Eurocorpo: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: |thumb| → |miniatura|
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
Liña 30: Liña 30:
{{commonscat|Eurocorps}}
{{commonscat|Eurocorps}}
* [http://www.eurocorps.net/ Sitio oficial do Eurocorpo]
* [http://www.eurocorps.net/ Sitio oficial do Eurocorpo]

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Unión Europea]]
[[Categoría:Unión Europea]]

Revisión como estaba o 16 de xullo de 2018 ás 21:54

Eurocorpo

O Eurocorpo (en inglés Eurocorps, en francés Corps européen, en alemán Eurokorps), é o Corpo de Exército ao servizo da Unión Europea (UE) e a OTAN, certificado por esta última como Corpo de Exército de Reacción Rápida e Forza de Resposta OTAN.

Ten a súa orixe na brigada xermano-francesa creada entre 1989 e 1992, posta en activo en outubro de 1991, a iniciativa común de cooperación militar entre ambos os países, polo presidente da República Francesa, François Mitterrand, e o chanceler alemán, Helmut Kohl, co fin de contribuír á posta en práctica da Política Exterior e de Seguridade Común da Unión Europea (PESC). Este exército de elite simboliza a reconciliación entre ambos os países e unha das máis novas concepcións de Exército Europeo conxunto e regular entre múltiples estados ou nacións de Europa respectando as súas diversas identidades diferenciais baixo un mesmo grupo militar.

O 12 de outubro de 1993, Bélxica sumouse a esta forza cunha División Mecanizada e o 1 de xullo de 1994, o Consello de Ministros español autorizou a participación de España con outra División Mecanizada. A integración definitiva quedou completada o 31 de decembro de 1998 coa incorporación da Brigada de Infantería Mecanizada Estremadura XI e as unidades restantes do Núcleo de Tropas Divisionario (NTD) da División Mecanizada Brunete.

Con esta iniciativa, o Goberno español quixo contribuír ao proceso de construción da Unión Europea, na súa dimensión de seguridade e defensa, e reforzar a capacidade operativa da entón activa Unión Europea Occidental (UEO) e da Alianza Atlántica (OTAN), tendo en conta a dispoñibilidade do Eurocorpo ao servizo, tanto da UEO, como da OTAN.

O Eurocorpo foi declarado oficialmente operativo en novembro de 1995, incorporándose Luxemburgo en 1996.

O Eurocorpo está composto por cinco estados membros: Alemaña, Bélxica, España, Francia e Luxemburgo. No seu Cuartel Xeral en Estrasburgo (Alsacia) tamén se atopan permanentemente militares de Italia, Polonia, Grecia e Turquía.

Informe de La Rochelle

É o acta fundacional do Eurocorpo. O documento define o Eurocorpo como un corpo armado europeo multinacional que non forma parte da estrutura militar integrada da OTAN. Inicialmente o Eurocorpo nace como unha iniciativa franco-alemá, pero se declara aberto á participación doutros países da Europa Occidental.

O 22 de maio de 1992, durante o Cume de La Rochelle, Mitterrand e Kohl toman a decisión oficial de crear o Eurocorpo adoptando o informe común dos ministros de Defensa francés e alemán. O 1 de xullo de 1992, un Estado Maior provisional instálase en Estrasburgo para crear as bases do Cuartel Xeral do Eurocorpo.

Funcións do Exército Europeo

A decisión do emprego desta unidade é competencia de cada Goberno. Actualmente este emprego poderá ser no marco da Unión Europea, no marco da OTAN ou ben de forma independente.

De acordo cos textos fundacionais, inicialmente o Eurocorpo era unha unidade constituída como instrumento común dos gobernos das nacións participantes e que podería desempeñar os seguintes tipos de misións:

  • Defensa común dos aliados en aplicación dos artigos 5 e V dos Tratados de Washington e Bruxelas respectivamente.
  • Mantemento e restablecemento da paz.
  • Accións humanitarias.

Véxase tamén

Ligazóns externas