Dinky: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Notas: +control autoridades using AWB
Liña 11: Liña 11:
==Notas==
==Notas==
{{Listaref}}
{{Listaref}}

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Terminoloxía]]
[[Categoría:Terminoloxía]]

Revisión como estaba o 16 de xullo de 2018 ás 18:17

O termo DINKY ou dinki é un acrónimo acuñado no Reino Unido nos anos 80 polo sociólogo Millward Brown [1] que corresponde ás palabras inglesas "double income, no kids yet" (en galego "dobre salario, sen fillos aínda"). Utilízase para referirse ao grupo social constituído por parellas de entre 25 e 35 anos, con ingresos elevados e que delongan a súa paternidade de forma indefinida para poderen adicarse ás súas carreiras laborais.

Duración e causas

A etapa dinki pode considerarse nalgúns casos coma un período de transición antes de optar por ter un fillo, ou ben pode converterse nunha forma permanente de vida en parella. A aparición desde fenómeno está asociada con distintas causas, coma poden ser certas motivacións ideolóxicas (o ambientalismo, a preocupación pola superpoboación mundial) ou o cambio de roles que tivo lugar na sociedade nas últimas décadas.[2]

Perfil das parellas

Segundo estudios sociolóxicos, as parellas dinkies caracterízanse por seren profesionais moi ambiciosos e por manteren uns hábitos de vida un tanto selectos. Por mor da súa condición, adican moito máis tempo a viaxar e invisten máis cartos en afeccións culturais que o resto da poboación. Por outra banda, dado que nun elevado número de casos non se trata dunha unión oficial, a opción do aluguer é a preferida por este tipo de parellas á hora de compartir vivenda.[3]

Esta filosofía de vida, que se da tanto en parellas homosexuais coma heterosexuais, é en ocasións duramente criticada pola Igrexa católica, por considerala unha visión egoísta, que propicia o consumismo e fai prevalecer o éxito profesional por diante dos valores familiares.[2]

Notas