Fondo Monetario Internacional: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios using AWB
Elisardojm (conversa | contribucións)
tradución de es.wiki
Liña 5: Liña 5:
A condicións esixidas polo FMI para a concesión de empréstimos suscitaron unha serie de críticas nos últimos anos. O Fondo Monetario Internacional é, de feito, un dos piares da [[globalización]] económica e dos promotores do denominado [[Consenso de Washington]].
A condicións esixidas polo FMI para a concesión de empréstimos suscitaron unha serie de críticas nos últimos anos. O Fondo Monetario Internacional é, de feito, un dos piares da [[globalización]] económica e dos promotores do denominado [[Consenso de Washington]].


== Creación ==
== Fins estatutarios do FMI ==
[[Ficheiro:1900 Pennsylvania Avenue.JPG|miniatura|A segunda sede.]]
No artigo 1º do Acordo Constitutivo están definidos os obxectivos do FMI:
O FMI foi creado en xullo de 1944 durante a conferencia de acordos de Bretton Woods a fin de garantir a estabilidade do [[Sistema Monetario Internacional]] despois da [[Segunda Guerra Mundial]]. Comezou a existir oficialmente o 27 de decembro de 1945, cando os primeiros 29 países [[ratificación|ratificaron]] o convenio correspondente.<ref>{{cite book|page=79|url=https://books.google.com/books?id=alysnLedf5oC&pg=PA79|title=International Financial Management|isbn=9789381141076|author1=Somanath|first1=V. S.|date=1 de febreiro de 2011}}</ref>
* Promover a cooperación monetaria internacional,
Entre os seus obxectivos estaba impedir que as grandes potencias económicas caesen de novo na [[Gran Depresión|situación dos anos 30]], durante un período onde as desvalorizacións da moeda e as decisións sobre políticas económicas crearan enormes tensións internacionais.
* Facilitar a expansión do [[comercio internacional]],

* Promover a estabilidade e a orde dos rendementos dos cambios, evitando [[devaliación]]s competitivas,
A nova orde económica que propuña o representante estadounidense e, segundo se soubo máis tarde, comunista e espía da Unión Soviética,<ref>{{Cita web|url=http://www.libertaddigital.com/opinion/francisco-cabrillo/harry-dexter-white-un-comunista-en-el-fmi-16988/|título=Francisco Cabrillo - Harry Dexter White: un comunista en el FMI|dataacceso=17 de marzo de 2016|sitioweb=Libre Mercado}}</ref>[[Harry Dexter White]], baseábase en tres regras:
* Dar confianza aos Estados membros facendo dispoñíbeis, con adecuadas garantías, os recursos do Fondo para afrontar dificultades da balanza dos pagamentos,

* En relación co fin anterior, abreviar a duración e reducir a medida dos equilibrios das balanzas dos pagamentos dos Estados membros.
*Cada Estado debía definir a súa moeda en relación co ouro ou co dólar estadounidense.
*O valor da moeda debía flutuar unicamente nunha marxe de 1&nbsp;% con relación á súa paridade oficial.
*Cada Estado estaba encargado de defender esta paridade velando polo equilibrio da balanza de pagos.

Por tanto, o papel do sistema monetario internacional é promover a ortodoxia monetaria para que se manteña un contexto favorable ao desenvolvemento do comercio mundial, tras conceder préstamos a algúns países en dificultades no contexto da reconstrución despois da [[Segunda Guerra Mundial]]. Segundo os seus estatutos, os seus obxectivos son «fomentar a cooperación monetaria internacional; facilitar a expansión e o crecemento equilibrado do comercio internacional; fomentar a estabilidade cambiaria; contribuír a establecer un sistema multilateral de pagos para as transaccións correntes entre os países membros e eliminar as restricións cambiarias que dificulten a expansión do comercio mundial; dar confianza aos países membros poñendo á súa disposición temporalmente e coas garantías adecuadas os recursos do Fondo, dándolles así oportunidade de que corrixan os desequilibrios das súas balanzas de pagos sen recorrer a medidas prexudiciais para a prosperidade nacional ou internacional, para acurtar a duración e minorar o desequilibrio das súas balanzas de pagos».<ref>[http://www.imf.org/external/spanish/pubs/ft/aa/aa.pdf Convenio constitutivo del FMI.]</ref>

O FMI é máis ou menos, complementario doutras grandes institucións económicas da época como o [[Banco Mundial]], o [[Banco Internacional de Reconstrución e Fomento|BIRD]] (Banco Internacional de Reconstrución e Desenvolvemento), creados ao mesmo tempo, e o Acordo Xeral sobre Aranceis [[Acordo Xeral sobre Aranceis Aduaneiros e Comercio|GATT]] asinado pouco tempo despois.

Durante as negociacións de Bretton Woods, o representante británico, o economista [[John Maynard Keynes]], suxeriu a creación dunha institución máis importante, unha verdadeira Banca Central Mundial que emitise unha moeda internacional, o "Bancor". Esta proposición foi rexeitada porque significaría para os [[Estados Unidos]], unha perda da súa influencia co dólar.


== Estrutura organizativa do FMI ==
== Estrutura organizativa do FMI ==

Revisión como estaba o 11 de xullo de 2018 ás 11:47

Sede do FMI, Washington

O Fondo Monetario Internacional (en inglés International Monetary Fund, que acostuma abreviarse como FMI en galego e como IMF en inglés) é, xunto co Banco Mundial, unha das organizacións internacionais denominadas de Bretton Woods, así ditas pola sede da Conferencia que sancionou a súa creación. O Acordo Constitutivo adquiriu eficacia en 1945 e ambas organizacións naceron en maio de 1946. Actualmente os Estados membros son 184. O FMI configúrase como unha institución especializada das Nacións Unidas. A súa sede radica en Washington (Estados Unidos de América).

