Tripla Entente: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: de Xapón → do Xapón
m →‎Outros artigos: +control autoridades using AWB
Liña 24: Liña 24:
* [[Primeira Guerra Mundial]]
* [[Primeira Guerra Mundial]]
* [[Entente cordiale]]
* [[Entente cordiale]]


{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Política]]
[[Categoría:Política]]

Revisión como estaba o 18 de xullo de 2018 ás 16:54

Alianzas militares europeas en 1910. Os aliados da Tripla Entente en verde folla e as Potencias Centrais da Tripla Alianza en verde oliva

A Tripla Entente foi unha coalición conformada pola alianza franco-rusa de 1893, a Entente Cordiale franco-británica de 1904 e o acordo anglo-ruso de 1907.

Eric J. Hobsbawm, no seu libro Historia do século XX, defínea deste xeito: triplo entente, constituída por Francia, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e o Imperio ruso.[1] O Reino de Serbia e Bélxica incorporáronse á tripla entente inmediatamente como consecuencia do ataque austríaco contra Serbia (que, de feito, desencadeou o inicio das hostilidades) e o ataque de Alemaña contra Bélxica.[1]

Póster ruso de 1914 representando á Tripla Entente

A nova potencia mundial, Alemaña, gobernada por Guillerme II de Alemaña, en 1890 conseguiu que tres potencias que tiñan importantes diferenzas entre si, Francia, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e o Imperio ruso, aproximásense e terminasen por coligarse como a Aliada Maior Nacionalista para facer fronte á Tripla Alianza do Imperio alemán, Imperio austrohúngaro e o Reino de Italia.

A crise definitiva do verán de 1914 demostrou o funcionamento da alianza ao terminar implicando no conflito ás tres potencias signatarias.

As outras unións

Tralo abandono da Tripla Alianza por parte do Reino de Italia en 1915, esta uniríase á Entente polos seus intereses e pola inconformidade que sentía ao non ter garantías nas Potencias Centrais.

Outros aliados

Notas

  1. 1,0 1,1 Hobsbawm (2007), p. 30: «Comezou como unha guerra esencialmente europea entre a Tripla Alianza, constituída por Francia, Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda e o Imperio ruso, e os chamados «Imperios Centrais» (Imperio alemán e o Imperio austrohúngaro). O Reino de Serbia e Bélxica incorporáronse inmediatamente ao conflito como consecuencia do ataque austríaco contra a primeira (que, de feito, desencadeou o inicio das hostilidades) e do ataque alemán contra a segunda (que era parte da estratexia de guerra alemá). O Imperio otomán e o Reino de Bulgaria aliñáronse pouco despois xunto ás potencias centrais, mentres que no outro bando a Tripla Alianza deixou paso gradualmente a unha gran coalición. Comprouse a participación do Reino de Italia e tamén tomaron parte no conflito Reino de Grecia, Reino de Romanía e, en menor medida, Portugal. Como cabía esperar, o Imperio do Xapón interveu case de forma inmediata para ocupar posicións alemás no Extremo Oriente e o Pacífico occidental, pero limitou as súas actividades a esa rexión. Os Estados Unidos entraron na guerra en 1917 e a súa intervención ía resultar decisiva.»

Véxase tamén

Outros artigos