Cinquecento: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 4: Liña 4:
Comprende dúas fases: comeza co denominado Alto Renacemento (últimos anos do [[século XV]] e primeiras décadas do [[século XVI]]), e remata co denominado [[Manierismo|Baixo Renacemento ou Manierismo]].
Comprende dúas fases: comeza co denominado Alto Renacemento (últimos anos do [[século XV]] e primeiras décadas do [[século XVI]]), e remata co denominado [[Manierismo|Baixo Renacemento ou Manierismo]].


== Cinquecento italiano ==
O ''cinquecento'' tivo lugar na Roma dos papas, a diferenza do [[Quattrocento|''quattrocento'']], cuxo centro era a [[Florencia]] dos [[Medici]].

Os artistas máis destacados do período inicial italiano foron [[Donatello|Donato di Niccolò di Betto Bardi]], [[Leonardo da Vinci|Leonardo Da Vinci]], [[Rafael|Rafael Sanzio]] e [[Michelangelo]]. Do período manierista destacaron [[Jacopo Vignola]], [[Palladio]], [[Antonio Allegri da Correggio]], [[Veronés]], [[Benvenuto Cellini]] e [[Giambologna]].

Na literatura italiana do século XVI atópanse os poetas [[Pietro Aretino]], [[Baldassare Castiglione]] e [[Torquato Tasso|Torcuato Tasso]], tratadistas políticos coma [[Niccolò Machiavelli]], e científicos coma [[Giordano Bruno]].

== Véxase tamén ==

=== Outros artigos ===

* [[Quattrocento]]
* [[Renacemento]]
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}



Revisión como estaba o 19 de xullo de 2018 ás 21:07

Detalle da Capela Sistina de Miguelanxo

O cinquecento representa a segunda fase do Renacemento italiano, a súa culminación e a súa crise, e tamén o comezo da súa difusión por Europa. A fins do século XIV e comezos do XV na corte dos Sforza de Milán revisáronse os presupostos estéticos do Quattrocento que conduciu a unha linguaxe severa e monumental sen os adobíos da etapa anterior. A conquista de Milán polos franceses provocou a fuxida dos artistas que alí traballaban e que as súas concepcións artísticas se esparexesen polo territorio italiano e sobre todo en Roma tras a volta da corte papal desde Aviñón e o mecenado exercido por unha nova xeración de papas.

Comprende dúas fases: comeza co denominado Alto Renacemento (últimos anos do século XV e primeiras décadas do século XVI), e remata co denominado Baixo Renacemento ou Manierismo.

Cinquecento italiano

O cinquecento tivo lugar na Roma dos papas, a diferenza do quattrocento, cuxo centro era a Florencia dos Medici.

Os artistas máis destacados do período inicial italiano foron Donato di Niccolò di Betto Bardi, Leonardo Da Vinci, Rafael Sanzio e Michelangelo. Do período manierista destacaron Jacopo Vignola, Palladio, Antonio Allegri da Correggio, Veronés, Benvenuto Cellini e Giambologna.

Na literatura italiana do século XVI atópanse os poetas Pietro Aretino, Baldassare Castiglione e Torcuato Tasso, tratadistas políticos coma Niccolò Machiavelli, e científicos coma Giordano Bruno.

Véxase tamén

Outros artigos