Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Axencia gobernamental|logo=Logotipo del Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social.svg|sitio_web=http://www.empleo.gob.es/|tipo=[[Ministerios de España|Ministerio]]|ministro=[[Magdalena Valerio Cordero]]}}
{{Axencia gobernamental|logo=Logotipo del Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social.svg|sitio_web=http://www.empleo.gob.es/|tipo=[[Ministerios de España|Ministerio]]|ministro=[[Magdalena Valerio Cordero]]}}
O '''Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social''' de [[España]] é o actual [[Ministerios de España|departamento ministerial]] con competencias en relacións laborais, de [[emprego]] e de [[Seguridade social|Seguridade Social]], así como do desenvolvemento da política do Goberno en materia de estranxeiría, [[inmigración]] e [[Emigración|emigración.]] A súa titular é [[Magdalena Valerio]].
O '''Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social''' de [[España]] é o actual [[Ministerios de España|departamento ministerial]] con competencias en relacións laborais, de [[emprego]] e de [[Seguridade social|Seguridade Social]], así como do desenvolvemento da política do Goberno en materia de estranxeiría, [[inmigración]] e [[emigración]]. A súa titular é [[Magdalena Valerio]].


== Historia ==
== Historia ==

Revisión como estaba o 24 de xullo de 2018 ás 14:30

Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social
Información xeral
Sitio web
http://www.empleo.gob.es/

O Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social de España é o actual departamento ministerial con competencias en relacións laborais, de emprego e de Seguridade Social, así como do desenvolvemento da política do Goberno en materia de estranxeiría, inmigración e emigración. A súa titular é Magdalena Valerio.

Historia

O Ministerio de Traballo é un dos ministerios con maior historia, tendo as súas orixes a principios do século XX. O ministerio foi fusionado en multitude de ocasións co ministerio de sanidade ou mesmo co ministerio de agricultura, con todo, a tendencia sempre foi a de ser un ministerio autónomo con competencias non só en emprego, senón tamén nos ámbitos da seguridade social e migración.

A súa nomenclatura do ministerio mantívose sempre como Ministerio de Traballo, fóra dos gobernos de Mariano Rajoy na que cambio á denominación de 'Ministerio de Emprego'.

Funcións

Corresponde ao Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social a proposta e execución da política do Goberno en materia de emprego e de Seguridade Social, así como o desenvolvemento da política do Goberno en materia de estranxeiría, inmigración e emigración.

Estrutura

Este Ministerio estrutúrase nos seguintes órganos superiores:[1]

  • Secretaría de Estado de Migracións.
  • Secretaría de Estado da Seguridade Social.
  • Secretaría de Estado de Emprego.
  • Subsecretaría de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

O Consello Económico e Social queda adscrito ao Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social.

Titulares

Véxase tamén

  • Inspección do traballo
  • Ministerios de Traballo de España

Referencias