Colexio dos xesuítas de Camposancos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
Liña 33: Liña 33:


<!--- GALICIA ---->
<!--- GALICIA ---->

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:A Guarda]]
[[Categoría:A Guarda]]

Revisión como estaba o 16 de xullo de 2018 ás 15:45

Coordenadas: 41°53′19.1″N 8°51′3.48″O / 41.888639, -8.8509667

O Colexio Apóstolo Santiago dos Padres Xesuítas, na Pasaxe (Camposancos, A Guarda) hoxe en ruínas, foi xermolo das universidades de Deusto e Comillas.

Historia

Situado á beira do Río Miño, preto da desembocadura, foi fundado en 1875. Por primeira vez en España, os xesuítas intentaban instituír unha universidade privada. O colexio chegou a contar cun prestixio enorme ata o punto que del xurdiron dúas notables institucións como a Universidade de Deusto e a Universidade Pontificia de Comillas. Entre os profesores máis destacados estivo Baltasar Merino e entre os alumnos avantaxados que saíron do colexio están o político pontevedrés Manuel Portela Valladares, que chegaría a ser ministro e presidente do goberno coa república; José María Montenegro Soto; Ramón María Aller; Xosé Franco Montes; Antón Losada Diéguez, Alejo Diz Jurado, Javier Bugallal Pérez de Castro; Manoel de Oliveira ou Javier Ozores Pedrosa.

En 1916 os ocupantes trasládanse a Vigo e ceden as instalacións a xesuítas portugueses, procedentes dun colexio de Lisboa, porén baixo o mandato da Segunda República a orde dos xesuítas foi expulsada e o centro pasou a ser un sanatorio.

Campo de concentración

O recinto, convertido en hospital, empregouse, entre 1938 e 1941, durante a Guerra Civil Española e a posguerra, como campo de concentración e acolleu prisioneiros políticos e combatentes do exército republicano.[1] Habilitado como centro de reclusión a finais de 1937, chegou a estar ocupado, en 1938, por 1 066 reos, cando a capacidade (segundo informe oficial do réxime franquista) era de 868 presos. As fontes diverxen en torno a poboación reclusa que pasou por el, pero oscila entre os 2 000 e os 3 000 presos.

En 1943 volveu ser un centro de ensino dos xesuítas, aínda que non retornou ó esplendor anterior e pechou as aulas en 1959.

Colexio en ruínas, en 2011.

Tralo abandono

No ano 2007 estreouse o documental Memorial de Camposancos, de José Ballesta de Diego (Vigo, 1964), que conta a historia do centro.[2][3]

Dada a súa privilexiada posición na foz do Miño, houbo un proxecto dunha construtora propiedade do ex-futbolista Valery Karpin, para converter o edificio nun complexo turístico de luxo.[1]

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas