Benigno Andrade García: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
ligazóns internas
Coa x co
Liña 13: Liña 13:
}}
}}


'''Benigno Andrade García''', alcumado '''o Foucellas''', nado o [[22 de outubro]] do [[1908]] no lugar das [[As Foucellas, Cabrui, Mesía|Foucellas]], no concello de [[Mesía]], e agarrotado o [[7 de agosto]] de [[1952]], na [[Prisión Provincial]] da [[A Coruña|Coruña]], foi un militante da [[CNT]]<ref name=":0">Máiz, Bernardo; ''op.cit.'' páx. 166</ref> e guerilleiro anti-franquista. Viviu ata 1952 fuxido ata que foi detido no lugar da [[A Costa, A Regueira, Oza-Cesuras|Costa]], en [[Oza-Cesuras]] nun enfrontamento ca Garda Civil.
'''Benigno Andrade García''', alcumado '''o Foucellas''', nado o [[22 de outubro]] do [[1908]] no lugar das [[As Foucellas, Cabrui, Mesía|Foucellas]], no concello de [[Mesía]], e agarrotado o [[7 de agosto]] de [[1952]], na [[Prisión Provincial]] da [[A Coruña|Coruña]], foi un militante da [[CNT]]<ref name=":0">Máiz, Bernardo; ''op.cit.'' páx. 166</ref> e guerilleiro anti-franquista. Viviu ata 1952 fuxido ata que foi detido nos lugar da [[A Costa, A Regueira, Oza-Cesuras|Costa]], en [[Oza-Cesuras]] nun enfrontamento coa Garda Civil.


Benigno Andrade é un dos nomes míticos do [[Maquis (guerrilla antifranquista)|antifranquismo armado]] en [[Galicia]]<ref>''Botarse ao monte'', Francisco Xavier Redondo Abal, Edicios do Castro, serie : Documentos. ISBN 84-8485-231-8 /</ref>.
Benigno Andrade é un dos nomes míticos do [[Maquis (guerrilla antifranquista)|antifranquismo armado]] en [[Galicia]]<ref>''Botarse ao monte'', Francisco Xavier Redondo Abal, Edicios do Castro, serie : Documentos. ISBN 84-8485-231-8 /</ref>.
Liña 43: Liña 43:
=== Bibliografía ===
=== Bibliografía ===
* [[Eduard Pons Prades]]. ''Guerrillas españolas (1936-1960)''. Planeta, Barcelona, [[1977]]. ISBN 84-320-5634-0
* [[Eduard Pons Prades]]. ''Guerrillas españolas (1936-1960)''. Planeta, Barcelona, [[1977]]. ISBN 84-320-5634-0
* [[Francisco Xavier Redondo Abal]] ''Botarse ao monte,Censo de guerrilleros antifranquistas en Galiza (1939-1965)'' , Edicios do Castro, serie : Documentos. ISBN 84-8485-231-8 /
* [[Francisco Xavier Redondo Abal]] ''Botarse ao monte,Censo de guerrilleros antifranquistas en Galiza (1939-1965)'' , Edicios do Castro, serie : Documentos. ISBN 84-8485-231-8 /
* [[Luís Lamela]] ([[1993]]), ''Foucellas - El riguroso relato de una lucha antifranquista (1936-1952)''. A Coruña: Edicios do Castro ISBN 84-7492-608-4
* [[Luís Lamela]] ([[1993]]), ''Foucellas - El riguroso relato de una lucha antifranquista (1936-1952)''. A Coruña: Edicios do Castro ISBN 84-7492-608-4
* Manuel Astray Rivas ([[1992]]), ''Síndrome del 36 - La IV Agrupación del Ejército Guerrillero de Galicia''. A Coruña: Ediciós do Castro ISBN 84-7492-584-3
* Manuel Astray Rivas ([[1992]]), ''Síndrome del 36 - La IV Agrupación del Ejército Guerrillero de Galicia''. A Coruña: Ediciós do Castro ISBN 84-7492-584-3

Revisión como estaba o 14 de xullo de 2018 ás 12:19

Infotaula de personaBenigno Andrade García

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de outubro de 1908
As Foucellas, Mesía
Galicia Galicia
Morte7 de agosto de 1952 (43 anos)
A Coruña, Galicia Galicia
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Garrote Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeGalicia Galego
Ideoloxía políticaAnarquismo Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónMineiro
Membro de
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Pérez


Benigno Andrade García, alcumado o Foucellas, nado o 22 de outubro do 1908 no lugar das Foucellas, no concello de Mesía, e agarrotado o 7 de agosto de 1952, na Prisión Provincial da Coruña, foi un militante da CNT[1] e guerilleiro anti-franquista. Viviu ata 1952 fuxido ata que foi detido nos lugar da Costa, en Oza-Cesuras nun enfrontamento coa Garda Civil.

