ese tempo foi chamado a filas e declarado prófugo.
Usuario anónimo

Menú de navegación