Diferenzas entre revisións de «Marcela Gracia Ibeas e Elisa Sánchez Loriga»

Saltar ata a navegación Saltar á procura
m
En 2003, o redactor xefe da [[cadena SER]] Isaías Lafuente publicou o libro ''Agrupémonos Todas'' (2003), no que fixo un percorrido polo máis destacado do [[feminismo]] no século XX. Nesa obra sinala a historia de Marcela e Elisa como un dos feitos máis significativos relacionados con este movemento acontecidos en Galicia xunto coa figura de [[Emilia Pardo Bazán]].<ref>{{Cita web|url=http://www.felgt.org/temas/varios/i/14114/106/fallado-el-premio-marcela-y-elisa|páxina-web=FELGTB|título=Fallado el Premio Marcela y Elisa|urlarquivo=http://web.archive.org/web/20070927015451/http://www.felgt.org/temas/varios/i/14114/106/fallado-el-premio-marcela-y-elisa|data-acceso=7 de xullo de 2018|lingua=es|dataarquivo=27 de setembro de 2007}}</ref>
 
O 18 de decembro de 2008 presentouse no paraninfo da [[Universidade da Coruña]] o libro de [[Narciso de Gabriel]] ''Elisa e Marcela - Alén dos homes'', traballo de máis de 300 páxinas que recogerecolle o periplo da parella entre que fuxiron da Coruña en xuño de 1901 ata o ano 1904.
 
A finais de 2011, a [[Universidade da Coruña]] presentou na sala "La Normal", unha exposición sobre o momento histórico vivido por estas mulleres así como a súa propia historia. Nun dos paneis contábase que a prensa mexicana anunciara en 1909 o suicidio de Elisa.<ref name="Público">{{cita novas| apelidos= Martiño|nome= Henrique| url = http://www.publico.es/sociedad/marcela-elisa-lesbianas-suicidio-muerte.html | título = El trágico destino de Marcela y Elisa, las únicas lesbianas casadas por la Iglesia: ¿suicidio o cáncer terminal? | xornal= Público |data= 5 de novembro de 2016 |dataacceso= 26 de xullo de 2018 | lingua= es}}</ref>
38.304

edicións

Menú de navegación