Soraya Sáenz de Santamaría: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado contido de ca:wiki
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 73: Liña 73:
Ao comezo da XII Lexislatura (tamén 2016), se produciu a segunda investidura de Mariano Rajoy como presidente e foi renovado o seu nomeamento como ministra da Presidencia e das Administracións Públicas (4 de novembro de 2016), momento no que foi relevada das súas funcións de voceira do goberno, cargo que recaeu en [[Íñigo Méndez de Vigo]].
Ao comezo da XII Lexislatura (tamén 2016), se produciu a segunda investidura de Mariano Rajoy como presidente e foi renovado o seu nomeamento como ministra da Presidencia e das Administracións Públicas (4 de novembro de 2016), momento no que foi relevada das súas funcións de voceira do goberno, cargo que recaeu en [[Íñigo Méndez de Vigo]].


O 7 de xuño de [[2018]] deixa de ser vicepresidenta e ministra do goberno Español, tras ser aprobada a moción de censura contra [[Mariano Rajoy]] e ser investido presidente [[Pedro Sánchez]]. Trala dimisión de Mariano Rajoy á presidencia do PP, presentou a súa candidatura no proceso de primarias e aínda que, co 36,9% dos votos,<ref>{{Cita web|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2018/07/06/gana-soraya-casado-apunta-sucesor/0003_201807G6P2991.htm|apelidos=Bareño|nome=Gonzalo|data-publicación=06-07-2018|páxina-web=lavozdegalicia.es|título=Gana Soraya, pero Casado apunta a sucesor|data-acceso=22-07-2018}}</ref> foi a máis votada na primeira ronda na votación da afiliación celebrada o 5 de xullo de 2017, na segunda volta, o 22 de xullo de 2018, na votación dos compromisarios, perdeu a presidencia ante [[Pablo Casado]], que tivo o 57,2% dos votos fronte ao 42,8% recibido por Soraya.<ref>{{Cita web|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2018/07/21/pp-entierra-marianismo/00031532174978287871786.htm|apelidos=Bareño|nome=Gonzalo|data-publicación=22-07-2018|páxina-web=lavozdegalicia.es|título=El triunfo de Casado entierra el marianismo|data-acceso=22-07-2018}}</ref>
O 7 de xuño de [[2018]] deixa de ser vicepresidenta e ministra do goberno Español, tras ser aprobada a moción de censura contra [[Mariano Rajoy]] e ser investido presidente [[Pedro Sánchez]]. Trala dimisión de Mariano Rajoy á presidencia do PP, presentou a súa candidatura no proceso de primarias e aínda que, co 36,9% dos votos,<ref>{{Cita web|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2018/07/06/gana-soraya-casado-apunta-sucesor/0003_201807G6P2991.htm|apelidos=Bareño|nome=Gonzalo|data-publicación=06-07-2018|páxina-web=lavozdegalicia.es|título=Gana Soraya, pero Casado apunta a sucesor|data-acceso=22-07-2018}}</ref> foi a máis votada na primeira ronda na votación da afiliación celebrada o 5 de xullo de 2017, na segunda volta, o 22 de xullo de 2018, na votación dos compromisarios, perdeu a presidencia ante [[Pablo Casado Blanco|Pablo Casado]], que tivo o 57,2% dos votos fronte ao 42,8% recibido por Soraya.<ref>{{Cita web|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2018/07/21/pp-entierra-marianismo/00031532174978287871786.htm|apelidos=Bareño|nome=Gonzalo|data-publicación=22-07-2018|páxina-web=lavozdegalicia.es|título=El triunfo de Casado entierra el marianismo|data-acceso=22-07-2018}}</ref>


{{Start box}}
{{Start box}}

Revisión como estaba o 28 de xullo de 2018 ás 20:00

Infotaula de personaMaría Soraya Sáenz de Santamaría Antón
Nome orixinal(es) Soraya Sáenz de Santamaría Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de xuño de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Valladolid, España Editar o valor em Wikidata
Cargos
Vicepresidenta do Goberno de España
Período21 de decembro de 2011 – 7 de xuño de 2018
AntecesorElena Salgado
SucesorCarmen Calvo
  Ministra de Presidencia e para as Administracións Territoriais do Goberno de España
Período21 de decembro de 2011 – 7 de xuño de 2018
AntecesorRamón Jauregui
SucesorCarmen Calvo (Presidencia)
Meritxell Batet (Política Territorial)
  Portavoz do Goberno de España
Período21 de decembro de 2011 – 3 de novembro de 2016
AntecesorJosé Blanco
SucesorÍñigo Méndez de Vigo
  Deputada nas Cortes Xerais por Madrid
Período17 de maio de 2004 – 
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Valladolid Editar o valor em Wikidata
Altura1,52 m Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
OcupaciónAvogada do Estado e profesora de Dereito administrativo
EmpregadorConsello de Estado de España (2018–)
Universidade Carlos III de Madrid Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata


Twitter: Sorayapp Dialnet: 1195515 Editar o valor em Wikidata

María Soraya Sáenz de Santamaría Antón, nada en Valladolid o 10 de xuño de 1971, é unha política española pertencente ao Partido Popular. Entre 2011 e 2018 foi a vicepresidenta e ministra da Presidencia do Goberno de España, presidido por Mariano Rajoy.

Anteriormente ocupara o cargo de secretaria executiva de Política Territorial do Partido Popular e un escano de deputada por Madrid durante a VIII Lexislatura (2004-2008). Na IX Lexislatura foi designada por Mariano Rajoy como a portavoz do Grupo Popular no Congreso dos Deputados, en substitución de Eduardo Zaplana.

Biografía

Naceu en Valladolid en 1971 e estudou secundaria no Instituto Zorrilla. Obtivo a licenciatura en Dereito na Universidade de Valladolid cando tiña 23 anos, quedando primeira da súa promoción.[1] Con 27 anos, ingresou por oposición no corpo de avogados do Estado, sendo destinada inicialmente a León. Foi profesora asociada de Dereito administrativo na Universidade Carlos III de Madrid.[2]

Casou, polo civil e en Brasil, co avogado do Estado José Iván Rosa *Vallejo no ano 2005 e é nai de Iván, nacido o 11 de novembro de 2011.[3] O seu esposo foi contratado por Telefónica como asesor xurídico da súa división internacional (TISA).[4]

Carreira política

En 2000, xa avogada do Estado, iniciouse en política como asesora xurídica do entón ministro Mariano Rajoy,[5] ás ordes directas do seu director de gabinete Francisco Villar García-Moreno.

É especialista en política territorial, motivo polo cal ocupou o cargo de secretaria executiva de Política Autonómica e Local do Partido Popular. Ademais, é membro do Comité Executivo Nacional do Partido Popular.[6]

Nas eleccións xerais de 2004 colaborou no deseño do programa do Partido Popular; nesas mesmas eleccións figurou no número 18 das listas electorais ao Congreso dos Deputados, non resultando elixida e accedendo posteriormente ao escano cando Rodrigo Rato, número dous da lista, trasladouse a Washington para presidir o Fondo Monetario Internacional.

Nas eleccións xerais de 2008, figurou no quinto posto das listas para o Congreso pola provincia de Madrid, resultando elixida deputada.

O 31 de marzo de 2008, o líder do PP, Mariano Rajoy, anunciou que Soraya Sáenz de Santamaría ocuparía o cargo de portavoz do Partido Popular no Congreso dos Deputados en lugar de Eduardo Zaplana, que ocupou o mesmo cargo na anterior lexislatura.[7]

Tras gañar o Partido Popular as eleccións xerais celebradas o 20 de novembro de 2011, o líder do PP, Mariano Rajoy, designou a Soraya Sáenz de Santamaría para dirixir o equipo de traspaso de poderes entre o Goberno saínte, do PSOE, e o Goberno entrante, do PP.[8]

O día 21 de decembro de 2011 foi nomeada vicepresidÍenta, ministra da Presidencia, coas competencias sobre os servizos de intelixencia, que anteriormente estaban incluídas en Defensa, e voceira do executivo presidido por Mariano Rajoy.[9], cargo que ostentou ata o 3 de novembro de 2016.

