Bandeira de Iugoslavia: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Flag_of_the_Kingdom_of_Yugoslavia.svg" por "Flag_of_Yugoslavia_(1918–1943).svg" segundo o ordenou [[commons:User:Commons
m →‎Outros artigos: +control autoridades using AWB
Liña 48: Liña 48:
*[[Bandeira de Eslovenia]]
*[[Bandeira de Eslovenia]]
*[[Bandeira de Kosovo]]
*[[Bandeira de Kosovo]]

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Bandeiras|Iugoslavia]]
[[Categoría:Bandeiras|Iugoslavia]]

Revisión como estaba o 16 de xullo de 2018 ás 11:24

Bandeira do Reino de Iugoslavia

A Bandeira de Iugoslavia describe as bandeiras utilizadas no Reino de Iugoslavia e na República Federal Socialista de Iugoslavia.

Reino de Iugoslavia

A bandeira nacional e a bandeira civil do antiga Reino de Iugoslavia é azul, branca e vermella en sentido horizontal cun mastro vertical.[1] A bandeira tiña as mesmas cores ca bandeira paneslava aprobada na Conferencia Pan-eslava de Praga en 1848.

A bandeira naval do Reino de Iugoslavia era de cor azul, branco e vermello co escudo simplificado, nun terzo da lonxitude enseña estará o escudo coa coroa. A altura do escudo e da coroa será a metade da altura da enseña.[2][3]

As bandeiras do Reino foron de uso oficial dende 1922 até que o Reino de Iugoslavia foi ocupado polas potencias do Eixo durante a Segunda Guerra Mundial (1941). Despois diso, a bandeira foi utilizada polo Goberno Real no exilio, os representantes diplomáticos, e o Aliados até 1945. Durante a Segunda Guerra Mundial, o Real Exército Iugoslavo na Patria (tamén coñecido como chetniks) utilizou esta bandeira.

Outras bandeiras do Reino de Iugoslavia

República Federal Socialista de Iugoslavia

Bandeira da República Socialista de Yugoslavia
Bandeira dos Partisanos Iugoslavos

A bandeira da antiga República Federal Socialista de Iugoslavia consta de tres franxas horizontais iguais coas cores do paneslavismo, o azul (arriba), o branco e o vermello, cunha estrela vermella con borde amarelo, símbolo do comunismo, no centro da enseña.

Foi creada durante a Segunda Guerra Mundial mediante a substitución do escudo de armas reais na bandeira da pre-guerra do Reino de Iugoslavia pola estrela vermella do comunismo. A primeira bandeira da República Democrática Federal Iugoslavia tiña unha estrela vermella no franxa central da bandeira tricolor. Despois da guerra déuselle a súa forma final coa ampliación da estrela e a inserción dun bordo amarelo.

A bandeira estaba xeralmente acompañada nos edificios oficiais coa bandeiras da república socialista correspondente e a bandeira da Liga dos Comunistas de Iugoslavia. Debido a isto, moitos edificios na antiga Iugoslavia aínda posúen soportes para tres mastros. Unha versión máis pequena da bandeira foi utilizada como bandeira civil, mentres que unha versión alongada ondeaba diante do parlamento iugoslavo.

Outras bandeiras da RFSI

Notas

Véxase tamén

Outros artigos