Constante: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
engado táboa
m engado a Categoría:Nados en 320 mediante HotCat
Liña 27: Liña 27:


[[Categoría:Emperadores romanos]]
[[Categoría:Emperadores romanos]]
[[Categoría:Nados en 320]]

Revisión como estaba o 24 de xullo de 2018 ás 18:23

Infotaula de personaConstante

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(la) Flavius Iulius Constans Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento320 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata
Italia Editar o valor em Wikidata
Morte18 de xaneiro de 350 (Gregoriano) Editar o valor em Wikidata (29/30 anos)
Elne (Galia) Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio e pena de morte Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaVila-mausoleo de Centcelles Editar o valor em Wikidata
Emperador romano
22 de maio de 337 (Gregoriano) – 350 (Gregoriano)
Emperador bizantino
22 de maio de 337 – xaneiro de 350
← Constancio IIXuliano →
Senador romano
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRoma Antiga
Imperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Período de tempoBaixo Imperio Romano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua latina Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloAugusto (título) Editar o valor em Wikidata
FamiliaDinastia constantiniana (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeOlímpia da Armênia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisConstantino I o Grande Editar o valor em Wikidata  e Fausta (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsConstantina (pt) Traducir, Helena (pt) Traducir, Constancio II, Constantino II e Flavio Xulio Crispo Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 36836654 Editar o valor em Wikidata


Flavius Iulius Constante, nado no ano 320 e falecido no 350, foi un emperador romano entre os anos 337 e o 350.

Traxectoria

Foi o fillo máis pequeno do emperador Constantino o Grande e mais da súa segunda esposa Fausta, sendo nomeado César por Constantino, no ano 333.

No ano 337 morre o seu pai e, segundo estaba estipulado, o Imperio divídese entre os tres irmáns vivos e fillos de Constantino, correspondéndolle a Constante as provincias de África, Italia e tódolos Balcáns. Pero aínda era moi cativo e o seu irmán Constantino II quedou coma rexente e titor das súas provincias.

Ao acadar a maioría de idade, solicita a fin da titoría e rexencia, pero Constantino II negouse, considerando que sempre dobregara a vontade do seu irmán máis novo e desexando que a provincia de África pasase a ser gobernada por el e xunguila ás súas posesións. Pero Constante négase a isto e o enfrontamento entre os dous exércitos prodúcese en Aquileia, onde Constantino II morre, quedando polo tanto Constante coa parte Occidental do Imperio como único Emperador.

Os pais da Igrexa eloxiaron a figura de Constante, pero o certo é que era un emperador violento, cruel e avaricioso, libertino e dado á homosexualidade, pero revelouse coma un gran militar, xa que despois da batalla de Aquileia, fixo unha campaña contra dos sármatas, aos que derrotou, e a súa campaña nas Galias contra os francos, entre os anos 341 e 343, inclúe a pacificación das illas de Britannia

No 348 inicia co seu irmán Constancio II unha reforma monetaria, tendente a revaliar a moeda de billón, que estaba a piques de provocar unha crise ecónomica no imperio. Pero no ano 350, fráguase unha conspiración no exército, e Magnencio, xeneral das tropas do Rhin, é nomeado Augustus polas lexións. Constante deuse conta de que perdera o favor do exército e foxe de Italia cara a Hispania, pero é recoñecido en Helena, localidade na Galia preto dos Pireneos, sendo asasinado.

Magnencio fica coma único emperador de Occidente, mais o usurpador terá pronto que loitar co emperador de Oriente e irmán de Constante, Constancio II.

Imperio Romano

Segue a:
Constantino II
Constante
Precede a:
Constancio II
Constantina