Consello Xeral do Poder Xudicial: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios
m →‎Competencias: +control autoridades using AWB
Liña 10: Liña 10:

Con subordinación ao Consello Xeral do Poder Judicial, as Salas de Goberno do [[Tribunal Supremo]], da [[Audiencia Nacional de España|Audiencia Nacional]] e dos [[Tribunais Superiores de Xustiza das Comunidades Autónomas de España|Tribunais Superiores de Xustiza]] exercen funcións gobernativas e administrativas, tales como a solicitude e repartición de recursos e medios materiais e o estabelecemento de normas de repartición de asuntos, de substitución e de control das respectivas oficinas.

{{Control de autoridades}}

[[Categoría:Poder xudicial de España|Consello Xeral do Poder Xudicial]]
[[Categoría:Poder xudicial de España|Consello Xeral do Poder Xudicial]]

Revisión como estaba o 16 de xullo de 2018 ás 15:58

O Consello Xeral do Poder Xudicial de España, consonte o artigo 122 da Constitución Española, é o órgano de goberno dese poder do Estado, que exerce as súas competencias en todo o territorio español. A súa función principal é velar pola independencia de xuíces e maxistrados fronte ao resto dos poderes estatais.

Composición

Está presidido polo Presidente do Tribunal Supremo de España e composto por vinte vocais, nomeados pola Súa Maxestade el Rei a proposta do Senado e do Congreso dos Deputados. Cada Cámara propón catro xuristas de recoñecida competencia e ademais selecciona seis Xuíces ou Maxistrados propostos en lista tripla polos membros da Carreira Xudicial, en eleccións internas.

Competencias

O Consello Xeral do Poder Xudicial é competente na selección e nomeamento dos xuíces, na proposta ao Rei para o nomeamento dos Presidentes e Maxistrados de todos os Tribunais de todo o territorio estatal e, en materia administrativa, posúe atribucións de inspección e disciplinarias.

Con subordinación ao Consello Xeral do Poder Judicial, as Salas de Goberno do Tribunal Supremo, da Audiencia Nacional e dos Tribunais Superiores de Xustiza exercen funcións gobernativas e administrativas, tales como a solicitude e repartición de recursos e medios materiais e o estabelecemento de normas de repartición de asuntos, de substitución e de control das respectivas oficinas.