Almofrei, Cerdedo-Cotobade: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Shyde (conversa | contribucións)
m Actualizo o dato de poboación
m →‎Outros artigos: +control autoridades using AWB
Liña 39: Liña 39:
=== Outros artigos ===
=== Outros artigos ===
* [[Lugares de Cerdedo-Cotobade]]
* [[Lugares de Cerdedo-Cotobade]]

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Parroquias de Cerdedo-Cotobade]]
[[Categoría:Parroquias de Cerdedo-Cotobade]]

Revisión como estaba o 16 de xullo de 2018 ás 10:20

Coordenadas: 42°26′05″N 08°32′57″O / 42.43472, -8.54917

Almofrei
Igrexa de San Lourenzo de Almofrei.
ConcelloCerdedo-Cotobade
Coordenadas42°26′05″N 8°32′57″O / 42.43472222, -8.54916667Coordenadas: 42°26′05″N 8°32′57″O / 42.43472222, -8.54916667{{#coordinates:}}: Non pode haber máis dunha etiqueta primaria por páxina
Área2,5 km²
Poboación257 hab. (2017)
Densidade102,8 hab./km²
Entidades de poboación9
editar datos en Wikidata ]

San Lourenzo de Almofrei é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2010 tiña 268 habitantes (136 homes e 132 mulleres), 8 menos ca en 2007. Dos 9 lugares da parroquia, 5 están habitados.

O topónimo ''Almofrei é de orixe xermánica, indicando o nome gótico latinizado do posesor Ermaufredus, seguramente altomedieval. O xenitivo Ermaufredi evolucionou a Almofrei, que dá nome á súa vez ó río Almofrei.

Patrimonio

A igrexa parroquial, de estilo barroco, está no lugar da Arrotea. Ten planta de cruz latina, e na fachada está San Lourenzo nun fornelo cunha grella na man, baixo as dúas campás e unha espadana. No adro hai tres cruceiros. Tamén conta cun cemiterio.

Sobre o río Almofrei hai unha ponte do século XVI, construída en cantería foi apoiada sobre as propias pedras do río cun arco oxival de 7,70 metros de luz e máis de 10 de altura sobre o leito, era parte do camiño entre Almofrei e Mirón. Ao carón hai un muíño, o número 54 dende o nacemento do río, e único xa que posúe unha vivenda na parte superior e catro rodas en dúas alturas.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Almofrei

Lugares da parroquia de Almofrei no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade

Os Agriños | A Arrotea | As Cachopeiras | A Costa do Outeiro | A Fontenova | A Grosa | Outeiro Redondo | A Pombeira | A Xesteira

Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cerdedo-Cotobade

Aguasantas (Santa María) | Almofrei (San Lourenzo) | Borela (San Martiño) | Carballedo (San Miguel) | Caroi (Santiago) | Castro (Santa Baia) | Cerdedo (San Xoán) | Corredoira (San Gregorio) | Figueiroa (San Martiño) | Folgoso (Santa María) | Loureiro (Santiago) | Parada (San Pedro) | Pedre (Santo Estevo) | Quireza (San Tomé) | Rebordelo (San Martiño) | Sacos (Santa María) | San Xurxo de Sacos (San Xurxo) | Tenorio (San Pedro) | Tomonde (Santa María) | Valongo (Santo André) | Viascón (Santiago)

Véxase tamén

Outros artigos