Huberto de Toscana: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Bot: Arranxos varios
m →‎top: +control autoridades using AWB
Liña 8: Liña 8:


Casou con Xila, filla de [[Bonifacio I de Spoleto]] coa que tivo a Hugo o Grande, margrave de Toscana, Gualdrada, esposa de [[Pedro IV Candiano]] [[dux]] de [[Venecia]], e Xila a moza, filla de Tedaldo, conde de [[Canossa]].
Casou con Xila, filla de [[Bonifacio I de Spoleto]] coa que tivo a Hugo o Grande, margrave de Toscana, Gualdrada, esposa de [[Pedro IV Candiano]] [[dux]] de [[Venecia]], e Xila a moza, filla de Tedaldo, conde de [[Canossa]].

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Duques de Spoleto]]
[[Categoría:Duques de Spoleto]]

Revisión como estaba o 17 de xullo de 2018 ás 00:06

Huberto ou Humberto (Uberto) era fillo bastardo do rei Hugo de Italia (Hugo de Arle ou Hugo de Provenza) coa súa amancebada Wandelmoda. Sobre o 936 o seu pai deulle o marquesado ou margraviato de Toscana en lugar do seu tío Bosón. O 941 nomeouno conde palatino e o 943 duque de Spoleto e margrave de Camerino, expulsando ao duque Sarlione, condenado polo asasinato do seu antecesor Anscar de Ivrea. Así gobernou toda a Italia central e converteuse no señor feudal máis poderoso do rei Berengario II de Italia.

Huberto aliado ao Papa Xoán XII convidou a Odón o Grande rei de Xermania a baixar a Italia e derrubar a Berengario II.

En 946 o ducado de Spoleto e marquesado de Camerino serían dados a Bonifacio II. En Toscana foi margrave ata o 13 de febreiro do 962, en que acadou o goberno de devandito feudo o seu fillo Hugo o Grande.

Morreu segundo uns o 15 de setembro de 967 e segundo outros en marzo de 970.

Casou con Xila, filla de Bonifacio I de Spoleto coa que tivo a Hugo o Grande, margrave de Toscana, Gualdrada, esposa de Pedro IV Candiano dux de Venecia, e Xila a moza, filla de Tedaldo, conde de Canossa.