Salto do Nervión: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Bot: Arranxos varios
m →‎top: +control autoridades using AWB
Liña 5: Liña 5:


[[Ficheiro:valle delica.jpg|esquerda|miniatura|240px|Val do Délica visto desde o Salto do Nervión.]]
[[Ficheiro:valle delica.jpg|esquerda|miniatura|240px|Val do Délica visto desde o Salto do Nervión.]]

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Fervenzas de España]]
[[Categoría:Fervenzas de España]]

Revisión como estaba o 17 de xullo de 2018 ás 23:58

Salto do Nervión, en inverno.

O salto do Nervión é un salto vertical de 220 m de altura que ten como orixe a confluencia dos regatos Iturrigutxi, Ajiturri e Urita, nacidos entre as serras de Gillarte e Gibijo. Esta fervenza só existe en época de choivas ou desxeo de neves, o que dá lugar a que a cachoeira só apareza de forma esporádica.

Atópase no límite da provincia de Burgos e de Áraba, xunto ao porto de Orduña, entre a serra de Gibijo e o monte Santiago. Pódese acceder a un miradoiro desde a parte sur de dito porto por Berberana ou desde a parte norte partindo de Orduña (un enclave biscaíño situado en Áraba) e continuando por terras arabesas até coroar o porto. Tamén se pode andar polo canón do Délica até a mesma parede, pero é máis dificultoso xa que hai que ir andando a treitos polo leito do río.

Val do Délica visto desde o Salto do Nervión.