Convención sobre os Dereitos do Neno: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios, +{{Control de autoridades}}
→‎Historia: Organización non gobernamental
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 13: Liña 13:
*[[1959]]: A [[Declaración dos Dereitos do Neno]] é adoptada por unanimidade. Con todo, este texto non é de cumprimento obrigatorio para os Estados.
*[[1959]]: A [[Declaración dos Dereitos do Neno]] é adoptada por unanimidade. Con todo, este texto non é de cumprimento obrigatorio para os Estados.
*[[1979]]: Celébrase o Ano Internacional do Neno. Realízanse actividades conmemorando o vixésimo aniversario da Declaración dos Dereitos do Neno.
*[[1979]]: Celébrase o Ano Internacional do Neno. Realízanse actividades conmemorando o vixésimo aniversario da Declaración dos Dereitos do Neno.
*[[1983]]: Diversas [[ONG|organizacións non gobernamentais]] organízanse para elaborar unha Convención Internacional sobre os Dereitos do Neno, tendo un estatuto de consulta xunto coas Nacións Unidas.
*[[1983]]: Diversas [[Organización non gobernamental|organizacións non gobernamentais]] organízanse para elaborar unha Convención Internacional sobre os Dereitos do Neno, tendo un estatuto de consulta xunto coas Nacións Unidas.
*[[1989]]: A Convención sobre os Dereitos do Neno é adoptada pola Asemblea Xeral da ONU e aberta á firma e ratificación por parte dos Estados.
*[[1989]]: A Convención sobre os Dereitos do Neno é adoptada pola Asemblea Xeral da ONU e aberta á firma e ratificación por parte dos Estados.
*[[1990]]: Celébrase o Cume Mundial de Presidentes en favor da infancia. No devandito cume apróbase o Plan de Acción para o decenio [[1990]]-[[2000]], o cal serve de marco de referencia para os Plans Nacionais de Acción en cada Estado parte da Convención.

Revisión como estaba o 10 de xullo de 2018 ás 23:19

A Convención sobre os Dereitos do Neno é un tratado internacional das Nacións Unidas sobre os dereitos do neno, que posúe 54 artigos que recoñecen que todas as persoas menores de 18 anos teñen dereito a ser protexidos e a desenvolverse e participar activamente na sociedade, establecendo que os nenos son suxeitos de dereito. Foi adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 20 de novembro de 1989.

É o tratado internacional que reune ao maior número de Estados partes. Foi ratificada por todos os Estados do mundo, fóra de Somalia e Estados Unidos de América, este último fundamentalmente debido á prohibición da aplicación da pena de morte a nenos que contén esta convención.

Historia

Principios fundamentais

  • Participación: os nenos, como persoas e suxeitos de dereito, poden e deben expresar as súas opinións nos temas que os afecten. As súas opinións deben ser escoitadas e tomadas en conta para a axenda política, económica ou educativa dun país. Deste xeito créase un novo tipo de relación entre os nenos, nenas e adolescentes e quen toman as decisións por parte do Estado e a Sociedade Civil.
  • Supervivencia e desenvolvemento: as medidas que tomen os Estados Parte para preservar a vida e a calidade de vida dos nenos deben garantir un desenvolvemento harmónico no aspecto físico, espiritual, psicolóxico, moral e social dos nenos, considerando as súas aptitudes e talentos.
  • Interese superior do neno: cando as institucións públicas ou privadas, autoridades, tribunais ou calquera outra entidade deba tomar decisións respecto dos nenos e nenas, deben considerar aquelas que lles ofrezan o máximo benestar.
  • Non discriminación: ningún neno debe ser prexudicado de modo algún por motivos de raza, credo, cor, xénero, idioma, caste, situación ao nacer ou por padecer algún tipo de impedimento físico

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas