Xuventudes Socialistas de España: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: Bot: Arranxos varios, replaced: {{listaref|2}} → {{Listaref|30em}}
m →‎Notas: +control autoridades using AWB
Liña 36: Liña 36:
== Notas ==
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
{{Listaref|30em}}

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Orientacións políticas]]
[[Categoría:Orientacións políticas]]

Revisión como estaba o 18 de xullo de 2018 ás 20:37

JSE
Partido político de España
Historia
Fundación1903, Erandio, Biscaia
Posicións políticas
Ideoloxíaesquerda, laicismo, republicanismo, socialdemocracia, progresismo federalismo, ecoloxismo, internacionalismo, feminismo, europeísmo
Outros datos
SedeC/Ferraz, 70. 28008 Madrid
PublicaciónRenovación
Na rede
www.jse.org
Instagram: jse_org Editar o valor em Wikidata

Xuventudes Socialistas de España (JSE) é a organización xuvenil de ideoloxía de esquerda, socialista democrático, progresista, republicana e laica afín ao Partido Socialista Obrero Español[1]. Ten independencia ou autonomía orgánica e política respecto ao PSOE. Foi fundada en Erandio, Biscaia, en 1903 por Tomás Meabe[2].

Orixes

A situación laboral dos mozos españois, sobre todo nas empresas mineiras e siderúrxicas do norte de España, así como a vontade de combater o nacionalismo vasco, levou a Tomás Meabe a fundar a primeira agrupación de mozos socialistas en Bilbao en 1903, imitando o modelo austríaco e de acordo coas teses propugnadas por Rosa Luxemburgo. En 1905, celebrábase en Madrid o II Congreso ordinario do Partido Socialista, no que se recoñece a organización de Meabe como rama xuvenil do PSOE.

Do 14 ao 17 de abril de 1906 celebran o seu primeiro congreso como Federación Nacional de Xuventudes Socialistas de España. Esta primeira toma de contacto non vén acompañada dun programa político claro, limitándose a formular unha opción antimilitarista. Tamén se caracterizaban pola súa loita contra o alcoholismo xuvenil, moi estendido entre a clase obreira naquela época. O seu órgano de prensa dende febreiro de 1907 foi Renovación. A organización é recoñecida como tal polo PSOE en 1908.

En 1910 realiza as primeiras mobilizacións masivas contra a Guerra de Marrocos e, posteriormente, contra a Primeira Guerra Mundial.

Moi activa durante a folga xeral durante a coñecida como crise española de 1917, obtería nas filas do PSOE o seu primeiro deputado en 1918.

As Xuventudes Socialistas na actualidade

Tras a legalización en marzo de 1977, celebran o XIII Congreso en Madrid e elíxese a Juan Antonio Barragán como Secretario xeral, o primeiro dirixente non exiliado. A partir desta data, as JSE seguen o mesmo camiño que o PSOE, renunciando ao marxismo como doutrina única socialista. En 1984, Javier de Paz é elixido secretario xeral das JSE.

Dende 2012 o Secretario Xeral é Marcelino Torre Canto, sucedendo a Sergio Gutiérrez Prieto, eurodeputado do PSOE, elixido no Congreso Federal de 2007. Sergio Gutiérrez saíu elixido como único candidato do 23º Congreso Federal celebrado o 20, 21 e 22 de xullo de 2007, contando con máis do 90% do apoio dos delegados.

As Xuventudes Socialistas de España son membros do Consello da Xuventude de España, ostentando a Coordinación interna.

Notas

  1. Estatutos Federales del PSOE artº 85
  2. Estatutos Federales del PSOE artº 87