Benigno Andrade é un dos nomes míticos do antifranquismo armado en Galicia[2].

Traxectoria

As Foucellas, Mesía.

Nacido no lugar das Foucellas, do que tomou o alcume, na parroquia de Cabrui, Mesía. Estudou na escola primaria da localidade e desde moi novo traballou nos labores do campo, de xornaleiro, tamén traballou nunha leitería[3] e na madereira Torres de Curtis. Máis tarde trasladouse a León para traballar nas minas de carbón de Fabero, Ponferrada.

Casado con María Pérez, tivo dous fillos, Josefa e Sergio. A familia vivía en Bodeus, nunha casa fronte á estación de ferrocarril de Curtis. A súa muller traballaba na casa do médico da localidade, Manuel Calvelo, quen xunto coa súa muller Isabel Ríos, dirixían a célula comunista de Curtis, chamada Sociedade Republicana Radio Comunista en Curtis, coa que simpatizaba Foucellas.

Posteriormente afiliado á CNT, ao estalar a guerra civil enrolouse nunha columna que se dirixía á Coruña, para atoparse coa cidade xa tomada polos grupos golpistas, polo que retornou a Curtis. Interveu nunha requisa de armas en Fisteus e noutra de dinamita na estación de Teixeiro e, temendo represalias dos sectores fascistas, botouse ao monte. Durante a guerra estivo enfermo de difteria e pasouna convalecente e escondido en diversos lugares do concello. Durante ese tempo foi chamado a filas e declarado prófugo.

Xa recuperado e aínda non buscado activamente pola Garda Civil, púxose á fronte, sobre o ano 1941, dunha partida guerrilleira que actuaba sobre todo na zona de Sobrado dos Monxes e Arzúa, formada principalmente por prisioneiros republicanos fuxidos dos batallóns de castigo disciplinario que existían naquela época en Galicia. Coa súa propia arma, é ferido en 1945. Os amigos lévano ao sanatorio de San Nicolás, na Coruña, onde é operado e resgardado. É por esta altura cando se conta que ía a Riazor ver o Deportivo vestido de crego para evitar sospeitas. Benigno Andrade participa do Exército Guerrilleiro de Galicia. En 1947 parte para Pontevedra, para organizar a Vª Agrupación[1], da que foi o principal combatente. En outubro de 1949 escapa a unha emboscada da Garda Civil tendida a Riqueche, xefe do destacamento Cortizas.

Fusil de Foucellas de 1952, no Museo Militar da Coruña.

Nos anos 1950 e 51, xa moi minguados os destacamentos guerrilleiros, trasládase á zona de Betanzos, en compañía de Manuel Vilar Arnoso, Manolito, que lle servía de único enlace. O 9 de marzo de 1952 é detido no lugar da Costa, en Oza dos Ríos, resultando mortos Manolito e outro guerrilleiro, e o Garda Civil Cesáreo Díez; e ferido nunha perna Benigno.

Terribelmente torturado pola Garda Civil, confesou a axuda que lle prestaran moitos alcaldes dereitistas da zona. Foi xulgado en consello de guerra o 26 de xuño de 1952 e condenado a morte, sentenza executada o 7 de agosto do mesmo ano, na prisión da Coruña, mediante garrote vil e sendo soterrado nunha fosa común do cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

As últimas palabras aos seus fillos antes de morrer foron:

Morro polas miñas ideas e por defender a liberdade e un goberno lexitimamente elixido.
O Foucellas[4]

A vida de Benigno Andrade está escurecida pola lenda forxada polo pobo, que lle atribuíu toda clase de actos, até o extremo de que os guerrilleiros galegos foron chamados "Foucellas" en xeral. Atribuíronselle multitude de actuacións, aínda que é certo que moitos bandoleiros e delincuentes comúns culpaban a Foucellas dos seus propios crimes, debido á súa gran fama.

Notas

  1. 1,0 1,1 Máiz, Bernardo; op.cit. páx. 166
  2. Botarse ao monte, Francisco Xavier Redondo Abal, Edicios do Castro, serie : Documentos. ISBN 84-8485-231-8 /
  3. http://www.vieiros.com/nova/24049/o-foucellas-guerrilleiro-e-mito-popular
  4. Rivera Rey, Alberto. "Foucellas, o mito que se apagou hai 60 anos". Consultado o 29 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas