Pantaleón de Nicomedia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{enuso}}{{biografía}}
{{enuso}}{{biografía}}
'''Pantaleón''' foi un mártir cristián, nado en Nicomedia a finais do [[Século III|século]] III. Para o cristianismo occidental é un dos catorce santos auxiliadores mentres para o oriental é un dos santos anárxiros.
'''Pantaleón''' foi un mártir cristián, nado en Nicomedia a finais do [[Século III|século]] III e finado en [[305]]. Para o cristianismo occidental é un dos catorce santos auxiliadores mentres para o oriental é un dos santos anárxiros.
== Haxiografía ==
== Haxiografía ==

Revisión como estaba o 27 de xullo de 2018 ás 18:54

Pantaleón de Nicomedia
Nacemento275
Lugar de nacementoNicomedia
Falecemento305
Lugar de falecementoNicomedia
Causadecapitación
Ocupaciónmédico
editar datos en Wikidata ]

Pantaleón foi un mártir cristián, nado en Nicomedia a finais do século III e finado en 305. Para o cristianismo occidental é un dos catorce santos auxiliadores mentres para o oriental é un dos santos anárxiros.

Haxiografía

Segundo a tradición haxiográfica, seu pai era o pagán Eustorxio, un podente cidadán de Nicomedia, e die Eubula, que o educou no cristianismo aínda que ao medrar arredouse da relixión, baixo a guía de Eufrosino estudou medicina e chegou a ser o médico persoal do emperador Galerio Maximiano.

Volveu ao cristianismo por mediación do presbítero Hermolao e, á morte de seu pai, entrou en posesión dunha gran fortuna e a denteira fixo que o denunciasen durante a persecución de Diocleciano mais este non lle desexaba mal ningún e intentou convencelo para que abxurase. Así e todo, Pantaleón confesou abertamente a súa fe e como proba de ser Xesús o verdadeiro deus curou un paralítico, secasí o emperador sentenciouno a morte. O primeiro intento foi polo lume, mais as lapas apagaron, deseguido mergullárono en chumbo derretido pero milagrosamente arrefriou. Despois guindárono ao mar cunha pedra atada no pescozo, pero a pedra comezou a aboiar. Máis adiante intentárono con feras pero no canto de esnaquizalo agarimábano, seguidamente amarrárono a unha roda pero as cordas e a roda quebraron. Fíxose unha tentativa de escabezalo, mais a espada alombábase. Reiteradamente Pantaleón oraba a Deus para que perdoase os seus verdugos. Finalmente feneceu, logo de dar o seu consentimento, ao escabezalo baixo unha figueira seca que floreceu ao recibir o seu sangue.

Aparece representado cunha pequena cruz e un escalpelo, ou ben, ao pé dunha oliveira ou figueira seca.

É avogoso dos que teñen dores de cabeza, dos tuberculosos e contra da praga de lagosta[1]

Os catorce santos auxiliadores

En Galicia é titular de dúas parroquias, San Pantaleón das Viñas e mais San Pantaleón de Cabanas.

Notas

  1. William A. Christian (1989) Local Religion in Sixteenth-century Spain Princeton University Press, p. 71