Lingua meglenorromanesa: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
m HacheDous=0 moveu a páxina "Lingua megleno-romanesa" a "Lingua meglenorromanesa" sobre unha redirección: A propia fonte incluída no artigo indica que esa é a forma. E o trazo: asociacións ocasionais non fixadas na lingua (NOMIG) meglenorromanés non é ocasional é o nome dunha lingua |
(Sen diferenzas.)
|
Revisión como estaba o 22 de xullo de 2018 ás 09:09
Megleno-romanés Vlăşească | ||
---|---|---|
Falado en: | Grecia Macedonia do Norte Romanía Turquía | |
Total de falantes: | 5.000-12.000 | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Italo-oriental Megleno-romanés | |
Escrita: | alfabeto latino | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Non é oficial | |
Regulado por: | Non ten regulación oficial | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | roa | |
ISO 639-3: | ruq
| |
Mapa | ||
Status | ||
O megleno-romanés ou meglenorromanés[1] é unha lingua romance integrante do conxunto das linguas romances orientais, emparentado co romanés que se fala nalgunhas poboacións do norte de Grecia e o sur da Antiga República Iugoslava de Macedonia.
Os falantes deste idioma denomínanlle vlaheshte (valaco), mentres que en romanés, do cal moitas veces é considerado un dialecto, chámaselle limba meglenoromână. O megleno-romanés é falado en 2006 por tan só entre cinco mil e doce mil persoas, principalmente no val do río Meglená, poucos quilómetros ao nordés de Salónica, nas prefecturas gregas de Kilkís e Serres e en menor número na República de Macedonia inmediatos á fronteira grega próxima ao Meglená. Ao concluír a Primeira Guerra Mundial uns 1.200 megleno-romaneses emigraron cara Romanía estabelecéndose no poboado de Cerna, distrito de Tulcea mais, dadas as afinidades lingüísticas, o idioma megleno-romanés diluíuse ante o idioma dacorrumano.
É moi probable que o megleno-romanés derive do arromanés, por outra banda, dadas as moitas afinidades co istro-romanés algúns lingüistas consideran que o megleno-romanés é transnacional entre o arromanés e o istro-romanés.
Notas
- ↑ "meglenorromanés". Digalego. Consultado o 21 de febreiro de 2017.