Praia dos Bloques: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Outros artigos: +control autoridades using AWB
Liña 34: Liña 34:
=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===
* [[Praias da provincia de Lugo]]
* [[Praias da provincia de Lugo]]

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Praias de Ribadeo|Bloques]]
[[Categoría:Praias de Ribadeo|Bloques]]

Revisión como estaba o 17 de xullo de 2018 ás 22:22

Praia dos Bloques
Vista do fondo da ría de Ribadeo dende o promontorio sobre a praia dos Bloques
LocalizaciónRibadeo

A praia dos Bloques esta situada na ría de Ribadeo, a carón da vila de Ribadeo, preto dos portos (ó sur do Porto de Mirasol), case no centro xeográfico da ría. A construción dun esporón é a causa (segundo Isidoro Asensio Amor) de que se acumule limo no fondo e pareza, cando baixa a marea, que quixera ocupar toda a extensión da ría. Pola súa situación global semiurbana non se acostuma clasificar coma praia "virxe".

Dotada de area fina e dourada, ten unha lonxitude de 120 m e unha anchura media de 25 m. O seu nivel de ocupación xeralmente é baixo. A pesar de ter augas tranquilas e ser unha praia portuaria resgardada con sinalización do estado do mar e papeleiras para a recollida do lixo, non dispón de bandeira azul. No verán ten servizo de salvamento e duchas e servizos. Ten un pequeno aparcadoiro próximo, e unha extensa zona con herba, aínda que carece de servizos de hostalería.

Véxase tamén

Outros artigos