Comarca de Ferrol: Diferenzas entre revisións
m elimino a Categoría:Comarcas de Galicia; engado a Categoría:Comarcas da provincia da Coruña mediante HotCat |
m →Ligazóns externas: +control autoridades using AWB |
||
Liña 79: | Liña 79: | ||
{{Comarcas}} |
{{Comarcas}} |
||
{{Control de autoridades}} |
|||
[[Categoría:Comarcas da provincia da Coruña|Ferrol, Comarca de]] |
[[Categoría:Comarcas da provincia da Coruña|Ferrol, Comarca de]] |
Revisión como estaba o 16 de xullo de 2018 ás 15:46
Comarca de Ferrol | |
---|---|
Provincia | Provincia da Coruña |
Área | 623,5 km² |
Poboación | 159.422 hab. (2014) |
Concellos | Ares Cedeira Fene Ferrol Moeche Mugardos Narón Neda San Sadurniño As Somozas Valdoviño |
A comarca de Ferrol é unha comarca galega situada na provincia da Coruña e a súa capital é Ferrol. A ela pertencen os concellos de Ares, Cedeira, Fene, Ferrol, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño. Limita ao norte e ao este co océano Atlántico, ao leste coa comarca do Ortegal e ao sur coa comarca do Eume. Ten unha extensión de 623,5 km² e conta cunha poboación de 159.422 habitantes no 2014, distribuídos en 11 concellos.
Descrición
A comarca pódese dividir en tres subcomarcas claramente diferenciadas:
- Ferrolterra, integrada por Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón e Neda, mira cara a ría de Ferrol; os concellos están moi cohesionados entre si, son pequenos en extensión e teñen gran densidade de poboación; dependen en gran medida de Ferrol e Narón nas súas relacións. Desde 1971 existe unha Mancomunidade de Concellos da comarca Ferrol, na que se integrou Valdoviño en 1977.
- Unha segunda zona, a máis afastada da costa, esténdese polos concellos de Valdoviño, San Sadurniño, Moeche e As Somozas.
- A terceira consiste en Cedeira.
En todos os casos as intensas relacións funcionais con Ferrol integran estas diferentes vinculacións locais nunha unidade comarcal de orde superior moi condicionada por relacións económicas, sociais, administrativas e sanitarias. Ferrol é o concello de mallor importancia económica e o de maior poboación. A administración estatal, moi vinculada a intereses militares, a Xunta de Galicia e a xudicatura teñen a súa sede en Ferrol. A sanidade está artellada na organización do Sergas con sede no Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.
Demografía
Censo total 2014 | 159.422 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 19.444 (12.19 %) |
Entre 15 e 64 anos | 100.688 (63.16 %) |
Maiores de 65 anos | 39.290 (24.64 %) |
Concellos
Pertencen á comarca de Ferrol os seguintes 11 concellos:
Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Ferrol
-
Concellos da comarca de Ferrol.
-
undefined
Véxase tamén
Bibliografía
Romero Masiá, A. M. e Pose Mesura, X. M. 1986. Catalogación arqueolóxica da Ría de Ferrol. Sada, Museo Arqueolóxico Provincial - Concello de A Coruña (Monografía urxentes do Museu, 2).
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Comarca de Ferrol |