Síux: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎Outros artigos: +control autoridades using AWB
Liña 63: Liña 63:
=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===
* [[Protestas polo oleoduto Dakota Access]]
* [[Protestas polo oleoduto Dakota Access]]

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Demografía dos Estados Unidos de América]]
[[Categoría:Demografía dos Estados Unidos de América]]

Revisión como estaba o 18 de xullo de 2018 ás 16:04

Síux
Touro Sentado, un xefe e home sagrado lakota.
Poboación
Poboación total:
170 110[1]
Rexións principais:
Estados Unidos de América Estados Unidos(DS, MN, NE, MT, ND, IA, WI, IL, WY)
Canadá(MB, SK)
Aspectos culturais
LinguaLingua síux (lakota, dakota), assiniboine, stoney e sinais dos indios das chairas
RelixiónCristianismo e igrexa nativo americana
Grupos
relacionados
Assiniboine, dakota, lakota e nakoda

Os síux[2] son un grupo lingüístico e étnico de nativos americanos asentados nos territorios do que agora son os Estados Unidos. Os síux eran uno dos tres grupos de sete tribos que formaban a Gran Nación Síux que falaban tres variedades lingüísticas da lingua síux, que incluía o lakota, santee e Yankton-Yanktonai.

O nome síux é unha forma abreviada de Nadouessioux, que foi tomada ao francés canadense como Nadoüessioüak a partir dun exónimo anterior da tribo ottawa: na·towe·ssiwak, "síux".

Divisións sociais

Santee

Os Santee (tamén coñecidos como Dakota) migraron ao norte e ao oeste desde o sur e o leste de Ohio até Minnesota. Os Santee vivían nos bosques cazando, pescando e con agricultura de subsistencia.

Lakota

Artigo principal: Pobo lakota.

Lingüística

Artigos principais: Lingua síux, Lingua lakota e Lingua dakota.
Xefe Bone Necklace, un Oglala Lakota da Reserva india de Pine Ridge (1899).

Os síux comprenden tres grupos lingüísticos estreitamente relacionados:

  1. Dakota oriental (tamén coñecido como Santee-Sisseton ou Dakhóta)
    • Santee (Isáŋyáthi: Bdewákhathuŋwaŋ, Waȟpékhute)
    • Sisseton (Sisíthuŋwaŋ, Waȟpéthuŋwaŋ)
  2. Dakota occidental (tamén Yankton-Yanktonai ou Dakȟóta)
    • Yankton (Iháŋktȟuŋwaŋ)
    • Yanktonai (Iháŋktȟuŋwaŋna)
  3. Lakota (tamén Lakȟóta, Teton ou Teton Síux)

As primeiras investigación identificaron a división lingüística en tres pólas dentro da lingua síux (Lakota, Dakota e Nakota) como dialectos dunha soa lingua, sendo tamén chamados Lakota = Teton, Dakota = Santee-Sisseton e Nakota = Yankton-Yanktonai. Porén, estudos recentes[3] amosa que os Yankton-Yanktonai nunca empregaron o autónimo Nakhóta, senón que pronuncian o seu nome do mesmo modo que os Santee (Dakȟóta).

Estes estudos identifican o assiniboine e Stoney como dúas linguas separadas, sendo o síux a terceira lingua. O síux ten tres dialectos semellantes: lakota, dakota occidental (Yankton-Yanktonai) e dakota oriental (Santee-Sisseton). Os falantes assiniboine e refírense a si mesmos como Nakhóta ou Nakhóda.

O termo Dakota ten sido polos antropoloxistas e membros do goberno para referirse a tódolos grupos síux, dando como resultado nomes como Teton Dakota, Santee Dakota etc. Isto debeuse principalmente á tradución terxiversada da palabra ottawa Síux.

Activismo no século XX

Incidente de Wounded Knee

Artigo principal: Incidente de Wounded Knee.

Durante os anos 1960, mozos nativos americanos comezaron a axitarse para acadar mellores condicións sociais, facer respectar os seus dereitos civís, e conseguir programas de desenvolvemento económico e de educación. Entre as numerosas protestas, organizouse a ocupación da illa de Alcatraz, en California.

O incidente de Wounded Knee comezou o 27 de febreiro de 1973, cando a vila de Wounded Knee, Dacota do Sur foi tomado polos seguidores do American Indian Movement. O sitio escollido debeuse ó gran valor simbólico do lugar, xa que foi alí onde se produciu o Masacre de Wounded Knee en 1890. Os ocupantes controlaron a vila durante 71 días mentres eran sitiados por varias axencias da orde como o FBI e os Marshals. Dous membros do A.I.M. morreron por disparos durante o incidente.

República de Lakota

Artigo principal: República de Lakota.

A Delegación da liberdade Lakota, un grupo de activistas nativos americanos, declarou o 19 de decembro de 2007 que os lakota que se retiraban tódolos tratados asinados cos Estados Unidos para poder recuperar a soberanía da súa nación. Un dos activistas, Russell Means, declarou esta acción como legal aludindo á lei natural, internacional e estadounidense.[4] O grupo considera ós lakota como unha nación soberana, malia que o estado non ten recoñecemento diplomático. As fronteiras propostas reclaman miles de quilómetros cadrados de Dacota do Norte e do Sur, Wyoming, Nebrasca e Montana.[5]

Notas

  1. Norris, Tina; Vines, Paula L.; Hoeffel, Elizabeth M. (xaneoro de 2012). "The American Indian and Alaska Native Population: 2010" (PDF). United States Census Bureau. United States Department of Commerce. Consultado o 9 de setembro de 2012. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para síux.
  3. Parks, D. R.; DeMallie, R. J. (1992). "Sioux, Assiniboine, and Stoney Dialects: a Classification". Anthropological Linguistics 34 (1–4). 
  4. Descendentes de Touro Sentado e Cabalo Tolo independízanse de USA, Agence France-Presse news
  5. Bill Harlan (21 de decembro de 2007). "Lakota group secedes from U.S.". Rapid City Journal. Consultado o 2007-12-28. 

Véxase tamén

Outros artigos