Diferenzas entre revisións de «Dinastía Ducas-Comneno»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
aa
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
(aa)
 
Malia a tendencia xeral na historia bizantina a destronar emperadores tras poucos anos de reinado, sorprendentemente, Aleixo reinou durante 37 anos, e o seu fillo [[Xoán II Comneno|Xoán II]], durante outros 25, non sen se ter que desfacer dunha conspiración na súa contra organizada pola súa irmá, a cronista [[Ana Comnena]] e o marido desta, [[Nicéforo Brienios]]. O fillo de Xoán, Manuel I, reinou tamén durante outros 37 anos.
 
A dinastía Comneno contou con numerosas pólas. Como a sucesión imperial non seguía unha orde determinada, senón que dependía do poder persoal e dos desexos do predecesor, en poucas xeracións distintos familiares podían presentarse como candidatos ao trono. Tralo reinado de Manuel I, a dinastía Comneno entrou nunha fase de conspiracións e complots como moitas das precedentes. [[Aleixo II Comneno|Aleixo II]], o primeiro da familia en chegar ao trono sendo menor de idade, reinou só tres anos, e o seu sucesor [[Andrónico I Comneno|Andrónico I]] durante dous, destronado pola familia Anxo con Isaac II, que á súa vez sería destronado e cegado polo seu propio irmán Aleixo III. Posteriormente, os Anxo resultaron destronados durante a [[Cruzadas#Cuarta Cruzada|Cuarta Cruzada]] en [[1204]], por un membro da familia Ducas.
 
Tralo afundimento do Imperio en 1204, unha póla dos Comneno retornou á súa patria de orixe en Paflagonia e creou alí o [[Imperio de Trebisonda]] nas costas do [[mar Negro]]. O primeiro emperador, tamén chamado [[Aleixo I de Trebisonda|Aleixo I]] era neto de Andrónico I. Estes emperadores, coñecidos como os "Grandes Comneno" ("Megas Komnenos"), reinaron en Trebisonda durante máis de 250 anos, ata que [[David de Trebisonda]] foi derrotado e executado polo [[Otománs|sultán otomán]] [[Mahomet II]].
52.562

edicións

Menú de navegación