A condicións esixidas polo FMI para a concesión de empréstimos suscitaron unha serie de críticas nos últimos anos. O Fondo Monetario Internacional é, de feito, un dos piares da globalización económica e dos promotores do denominado Consenso de Washington.

Creación

A segunda sede.

O FMI foi creado en xullo de 1944 durante a conferencia de acordos de Bretton Woods a fin de garantir a estabilidade do Sistema Monetario Internacional despois da Segunda Guerra Mundial. Comezou a existir oficialmente o 27 de decembro de 1945, cando os primeiros 29 países ratificaron o convenio correspondente.[1] Entre os seus obxectivos estaba impedir que as grandes potencias económicas caesen de novo na situación dos anos 30, durante un período onde as desvalorizacións da moeda e as decisións sobre políticas económicas crearan enormes tensións internacionais.

A nova orde económica que propuña o representante estadounidense e, segundo se soubo máis tarde, comunista e espía da Unión Soviética,[2]Harry Dexter White, baseábase en tres regras:

  • Cada Estado debía definir a súa moeda en relación co ouro ou co dólar estadounidense.
  • O valor da moeda debía flutuar unicamente nunha marxe de 1 % con relación á súa paridade oficial.
  • Cada Estado estaba encargado de defender esta paridade velando polo equilibrio da balanza de pagos.

Por tanto, o papel do sistema monetario internacional é promover a ortodoxia monetaria para que se manteña un contexto favorable ao desenvolvemento do comercio mundial, tras conceder préstamos a algúns países en dificultades no contexto da reconstrución despois da Segunda Guerra Mundial. Segundo os seus estatutos, os seus obxectivos son «fomentar a cooperación monetaria internacional; facilitar a expansión e o crecemento equilibrado do comercio internacional; fomentar a estabilidade cambiaria; contribuír a establecer un sistema multilateral de pagos para as transaccións correntes entre os países membros e eliminar as restricións cambiarias que dificulten a expansión do comercio mundial; dar confianza aos países membros poñendo á súa disposición temporalmente e coas garantías adecuadas os recursos do Fondo, dándolles así oportunidade de que corrixan os desequilibrios das súas balanzas de pagos sen recorrer a medidas prexudiciais para a prosperidade nacional ou internacional, para acurtar a duración e minorar o desequilibrio das súas balanzas de pagos».[3]

O FMI é máis ou menos, complementario doutras grandes institucións económicas da época como o Banco Mundial, o BIRD (Banco Internacional de Reconstrución e Desenvolvemento), creados ao mesmo tempo, e o Acordo Xeral sobre Aranceis GATT asinado pouco tempo despois.

Durante as negociacións de Bretton Woods, o representante británico, o economista John Maynard Keynes, suxeriu a creación dunha institución máis importante, unha verdadeira Banca Central Mundial que emitise unha moeda internacional, o "Bancor". Esta proposición foi rexeitada porque significaría para os Estados Unidos, unha perda da súa influencia co dólar.

Estrutura organizativa do FMI

Os órganos principais do FMI son o Consello de Gobernadores (Board of Governors) de composición plenaria; o Consello Executivo ), composto de 24 Directores Executivos (Executive Directors) e o Director Operativo (Managing Director). O Consello de Gobernadores reúnese, por norma, unha vez ao ano e as súas funcións son en boa medida delegadas ao Consello Executivo, que é permanente.

Dos membros do Consello Executivo 5 son permanentes e pertencen aos 5 Estados que contribúen coa maior cota ao Fondo (Estados Unidos, Xapón, Alemaña, Francia e o Reino Unido), entanto os outros son elixidos polo Consello dos Gobernadores a partir dun sistema de reagrupamentos de países (non necesariamente sobre base rexional).

O Director Operativo é elixido polo Consello Executivo e presídeo.

O FMI dispón dun capital posto a disposición dos seus membros e o voto dentro dos seus órganos é ponderado, en razón da cota devengada ao Fondo. Isto fai que, para tomar as decisións máis importantes, son precisas maiorías moi altas (os 2/3 ou os 3/4 dos votos); os Estados Unidos de América e o grupo dos principais países da Unión Europea posúen de feito o poder de veto.

Diferenzas entre o FMI e o Banco Mundial

Hai certa confusión entre o FMI e o Banco Mundial. O FMI está encargado dos balances comerciais dos Estados membros con auditoría independente, ademais das funcións sinaladas arriba. O Banco Mundial, fai empréstimos a longo prazo, con propósitos xerais; como banco de investimento é un intermediario entre os solicitantes (gobernos ou países) e os prestatarios (corporacións ou individuos). O FMI só realiza empréstimos cando os seus países membros necesitan estabilizar as súas economías ou as taxas de cambio con certa rapidez, e estes empréstimos han ser pagados nun prazo de 5 anos.

Directores administrativos

Non é unha regra oficial, mais os directores administrativos do FMI acostuman ser europeos, e o presidente do Banco Mundial, norteamericano.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

  1. Somanath, V. S. (1 de febreiro de 2011). International Financial Management. p. 79. ISBN 9789381141076. 
  2. "Francisco Cabrillo - Harry Dexter White: un comunista en el FMI". Consultado o 17 de marzo de 2016.  Parámetro descoñecido |sitioweb= ignorado (suxírese |páxina-web=) (Axuda)
  3. Convenio constitutivo del FMI.