Benigno Andrade García: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
familia
Liña 61: Liña 61:


=== Ligazóns externas ===
=== Ligazóns externas ===
* [http://web.archive.org/20030324163305/es.geocities.com/paisajes_guerrilla/foucellas.html Vida y Muerte del guerrilleiro "Foucellas" nos ''Paisajes de la gurerilla'']*[http://curtis.iespana.es/benigno.htm Páxina de Curtis sobre Benigno Andrade ''Foucellas''.]
* [http://web.archive.org/20030324163305/es.geocities.com/paisajes_guerrilla/foucellas.html Vida y Muerte del guerrilleiro "Foucellas" nos ''Paisajes de la gurerilla'']
* [http://curtis.iespana.es/benigno.htm Páxina de Curtis sobre Benigno Andrade ''Foucellas''.] {{Ligazón morta}}
* [http://www.vieiros.com/nova/69785/benigno-andrade-1908-o-foucellas-1952 Biografía]
* [http://www.vieiros.com/nova/69785/benigno-andrade-1908-o-foucellas-1952 Biografía]
* [http://www.vieiros.com/nova/24049/o-foucellas-guerrilleiro-e-mito-popular O Foucellas, guerrilleiro e mito popular]
* [http://www.vieiros.com/nova/24049/o-foucellas-guerrilleiro-e-mito-popular O Foucellas, guerrilleiro e mito popular]
* [http://www.vieiros.com/nova/60047/o-home-que-botou-dezaseis-anos-loitando-no-monte Artigo de ''Vieros'' do Domingo, 16 de setembro de 2007]
* [http://www.vieiros.com/nova/60047/o-home-que-botou-dezaseis-anos-loitando-no-monte Artigo de ''Vieros'' do Domingo, 16 de setembro de 2007]
* [http://www.vieiros.com/nova/69774/o-foucellas-unha-boa-persoa-que-se-botou-ao-bravo Testemuñas de persoas que o coñeceron]
* [http://www.vieiros.com/nova/69774/o-foucellas-unha-boa-persoa-que-se-botou-ao-bravo Testemuñas de persoas que o coñeceron]
* [http://www.xuvecurtis.com/articulos/historia/capitulo_18.htm Outra páxina da historia de Curtis]
* [http://www.xuvecurtis.com/articulos/historia/capitulo_18.htm Outra páxina da historia de Curtis] {{Ligazón morta}}
* ''Rescatar a memoria da guerrilla'' (Vídeo). Parte [http://www.youtube.com/watch?v=O07WY0Enxjc 1ª] ([http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=16756 resumo]) e [http://www.youtube.com/watch?v=m16PBicxe98 2ª] ([http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=16773 resumo])
* ''Rescatar a memoria da guerrilla'' (Vídeo). Parte [http://www.youtube.com/watch?v=O07WY0Enxjc 1ª] ([http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=16756 resumo]{{Ligazón morta}}) e [http://www.youtube.com/watch?v=m16PBicxe98 2ª] ([http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=16773 resumo]{{Ligazón morta}})
* [http://praza.com/lecer/1696/foucellas-o-mito-que-se-apagou-hai-60-anos/ Foucellas, o mito que se apagou hai 60 anos]
* [http://praza.com/lecer/1696/foucellas-o-mito-que-se-apagou-hai-60-anos/ Foucellas, o mito que se apagou hai 60 anos]
* [https://www.youtube.com/watch?v=7xjZIJ1_vs8&t=1220s A la memoria de Benigno Andrade García "Foucellas" (varias autoras), 51'45"]
* [https://www.youtube.com/watch?v=7xjZIJ1_vs8&t=1220s A la memoria de Benigno Andrade García "Foucellas" (varias autoras), 51'45"]

Revisión como estaba o 28 de xullo de 2018 ás 23:23

Infotaula de personaBenigno Andrade García

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de outubro de 1908 Editar o valor em Wikidata
As Foucellas, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de agosto de 1952 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Garrote Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónanarcosindicalista , mineiro , guerreiro , sindicalista , político Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Pérez Mellid
FillosPepiña (1936) e Sergio (1939)[1]


Benigno Andrade García, alcumado o Foucellas, nado o 22 de outubro do 1908 no lugar das Foucellas, no concello de Mesía, e agarrotado o 7 de agosto de 1952, na Prisión Provincial da Coruña, foi un militante da CNT[2] e guerilleiro anti-franquista. Fillo de Andrés Andrade Lata e Francisca García Paz. Foucellas tiña dous irmáns. Estaba casado con María Pérez Mellid, nada en Arxentina e de nacionalidade española. Tivo dous fillos con María Pérez: Pepiña e Sergio, e outros dous con María Novo: Benigno e Carmen.[3] Viviu 16 anos fuxido ata que foi detido no lugar da Costa, en Oza-Cesuras nun enfrontamento coa Garda Civil.

Benigno Andrade é un dos nomes míticos do antifranquismo armado en Galicia[4]. Foi condeado en consello de guerra sumarísimo a tres penas de morte "como o maior criminal dos últimos anos", segundo recolle a sentenza. Enviou unha carta pregando clemencia á filla de Franco, Carmen Franco. Na súa resposta dixo non poder "meterse en asuntos políticos".

Traxectoria

As Foucellas, Mesía.

Nacido no lugar das Foucellas, do que tomou o alcume, na parroquia de Cabrui, Mesía. Estudou na escola primaria da localidade e desde moi novo traballou nos labores do campo, de xornaleiro, tamén traballou nunha leitería[5], trasladouse a León para traballar nas minas de carbón de Fabero, Ponferrada e na madereira Torres de Curtis.

Casado con María Pérez, tivo dous fillos, Josefa e Sergio. A familia vivía en Bodeus, nunha casa fronte á estación de ferrocarril de Curtis. A súa muller traballaba na casa do médico da localidade, Manuel Calvelo, quen xunto coa súa muller Isabel Ríos, dirixían a célula comunista de Curtis, chamada Sociedade Republicana Radio Comunista en Curtis, coa que simpatizaba Foucellas. A súa irmá Consuelo traballaba no cuartel da Garda Civil.

Posteriormente afiliado á CNT, ao estalar a guerra civil enrolouse nunha columna que se dirixía á Coruña, para atoparse coa cidade xa tomada polos grupos golpistas, polo que retornou a Curtis. Interveu nunha requisa de armas en Fisteus e noutra de dinamita na estación de Teixeiro e, temendo represalias dos sectores fascistas, botouse ao monte. Durante a guerra estivo enfermo de difteria e pasouna convalecente e escondido en diversos lugares do concello. Durante ese tempo foi chamado a filas e declarado prófugo.

Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola Garda Civil, púxose á fronte, sobre o ano 1941, dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de Sobrado dos Monxes e Arzúa, formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en Galicia. O 15 de marzo de 1945 foi asasinado o cabo da Garda Civil Manuel López Bello, en Curtis. Días despois Foucellas resulta ferido coa súa propia arma indo acabalo. Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e resgardado. É por esta altura cando se conta que ía a Riazor ver o Deportivo vestido de crego para evitar sospeitas. Benigno Andrade participa do Exército Guerrilleiro de Galicia. En 1947 parte para Pontevedra, para organizar a Vª Agrupación[2], da que foi o principal combatente. En outubro de 1949 escapa a unha emboscada da Garda Civil tendida a Riqueche, xefe do destacamento Cortizas.

A súa familia sufriu o acoso das autoridades. A súa muller e a súa tía foron encadeadas logo de que se lles atopase unha carta de Foucellas. Cando morreu a súa muller desterrada en Valladolid, a súa filla tiña doce anos e vivía soa en Curtis. Pepiña colleu o tren e foi soa a ver a Fernando Hierro, gobernador civil da Coruña, para suplicarlle que a Garda Civil deixase de acosala.[6] Con 16 anos trala morte da súa avoa exilouse en París.

Fusil de Foucellas de 1952, no Museo Militar da Coruña.

Nos anos 1950 e 51, xa moi minguados os destacamentos guerrilleiros, trasládase á zona de Betanzos, en compañía de Manuel Vilar Arnoso, Manolito, que lle servía de único enlace. O 9 de marzo de 1952 é detido no lugar da Costa, en Oza dos Ríos, resultando mortos Manolito e outro guerrilleiro, e o Garda Civil Cesáreo Díez; e ferido nunha perna Benigno.

Foi levado ao cuartel da Garda Civil en Betanzos. Terribelmente torturado pola Garda Civil, confesou a axuda que lle prestaran moitos alcaldes dereitistas da zona. Foi xulgado en consello de guerra o 26 de xuño de 1952 e condenado a morte, sentenza executada o 7 de agosto do mesmo ano, na prisión da Coruña, mediante garrote vil e sendo soterrado nunha fosa común do cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

As últimas palabras aos seus fillos antes de morrer foron:

Morro polas miñas ideas e por defender a liberdade e un goberno lexitimamente elixido.
O Foucellas[7]

A muller de Foucellas foi separada dos seus fillos, morreu nun hospital de Valladolid. A súa filla quedou a cargo dunha avoa pobre que non se podía facer cargo do fillo o cal tivo que ir vivir con outro familiar. Pepiña con 12 anos facía traballos de costura polas casas cobrando 10 pesetas e a comida. Trala morte de Foucellas marchou a Francia con 6.000 pesetas deixadas por un tío seu. Non volvería a Galiza ata 32 anos despois.[8]

A vida de Benigno Andrade está escurecida pola lenda forxada polo pobo, que lle atribuíu toda clase de actos, até o extremo de que os guerrilleiros galegos foron chamados "Foucellas" en xeral. Atribuíronselle multitude de actuacións, aínda que é certo que moitos bandoleiros e delincuentes comúns culpaban a Foucellas dos seus propios crimes, debido á súa gran fama.

A primeira vez que oficialmente recoñeceron a Foucellas como loitador ou guerrilleiro da Guerra Civil foi en 1992 coa inauguración do Museo Militar Rexional da Coruña, onde se expón o seu fusil.

Notas

  1. "Memoria viva de Foucellas". 
  2. 2,0 2,1 Máiz, Bernardo; op.cit. páx. 166
  3. "Memorial democrático [ANDRADE]". 
  4. Redondo Abal, F. X. (2006): Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Edicios do Castro, serie: Documentos. ISBN 84-8485-231-8 /
  5. http://www.vieiros.com/nova/24049/o-foucellas-guerrilleiro-e-mito-popular
  6. "Homenaje al mito guerrillero". El País (en castelán). 23 de outubro de 2008. 
  7. Rivera Rey, Alberto. "Foucellas, o mito que se apagou hai 60 anos". Consultado o 29 de xullo de 2013. 
  8. "Acto en Ordes recordando a Ponte y a Foucellas". 

Galería de Imaxes

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas