Soraya Sáenz de Santamaría: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
engado contido de ca:wiki |
||
Liña 63: | Liña 63: | ||
Tras gañar o [[Partido Popular]] as eleccións xerais celebradas o [[20 de novembro]] de [[2011]], o líder do PP, [[Mariano Rajoy]], designou a Soraya Sáenz de Santamaría para dirixir o equipo de traspaso de poderes entre o Goberno saínte, do PSOE, e o Goberno entrante, do PP.<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2011/11/21/espana/1321891092.html Sáenz de Santamaría e Jáuregui dirixirán o traspaso de poderes · elmundo.es]</ref> |
Tras gañar o [[Partido Popular]] as eleccións xerais celebradas o [[20 de novembro]] de [[2011]], o líder do PP, [[Mariano Rajoy]], designou a Soraya Sáenz de Santamaría para dirixir o equipo de traspaso de poderes entre o Goberno saínte, do PSOE, e o Goberno entrante, do PP.<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2011/11/21/espana/1321891092.html Sáenz de Santamaría e Jáuregui dirixirán o traspaso de poderes · elmundo.es]</ref> |
||
O día [[21 de decembro]] de [[2011]] foi nomeada [[Vicepresidencia do Goberno de España| |
O día [[21 de decembro]] de [[2011]] foi nomeada [[Vicepresidencia do Goberno de España|vicepresidÍenta]], [[Ministerio da Presidencia de España|ministra da Presidencia]], coas competencias sobre os [[Centro Nacional de Intelixencia|servizos de intelixencia]], que anteriormente estaban incluídas en [[Ministerio de Defensa de España|Defensa]], e voceira do executivo presidido por [[Mariano Rajoy]].<ref>{{Cita Web|url=http://boe.es/boe/dias/2011/12/22/pdfs/BOE-A-2011-19942.pdf|publicación=BOE|título=Real Decreto 1826/2011, de 21 de decembro, polo que se nomean Ministros do Goberno|data=22 de decembro de 2011|dataacceso=22 de decembro de 2011}}</ref>, cargo que ostentou ata o 3 de novembro de 2016. |
||
Dende 2012 foi presidenta do Padroado da Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas.<ref>{{Cita web|url=http://www.fiiapp.org/el-patronato/|páxina-web=fiiapp.org|título=EL PATRONATO|data-acceso=22-07-2018}}</ref> |
|||
O 7 de xuño de [[2018]] deixa de ser vicepresidenta e ministra do goberno Español, tras ser aprobada a moción de censura contra [[Mariano Rajoy]] e ser investido presidente [[Pedro Sánchez]]. |
|||
En 2014 asumiu como interina os Ministerios de Xusticia (23-29 de setembro) e de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (26 de novembro - 3 de decembro) ao seren cesados os respectivos titulares e antes de que se levara a cabo nomeamento dos substitutos.<ref>{{Cita web|url=http://www.boe.es/boe/dias/2014/11/27/pdfs/BOE-A-2014-12296.pdf|data-publicación=27-11-2014|páxina-web=boe.es|páxina=96751|título=Real Decreto 987/2014, de 26 de noviembre, por el que se dispone que, como consecuencia de la vacante en el cargo de Ministra de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, la Vicepresidenta del Gobierno y Ministra de la Presidencia asuma el despacho ordinario de los asuntos correspondientes al titular del citado Departamento|data-acceso=22-07-2018|localización=nº 287}}</ref><ref>{{Cita web|url=https://www.boe.es/boe/dias/2014/09/24/pdfs/BOE-A-2014-9670.pdf|data-publicación=24-09-2014|páxina-web=boe.es|páxina=74673|título=Real Decreto 816/2014, de 23 de septiembre, por el que se dispone que, consecuencia de la vacante en el cargo de Ministro de Justicia, la Vicepresidenta del Gobierno y Ministra de la Presidencia asuma el despacho ordinario de los asuntos correspondientes al titular del citado Departamento.|data-acceso=22-07-2018|localización=nº 32}}</ref> |
|||
⚫ | |||
⚫ | |||
Durante a XI Lexislatura das Cortes Xerais (2016), exerceu en funcións os seus cargos no goberno de España, pois esa lexislatura esgotouse antes de tempo por mor da imposibilidade do Congreso para investir un presidente de goberno polo que se produciu a disolución automática das cámaras lexislativas (Congreso e Senado) e a conseguinte nova convocatoria electoral. |
|||
⚫ | |||
⚫ | |||
Ao comezo da XII Lexislatura (tamén 2016), se produciu a segunda investidura de Mariano Rajoy como presidente e foi renovado o seu nomeamento como ministra da Presidencia e das Administracións Públicas (4 de novembro de 2016), momento no que foi relevada das súas funcións de voceira do goberno, cargo que recaeu en [[Íñigo Méndez de Vigo]]. |
|||
⚫ | |||
⚫ | |||
