Xunqueira de Ambía: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito poboación, obtido de wikidata
Sen resumo de edición
Liña 37: Liña 37:
| facebook =
| facebook =
}}
}}
'''Xunqueira de Ambía''' é un concello da [[provincia de Ourense]], pertencente á [[comarca de Allariz - Maceda]]. Segundo o IGE en [[2014]] tiña 1.546 habitantes <small>(1.863 no [[2006]], 1.901 no [[2005]], 1.934 no [[2004]], 1.997 no [[2003]])</small>. O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é {{Dic|xunqueirao}}.
'''Xunqueira de Ambía''' é un concello da [[provincia de Ourense]], pertencente á [[comarca de Allariz - Maceda]]. Segundo o IGE en [[2017]] tiña 1.438 habitantes <small>(1.863 no [[2006]], 1.901 no [[2005]], 1.934 no [[2004]], 1.997 no [[2003]])</small>. O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é {{Dic|xunqueirao}}.


== Demografía ==
== Demografía ==
Liña 43: Liña 43:
{| {{Táboabonita}}
{| {{Táboabonita}}
|----
|----
! Censo en 2014
! Censo en 2017
! Habitantes
! Habitantes
! Homes
! Homes
Liña 49: Liña 49:
|----
|----
| Menores de 16 anos
| Menores de 16 anos
|align="center" | 94 (6.08 %)
|align="center" | 97 (6.75 %)
|align="right" | 43
|align="right" | 44
|align="right" | 51
|align="right" | 53
|----
|----
| Entre 16 e 64 anos
| Entre 16 e 64 anos
|align="center" | 785 (50.78 %)
|align="center" | 719 (50 %)
|align="right" | 432
|align="right" | 395
|align="right" | 353
|align="right" | 324
|----
|----
| Maiores de 64 anos
| Maiores de 64 anos
|align="center" | 667 (43.14 %)
|align="center" | 622 (43.25 %)
|align="right" | 302
|align="right" | 282
|align="right" | 365
|align="right" | 340
|----
|----
! Total
! Total
! 1.546
! 1.438
! 777
! 721
! 769
! 717
|}
|}



Revisión como estaba o 10 de xullo de 2018 ás 22:29

Coordenadas: 42°12′17″N 07°44′07″O / 42.20472, -7.73528

Xunqueira de Ambía
Escudo de Xunqueira de Ambía
Casa do Concello.
Santa María de Xunqueira de Ambía .
Casa do Concello e Igrexa do Monteiro de Santa María
Situación
Xentilicio[1]xunqueirao
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca de Allariz - Maceda
Poboación1.368 hab. (2023)[2][3]
Área60,2 km²[3]
Densidade22,72 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias e 40 lugares[4]
Capital do concelloXunqueira de Ambía
Política (2015)
AlcaldeJosé Luis Gavilanes Losada (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 0
Outros: IX 2
Eleccións municipais en Xunqueira de Ambía
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes87,35%
Na rede
www.xunqueiradeambia.org
editar datos en Wikidata ]

Xunqueira de Ambía é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Allariz - Maceda. Segundo o IGE en 2017 tiña 1.438 habitantes (1.863 no 2006, 1.901 no 2005, 1.934 no 2004, 1.997 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é xunqueirao.

Demografía

Censo en 2017 Habitantes Homes Mulleres
Menores de 16 anos 97 (6.75 %) 44 53
Entre 16 e 64 anos 719 (50 %) 395 324
Maiores de 64 anos 622 (43.25 %) 282 340
Total 1.438 721 717
Evolución da poboación de Xunqueira de Ambía   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4.208 4.369 4.981 3.031 1.934 1.789 1.697 1.649 1.620 1.546
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 60,2 km², abrangue seis parroquias. Limita ó norte con Baños de Molgas, ó sur con Sandiás, ó leste con Vilar de Barrio e Sarreaus, e ó oeste con Allariz e Paderne de Allariz. O municipio está atravesado polo río Arnoia. No Baniño hai augas termais que nacen a 18 °C, e no Porteiro están a poza de Santa Lucía e a poza do Malladoiro.

Historia

Hai restos megalíticos. Da cultura castrexa consérvanse os poboados de Cerdeira e A Medorra. Trala romanización de Galicia construíuse a Vía Nova (vía XVIII no itinerario de Antonino) entre Braga e Astorga que atravesaba a zona. Dela consérvase un miliario, trasladado a carón da casa consistorial.

Segundo a tradición, no século IV apareceuse a Virxe María nunha xunqueira (de onde procedería o nome a poboación), e no lugar construíuse unha ermida. Entre os séculos VIII e X naceu o Mosteiro de Santa María, e en 1164, por orde do rei Fernando II de León, comezou a construírse a colexiata de Santa María a Real, de arquitectura románica, declarada Ben de Interese Cultural en 1931. Foi no século XII, co mosteiro estivo a cargo da Orde de Santo Agostiño, cando acadou o seu maior esplendor. O claustro actual é do século XVI.

A calzada romana deu pé a unha variante da Vía da Prata do Camiño de Santiago, que entra no concello pola aldea de Bobadela parroquia de Bobadela a Pinta) e percorre os lugares de Padroso, Cima de Vila (parroquia da Abeleda), Quintela, Xunqueira de Ambía (na rúa Asdrúbal Ferreiro hai un albergue de peregrinos de 24 prazas)[6], San Xillao (parroquia de Xunqueira de Ambía), A Pousa, Salgueiros e Os Casares (parroquia de Armariz). En 1541 o prior do mosteiro, Alonso de Piña, fundou un hospital de peregrinos.

Patrimonio

Amais da xa mencionada colexiata, en Salgueriros hai un peto de ánimas de comezos do s. XIX.[7]

Galería de imaxes

Parroquias

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Xunqueira de Ambía

A Abeleda (San Vicente) | Armariz (San Salvador) | Bobadela a Pinta (Santa Mariña) | A Graña (Santiago) | Sobradelo (San Román) | Xunqueira de Ambía (Santa María a Real)

Lugares de Xunqueira de Ambía

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xunqueira de Ambía vexa: Lugares de Xunqueira de Ambía.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Xunqueira de Ambía".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. Albergue de peregrinos de Xunqueira de Ambía en Turgalicia.
  7. Peto de Ánimas de Salgueiros en Turgalicia.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas