Aforcado, azorrado e desmembrado: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
creo a partir da ca.wiki
 
m →‎Notas: +control autoridades using AWB
Liña 8: Liña 8:
== Notas ==
== Notas ==
{{Listaref}}
{{Listaref}}

{{Control de autoridades}}


[[Categoría:Métodos de execución]]
[[Categoría:Métodos de execución]]

Revisión como estaba o 16 de xullo de 2018 ás 10:04

Execución de Hugh Despenser o Novo representada nunha obra do cronista francés Jean Froissart.

Aforcado, azorrado e desmembrado (en inglés: hanged, drawn and quartered[1] ou, por veces, hung, drawn and quartered) foi un tipo de execución implantada en Inglaterra a partir do ano 1351 que era aplicada a aqueles que eran considerados culpables de alta traición. Porén, este tipo de castigo foi rexistrado por vez primeira durante o reinado de Henrique III (1216-1272) e do seu sucesor, Eduardo I (1272–1307). Os convictos eren atados a un panel de madeira e azorrados por un cabalo até o lugar da execución, onde eran aforcados (até estar a piques de morrer), emasculados, eviscerados, decapitados e desmembrados (cortados en catro partes). Os restos eran a miúdo expostos en lugares importantes arredor do país, como a ponte de Londres. Por razóns de decencia pública, as mulleres convictas de alta traición eran queimadas na fogueira.

A severidade da sentenza medíase segundo a seriedade do crime. Como se trataba dun ataque contra a autoridade do monarca, a alta traición era considerada un acto deplorable abondo como para esixir o castigo máis extremo para o infractor. Malia que algúns convictos conseguiron a conmutación da pena e acabaron dun xeito menos ignominioso, durante os diversos séculos que se aplicou esta sentenza moitos homes culpables de alta traición foron obxecto desta pena capital. Entre eles cóntanse sacerdotes católicos executados durante a época isabelina e moitos dos involucrados na morte do monarca Carlos I de Inglaterra no ano 1649.

Malia que a lei do Parlamento inglés que define a alta traición aínda fica nos libros estatutarios do Reino Unido, nun longo período de reforma legal do século XIX a sentenza aforcado, azorrado e desmembrado ("hanged, drawn and quartered") foi cambiada por azorrado, afocardo até a morte e decapitado e desmembrado postumamente ("drawing, hanging until dead, and posthumous beheading and quartering"). En 1870, a lei volveuse obsoleta, e en 1998 aboliuse a pena de morte por traición.

Notas

  1. O termo inglés drawn inicialmente referíase ó arrastre do reo por un cabalo cara ó patíbulo antes de ser aforcado. Como isto podía provocar que o prisioneiro non chegase con vida, contra o século XIV en Inglaterra o termo drawn referíase á extracción das vísceras e outras mutilacións, en concreto a capadura, o desmembramento e, finalmente, a decapitación.