O 7 de xuño de [[2018]] deixa de ser vicepresidenta e ministra do goberno Español, tras ser aprobada a moción de censura contra [[Mariano Rajoy]] e ser investido presidente [[Pedro Sánchez]]. Trala dimisión de Mariano Rajoy á presidencia do PP, presentou a súa candidatura no proceso de primarias e aínda que, co 36,9% dos votos,<ref>{{Cita web|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2018/07/06/gana-soraya-casado-apunta-sucesor/0003_201807G6P2991.htm|apelidos=Bareño|nome=Gonzalo|data-publicación=06-07-2018|páxina-web=lavozdegalicia.es|título=Gana Soraya, pero Casado apunta a sucesor|data-acceso=22-07-2018}}</ref> foi a máis votada na primeira ronda na votación da afiliación celebrada o 5 de xullo de 2017, na segunda volta, o 22 de xullo de 2018, na votación dos compromisarios, perdeu a presidencia ante [[Pablo Casado]], que tivo o 57,2% dos votos fronte ao 42,8% recibido por Soraya.<ref>{{Cita web|url=https://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2018/07/21/pp-entierra-marianismo/00031532174978287871786.htm|apelidos=Bareño|nome=Gonzalo|data-publicación=22-07-2018|páxina-web=lavozdegalicia.es|título=El triunfo de Casado entierra el marianismo|data-acceso=22-07-2018}}</ref> |
|||
{{Start box}} |
{{Start box}} |
||
Liña 81: | Liña 81: | ||
{{Succession box | título = [[Ficheiro:Escudo de España.svg|25px]]<br/>[[Portavoz do Goberno de España]] | período = [[2011]] - [[2016]] | predecesor = [[José Blanco]]| sucesor = [[Íñigo Méndez de Vigo]]}} |
{{Succession box | título = [[Ficheiro:Escudo de España.svg|25px]]<br/>[[Portavoz do Goberno de España]] | período = [[2011]] - [[2016]] | predecesor = [[José Blanco]]| sucesor = [[Íñigo Méndez de Vigo]]}} |
||
{{End box}} |
{{End box}} |
||
⚫ | |||
⚫ | |||
⚫ | |||
⚫ | |||
⚫ | |||
⚫ | |||
{{Control de autoridades}} |
{{Control de autoridades}} |
||
Revisión como estaba o 22 de xullo de 2018 ás 00:17
María Soraya Sáenz de Santamaría Antón, nada en Valladolid o 10 de xuño de 1971, é unha política española pertencente ao Partido Popular. Entre 2011 e 2018 foi a vicepresidenta e ministra da Presidencia do Goberno de España, presidido por Mariano Rajoy.
Anteriormente ocupara o cargo de secretaria executiva de Política Territorial do Partido Popular e un escano de deputada por Madrid durante a VIII Lexislatura (2004-2008). Na IX Lexislatura foi designada por Mariano Rajoy como a portavoz do Grupo Popular no Congreso dos Deputados, en substitución de Eduardo Zaplana.
Biografía
Naceu en Valladolid en 1971 e estudou secundaria no Instituto Zorrilla. Obtivo a licenciatura en Dereito na Universidade de Valladolid cando tiña 23 anos, quedando primeira da súa promoción.[1] Con 27 anos, ingresou por oposición no corpo de avogados do Estado, sendo destinada inicialmente a León. Foi profesora asociada de Dereito administrativo na Universidade Carlos III de Madrid.[2]
Casou, polo civil e en Brasil, co avogado do Estado José Iván Rosa *Vallejo no ano 2005 e é nai de Iván, nacido o 11 de novembro de 2011.[3] O seu esposo foi contratado por Telefónica como asesor xurídico da súa división internacional (TISA).[4]
Carreira política
En 2000, xa avogada do Estado, iniciouse en política como asesora xurídica do entón ministro Mariano Rajoy,[5] ás ordes directas do seu director de gabinete Francisco Villar García-Moreno.
É especialista en política territorial, motivo polo cal ocupou o cargo de secretaria executiva de Política Autonómica e Local do Partido Popular. Ademais, é membro do Comité Executivo Nacional do Partido Popular.[6]
Nas eleccións xerais de 2004 colaborou no deseño do programa do Partido Popular; nesas mesmas eleccións figurou no número 18 das listas electorais ao Congreso dos Deputados, non resultando elixida e accedendo posteriormente ao escano cando Rodrigo Rato, número dous da lista, trasladouse a Washington para presidir o Fondo Monetario Internacional.
Nas eleccións xerais de 2008, figurou no quinto posto das listas para o Congreso pola provincia de Madrid, resultando elixida deputada.
O 31 de marzo de 2008, o líder do PP, Mariano Rajoy, anunciou que Soraya Sáenz de Santamaría ocuparía o cargo de portavoz do Partido Popular no Congreso dos Deputados en lugar de Eduardo Zaplana, que ocupou o mesmo cargo na anterior lexislatura.[7]
Tras gañar o Partido Popular as eleccións xerais celebradas o 20 de novembro de 2011, o líder do PP, Mariano Rajoy, designou a Soraya Sáenz de Santamaría para dirixir o equipo de traspaso de poderes entre o Goberno saínte, do PSOE, e o Goberno entrante, do PP.[8]
O día 21 de decembro de 2011 foi nomeada vicepresidÍenta, ministra da Presidencia, coas competencias sobre os servizos de intelixencia, que anteriormente estaban incluídas en Defensa, e voceira do executivo presidido por Mariano Rajoy.[9], cargo que ostentou ata o 3 de novembro de 2016.
Dende 2012 foi presidenta do Padroado da Fundación Internacional e para Iberoamérica de Administración e Políticas Públicas.[10]
En 2014 asumiu como interina os Ministerios de Xusticia (23-29 de setembro) e de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade (26 de novembro - 3 de decembro) ao seren cesados os respectivos titulares e antes de que se levara a cabo nomeamento dos substitutos.[11][12]
Durante a XI Lexislatura das Cortes Xerais (2016), exerceu en funcións os seus cargos no goberno de España, pois esa lexislatura esgotouse antes de tempo por mor da imposibilidade do Congreso para investir un presidente de goberno polo que se produciu a disolución automática das cámaras lexislativas (Congreso e Senado) e a conseguinte nova convocatoria electoral.
Ao comezo da XII Lexislatura (tamén 2016), se produciu a segunda investidura de Mariano Rajoy como presidente e foi renovado o seu nomeamento como ministra da Presidencia e das Administracións Públicas (4 de novembro de 2016), momento no que foi relevada das súas funcións de voceira do goberno, cargo que recaeu en Íñigo Méndez de Vigo.
O 7 de xuño de 2018 deixa de ser vicepresidenta e ministra do goberno Español, tras ser aprobada a moción de censura contra Mariano Rajoy e ser investido presidente Pedro Sánchez. Trala dimisión de Mariano Rajoy á presidencia do PP, presentou a súa candidatura no proceso de primarias e aínda que, co 36,9% dos votos,[13] foi a máis votada na primeira ronda na votación da afiliación celebrada o 5 de xullo de 2017, na segunda volta, o 22 de xullo de 2018, na votación dos compromisarios, perdeu a presidencia ante Pablo Casado, que tivo o 57,2% dos votos fronte ao 42,8% recibido por Soraya.[14]
Predecesor: Eduardo Zaplana |
Portavoz do Grupo Parlamentario Popular no Congreso dos Deputados de España 2008 - 2011 |
Sucesor: Alfonso Alonso |
Predecesor: Elena Salgado |
Vicepresidenta Primeira do Goberno de España 2011 - 2018 |
Sucesor: Carmen Calvo |
Predecesor: Ramón Jáuregui |
Ministra de Presidencia de España 2011 - 2018 |
Sucesor: Carmen Calvo |
Predecesor: José Blanco |
Portavoz do Goberno de España 2011 - 2016 |
Sucesor: Íñigo Méndez de Vigo |
Notas
- ↑ Lista para a batalla · elpais.com
- ↑ "Dpto. de Dereito Administrativo da UC3M"
- ↑ Soraya Sáenz de Santamaría dá a luz a un neno· ELPAÍS.com
- ↑ "Telefónica ficha como asesor xurídico ao marido de Soraya Sáenz de Santamaría". La Voz de Galicia. 22 de marzo de 2012. Consultado o 25 de marzo de 2012.
- ↑ Diario el País, 6 de abril de 2008
- ↑ elmundo.es | Encontro dixital con Soraya Sáenz de Santamaría
- ↑ Rajoy inicia a renovación do PP colocando a Sáenz de Santamaría como portavoz no Congreso · ELPAÍS.com
- ↑ Sáenz de Santamaría e Jáuregui dirixirán o traspaso de poderes · elmundo.es
- ↑ "Real Decreto 1826/2011, de 21 de decembro, polo que se nomean Ministros do Goberno" (PDF). BOE. 22 de decembro de 2011. Consultado o 22 de decembro de 2011.
- ↑ "EL PATRONATO". fiiapp.org. Consultado o 22-07-2018.
- ↑ "Real Decreto 987/2014, de 26 de noviembre, por el que se dispone que, como consecuencia de la vacante en el cargo de Ministra de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad, la Vicepresidenta del Gobierno y Ministra de la Presidencia asuma el despacho ordinario de los asuntos correspondientes al titular del citado Departamento" (PDF). boe.es. nº 287. 27-11-2014. p. 96751. Consultado o 22-07-2018.
- ↑ "Real Decreto 816/2014, de 23 de septiembre, por el que se dispone que, consecuencia de la vacante en el cargo de Ministro de Justicia, la Vicepresidenta del Gobierno y Ministra de la Presidencia asuma el despacho ordinario de los asuntos correspondientes al titular del citado Departamento." (PDF). boe.es. nº 32. 24-09-2014. p. 74673. Consultado o 22-07-2018.
- ↑ Bareño, Gonzalo (06-07-2018). "Gana Soraya, pero Casado apunta a sucesor". lavozdegalicia.es. Consultado o 22-07-2018.
- ↑ Bareño, Gonzalo (22-07-2018). "El triunfo de Casado entierra el marianismo". lavozdegalicia.es. Consultado o 22-07-2018.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soraya Sáenz de Santamaría |