Comarca dos Ancares: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Outros artigos: +control autoridades using AWB
Liña 50: Liña 50:
{{ConcellosAncares}}
{{ConcellosAncares}}
{{Comarcas}}
{{Comarcas}}

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Comarcas da provincia de Lugo|Ancares]]
[[Categoría:Comarcas da provincia de Lugo|Ancares]]

Revisión como estaba o 16 de xullo de 2018 ás 15:47

Comarca dos Ancares
ProvinciaProvincia de Lugo
Área907 km²
Poboación10.951 hab. (2014)
Concellos Becerreá
As Nogais
Baralla
Cervantes
Navia de Suarna
Pedrafita do Cebreiro

Os Ancares é unha comarca situada ó leste da provincia de Lugo cuxa capital é Becerreá, que á súa vez é o concello máis poboado. Toma o nome da serra que está situada na parte máis oriental de Galiza, nos límites con Asturias e Castela e León. Pertencen a ela os concellos de Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Localización e características

É unha zona montañosa que forma parte das serras orientais, que tamén inclúen a comarca da Fonsagrada (ao norte) e O Courel (ao sur). Os Ancares tiña 10.951 habitantes no 2014, e uns 907 km2, polo que posúe unha baixa densidade de poboación de 12,07 hab/km2. Os concellos que conforman Os Ancares galegos son Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna e Pedrafita do Cebreiro.

Nos Ancares hai importantes masas forestais de carballo e bidueiro, acompañados de abeleiras, cancereixos, acivros, pradairos e teixos. Tamén hai mato abondo, como é o caso das uceiras e piornais predominantes. Na comarca aínda se pode ver ocasionalmente o oso pardo, en vías de extinción, e podería quedar algún exemplar illado da pita do monte.

Poboación

Censo total 2014 10.951 habitantes
Menores de 15 anos 636 (5.8 %)
Entre 15 e 64 anos 6.068 (55.42 %)
Maiores de 65 anos 4.247 (38.78 %)

Galería de imaxes

Véxase tamén

Outros artigos