Pazo da Mota: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
Liña 22: Liña 22:
===Ligazóns externas===
===Ligazóns externas===
*[http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=9563&ctre=36 Pazo da Mota]
*[http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=9563&ctre=36 Pazo da Mota]

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Pazos da provincia de Pontevedra|Mota]]
[[Categoría:Pazos da provincia de Pontevedra|Mota]]

Revisión como estaba o 17 de xullo de 2018 ás 21:35

O Pazo da Mota é unha casa señorial galega situado no lugar da Mota na parroquia de Riobó, no concello da Estrada.

Historia

O morgado do pazo da Mota foi fundado por Xoán Otero (1716-1799). O seu bisneto, o maxistrado Manuel Otero Maquieira, vendeu case toda a súa herdanza en 1852 a Ramón María Otero Estévez, que casara coa viúva do seu irmán Eduardo. Ramón e a súa esposa Ramona Arén, sen fillos, nomearon como herdeiros aos fillos ilexítimos de Pío Otero, Gumersindo e Blandina Concepción.[1]

O edificio

É un edificio de planta en "L", construído por planta baixa e piso. O portal de entrada ten un van alintelado recercado de moldura plana rematada con espadana. As fiestras son rectangulares recercadas de moldura. Ten galería e solaina. Conta cun celeiro integrado na casa e unha adega con bóveda de pedra.

Construcións anexas

Ten un hórreo de 10 claros e fonte sobre a que sobresae o escudo de armas da familia Guntín Taboada. Pola fachada principal accédese á capela na que hai un cruceiro presidindo a entrada.

Notas

  1. Otero Vich, José Manuel: «Los Oteros…y la llamada de la selva» Faro de Vigo, 31/7/2010 (en castelán).

Véxase tamén

Bibliografía

  • Bértolo Ballesteros, José Manuel (2012). "Pazo da Mota" (PDF). A Estrada: Miscelánea histórica e cultural (15): 283–306. Consultado o 23 de novembro de 2014. 

Outros artigos

Ligazóns externas