Vilar de Santos: Diferenzas entre revisións
aumentado desde as referencias indicadas |
Sen resumo de edición |
||
Liña 41: | Liña 41: | ||
web= {{URL|http://www.vilardesantos.gal/|vilardesantos.gal}}| |
web= {{URL|http://www.vilardesantos.gal/|vilardesantos.gal}}| |
||
}} |
}} |
||
'''Vilar de Santos''' é un concello da [[provincia de Ourense]], pertencente á [[comarca da Limia]]. Segundo o [[IGE]] en [[ |
'''Vilar de Santos''' é un concello da [[provincia de Ourense]], pertencente á [[comarca da Limia]]. Segundo o [[IGE]] en [[2017]] tiña 850 habitantes <small>(1.001 en [[2003]])</small>. O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é «{{Dic|vilasantés}}». |
||
== Poboación == |
== Poboación == |
||
Liña 47: | Liña 47: | ||
|----- |
|----- |
||
! Censo total |
! Censo total |
||
! |
! 850 <sup>(2017)</sup> |
||
|----- |
|----- |
||
| Menores de 15 anos |
| Menores de 15 anos |
||
| |
| 64 (7.53 %) |
||
|----- |
|----- |
||
| Entre 15 e 64 anos |
| Entre 15 e 64 anos |
||
| |
| 459 (54 %) |
||
|----- |
|----- |
||
| Maiores de 65 anos |
| Maiores de 65 anos |
||
| |
| 327 (38.47 %) |
||
|} |
|} |
||
Revisión como estaba o 10 de xullo de 2018 ás 22:22
Coordenadas: 42°5′8″N 7°47′48″O / 42.08556, -7.79667
Vilar de Santos | |
---|---|
Casa do Concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | vilasantés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca da Limia |
Poboación | 792 hab. (2023)[2][3] |
Área | 20,7 km²[3] |
Densidade | 38,26 hab./km² |
Entidades de poboación | 2 parroquias[4] |
Política (2015) | |
Alcalde | Xoán Xardón (CxG) |
Concelleiros | PPdeG: 0 PSdeG-PSOE: 0 Outros: CxG-CCTT 7 |
Eleccións municipais en Vilar de Santos | |
Uso do galego[5] (2011) | |
Galegofalantes | 88,90% |
Na rede | |
vilardesantos.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Vilar de Santos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2017 tiña 850 habitantes (1.001 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilasantés».
Poboación
Censo total | 850 (2017) |
---|---|
Menores de 15 anos | 64 (7.53 %) |
Entre 15 e 64 anos | 459 (54 %) |
Maiores de 65 anos | 327 (38.47 %) |
Evolución da poboación de Vilar de Santos Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
1514 | 1592 | 1792 | 1967 | 1004 | 991 | 942 | 922 | 923 | 922 | |||||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia
No territorio do concello consérvanse restos prehistóricos como mámoas e castros en Laioso, Mosqueiro, Vilar de Santos e Saa. Da pegada desa época consérvanse topónimos como Pedra da Anta, o Penedo da Moura ou A Cidá[6]. A arracada de Vilar de Santos, conservada no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, é unha peza de ourivaría de ouro decorada con varios patos. Foi descuberta en 1924 por Benito Saburido en Albariño. Pasou a mans do cura párroco de Vilar de Santos, Marcelino Feiria, quen a vendeu ao Museo en 1979.[7] A zona estivo habitada pola tribo dos Límicos até a romanización de Galicia. Pola parte sur do concello cruzaba a Vía Nova do itinerario de Antonino, que unía Braga con Astorga. En Parada de Outeiro había unha Villa romana.
Tanto a igrexa parroquial de Vilar de Santos como a de Parada de Outeiro conservan arquitectura románica. Durante o Antigo Réxime o territorio dependía da xurisdición de Sandiás. Vilar de Santos, Saá e As Casas da Veiga pertencían á Encomenda da Orde de Santiago, Parada ao señorío do Marqués de Malpica e Laioso ao señorío de Ozores e Soutomaior. En 1836, trala división territorial de España en 1833, constituíuse o concello de Vilar de Santos.
En 1992 inaugurouse o Museo Comarcal da Limia[8], na vella casa reitoral de Vilar de Santos. En 1998 creouse o Parque empresarial de Santa Marta, e tamén nesa época iniciouse a recuperación da aldea de Saa para o seu aproveitamento turístico. En 2005 Vilar de Santos foi recoñecido pola UNESCO como Reserva da biosfera Área de Allariz xunto cos concellos de Allariz, Rairiz de Veiga e A Bola[9].
O concello está atravesado pola estrada OU-531 entre Xinzo de Limia e Celanova, parte da antiga C-531.
Política
Desde o ano 2007 o alcalde é Xoán Xardón.
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Vilar de Santos.
-
Igrexa de Santa María de Parada de Outeiro.
Parroquias
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Vilar de Santos | |
---|---|
Parada de Outeiro (Santa María) | Vilar de Santos (San Xoán) |
Lugares de Vilar de Santos
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Vilar de Santos vexa: Lugares de Vilar de Santos.
Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Vilar de Santos".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Historia, na web do concello de Vilar de Santos.
- ↑ Rodríguez González, X. (2004):, Arracada de Vilar de Santos, peza do mes do Museo Arqueolóxico de Ourense.
- ↑ Museo da Limia, web oficial.
- ↑ Reserva da Biosfera “Área de Allariz”, na web do concello de Vilar de Santos.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vilar de Santos |
Ligazóns externas
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |