Canzorro: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Notas: +control autoridades using AWB
Liña 15: Liña 15:


{{Elementos da arquitectura eclesiástica}}
{{Elementos da arquitectura eclesiástica}}

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Elementos arquitectónicos]]
[[Categoría:Elementos arquitectónicos]]

Revisión como estaba o 16 de xullo de 2018 ás 12:35

Canzorro da igrexa de San Pedro de Ansemil.

En arquitectura, denomínase canzorro á cabeza da viga que asoma ao exterior e soporta a cornixa ou beirado. Como evolución desta acepción, o termo tamén pode ser usado para designar a peza sen apoio inferior -de calquera material- que soporta os extremos dunha cuberta ou un lintel[1].

Orixinariamente, o canzorro era usado para economizar medios como elemento construtivo para soportar a cornixa aproveitando a propia viga que sustenta o tellado. Pero a súa forma evolucionou para ser empregado como elemento soamente decorativo ata o punto de perder a súa utilidade primitiva, pasando a ser unha peza exenta non portante. Iso derivou en numerosas formas escultóricas, servindo para auxiliar o soporte ou simplemente para embelecer as cubertas exteriores e interiores, ou os linteis dos vans.

Tamén pode recibir o nome de modillón, ou o máis xenérico de ménsula cando non coincide co extremo dunha trabe.

É un dos principais elementos decorativos exteriores das igrexas na arquitectura románica.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para canzorro.