Dende 2012 foi presidenta do Padroado da Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas.[10]

En 2014 asumiu como interina os Ministerios de Xusticia (23-29 de setembro) e de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (26 de novembro - 3 de decembro) ao seren cesados os respectivos titulares e antes de que se levara a cabo nomeamento dos substitutos.[11][12]

Durante a XI Lexislatura das Cortes Xerais (2016), exerceu en funcións os seus cargos no goberno de España, pois esa lexislatura esgotouse antes de tempo por mor da imposibilidade do Congreso para investir un presidente de goberno polo que se produciu a disolución automática das cámaras lexislativas (Congreso e Senado) e a conseguinte nova convocatoria electoral.

Ao comezo da XII Lexislatura (tamén 2016), se produciu a segunda investidura de Mariano Rajoy como presidente e foi renovado o seu nomeamento como ministra da Presidencia e das Administracións Públicas (4 de novembro de 2016), momento no que foi relevada das súas funcións de voceira do goberno, cargo que recaeu en Íñigo Méndez de Vigo.

O 7 de xuño de 2018 deixa de ser vicepresidenta e ministra do goberno Español, tras ser aprobada a moción de censura contra Mariano Rajoy e ser investido presidente Pedro Sánchez. Trala dimisión de Mariano Rajoy á presidencia do PP, presentou a súa candidatura no proceso de primarias e aínda que, co 36,9% dos votos,[13] foi a máis votada na primeira ronda na votación da afiliación celebrada o 5 de xullo de 2017, na segunda volta, o 22 de xullo de 2018, na votación dos compromisarios, perdeu a presidencia ante Pablo Casado, que tivo o 57,2% dos votos fronte ao 42,8% recibido por Soraya.[14]


Predecesor:
Eduardo Zaplana
 
Portavoz do Grupo Parlamentario Popular no Congreso dos Deputados de España
 
2008 - 2011
Sucesor:
Alfonso Alonso
Predecesor:
Elena Salgado
 
Vicepresidenta Primeira do Goberno de España
 
2011 - 2018
Sucesor:
Carmen Calvo
Predecesor:
Ramón Jáuregui
 
Ministra de Presidencia de España
 
2011 - 2018
Sucesor:
Carmen Calvo
Predecesor:
José Blanco
 
Portavoz do Goberno de España
 
2011 - 2016
Sucesor:
Íñigo Méndez de Vigo

Notas

  1. Lista para a batalla · elpais.com
  2. "Dpto. de Dereito Administrativo da UC3M"
  3. Soraya Sáenz de Santamaría dá a luz a un neno· ELPAÍS.com
  4. "Telefónica ficha como asesor xurídico ao marido de Soraya Sáenz de Santamaría". La Voz de Galicia. 22 de marzo de 2012. Consultado o 25 de marzo de 2012. 
  5. Diario el País, 6 de abril de 2008
  6. elmundo.es | Encontro dixital con Soraya Sáenz de Santamaría
  7. Rajoy inicia a renovación do PP colocando a Sáenz de Santamaría como portavoz no Congreso · ELPAÍS.com
  8. Sáenz de Santamaría e Jáuregui dirixirán o traspaso de poderes · elmundo.es
  9. "Real Decreto 1826/2011, de 21 de decembro, polo que se nomean Ministros do Goberno" (PDF). BOE. 22 de decembro de 2011. Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  10. "EL PATRONATO". fiiapp.org. Consultado o 22-07-2018. 
  11. "Real Decreto 987/2014, de 26 de noviembre, por el que se dispone que, como consecuencia de la vacante en el cargo de Ministra de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, la Vicepresidenta del Gobierno y Ministra de la Presidencia asuma el despacho ordinario de los asuntos correspondientes al titular del citado Departamento" (PDF). boe.es. nº 287. 27-11-2014. p. 96751. Consultado o 22-07-2018. 
  12. "Real Decreto 816/2014, de 23 de septiembre, por el que se dispone que, consecuencia de la vacante en el cargo de Ministro de Justicia, la Vicepresidenta del Gobierno y Ministra de la Presidencia asuma el despacho ordinario de los asuntos correspondientes al titular del citado Departamento." (PDF). boe.es. nº 32. 24-09-2014. p. 74673. Consultado o 22-07-2018. 
  13. Bareño, Gonzalo (06-07-2018). "Gana Soraya, pero Casado apunta a sucesor". lavozdegalicia.es. Consultado o 22-07-2018. 
  14. Bareño, Gonzalo (22-07-2018). "El triunfo de Casado entierra el marianismo". lavozdegalicia.es. Consultado o 22-07-2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas