Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m →‎Ligazóns externas: +control autoridades using AWB
Liña 28: Liña 28:
* [http://web.archive.org/web/http://www.cabildodezaragoza.org/basilica/ Cabildo de Zaragoza] {{es}}
* [http://web.archive.org/web/http://www.cabildodezaragoza.org/basilica/ Cabildo de Zaragoza] {{es}}
* [http://web.archive.org/web/http://www.patrimonioculturaldearagon.com/patr/bien/basilica-de-el-Pilar Basílica do Pilar no Portal de Patrimonio Cultural de Aragón] {{es}}
* [http://web.archive.org/web/http://www.patrimonioculturaldearagon.com/patr/bien/basilica-de-el-Pilar Basílica do Pilar no Portal de Patrimonio Cultural de Aragón] {{es}}

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Catedrais de España|Pilar]]
[[Categoría:Catedrais de España|Pilar]]

Revisión como estaba o 16 de xullo de 2018 ás 11:33

Coordenadas: 41°39′24″N 0°52′42″O / 41.65657735, -0.87836981

Vista do conxunto
A Basílica do Pilar xunto ao río Ebro.

A Catedral-Basílica de Nosa Señora do Pilar de Zaragoza é un importante templo barroco situado na cidade de Zaragoza, en Aragón, xunto ao río Ebro.

Segundo a tradición, trátase do primeiro templo mariano da Cristiandade, posto que nel se conserva e venera o piar -en realidade, unha columna de xaspe- que foi posto pola Virxe María quen, vivindo aínda en Xerusalén, se tería aparecido en carne mortal ao apóstolo Santiago o 2 de xaneiro do ano 40. Documentalmente non hai probas do consignado na tradición, cuxos pormenores datan de 1297 (nunha bula do papa Bonifacio VIII) e 1299 (nunha declaración dos Xurados de Zaragoza), onde por primeira vez se testemuña a advocación de «Santa María do Pilar», tras emprender en 1293 o bispo Hugo de Mataplana unha rehabilitación do edificio que ameazaba ruína, grazas ás doazóns propiciadas pola mencionada bula papal.

A historia documentada do templo remóntase ao século IX, cando segundo a Historia do traslado de San Vicente de Aimoino, se testemuña a existencia dunha igrexa mozárabe en Saraqusta dedicada a Santa María no mesmo lugar no que actualmente se encontra a basílica barroca. En torno a este templo articulábase unha das comunidades de cristiáns da cidade.

Arquitectonicamente, o templo articúlase en tres naves, de igual altura, cubertas con bóvedas de canón, nas que se intercalan cúpulas e bóvedas de prato, que descansan sobre robustos piares. O exterior é de ladrillo, seguindo a tradición de construción en ladrillo aragonesa, e o interior revogado en estuco. A nave central áchase dividida pola presenza do altar maior baixo a cúpula central. O altar está presidido polo gran retablo maior da Asunción, pertencente á Igrexa anterior, realizado polo escultor Damián Forment no século XVI, seguindo os modelos impostos do retablo gótico da veciña catedral zaragozana do Salvador (A Seo). Baixo as outras dúas cúpulas elípticas da nave central, dispúxose a Santa Capela da Virxe do Pilar, e o coro e órgano, que tamén procedían da igrexa gótica predecesora. Actualmente encóntranse desprazados ao tramo dos pés do templo, para dotar de maior espazo os fieis que ocupan a nave dende o altar maior.

O Pilar ostenta o rango de catedral dende a Bula de Unión de 1676, compartindo dende entón a sede do arcebispo de Zaragoza coa veciña catedral do Salvador. En 1948, o Papa Pío XII concedeulle o título de Basílica. É ademais dende 2007, un dos 12 Tesouros de España.[Cómpre referencia]

Galería de imaxes

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas