Sergio Sauca: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎Ligazóns externas: Arranxos varios
Liña 24: Liña 24:
{{imdb nome|2142643}}
{{imdb nome|2142643}}


{{ORDENAR:Sauca, Sergio}}
{{Control de autoridades}}
{{Control de autoridades}}


{{ORDENAR:Sauca, Sergio}}
[[Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid]]
[[Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid]]
[[Categoría:Presentadores de televisión de España]]
[[Categoría:Presentadores de televisión de España]]

Revisión como estaba o 9 de xullo de 2018 ás 22:05

Infotaula de personaSergio Sauca

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento22 de xaneiro de 1963 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , presentador de televisión Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTelevisión Española Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm2142643 Editar o valor em Wikidata

Sergio Sauca Carrera, nado en Madrid o 22 de xaneiro de 1963, é un xornalista español.

Biografía

Especializado en información deportiva, licenciouse en Ciencias da Información, rama Xornalismo, pola Universidade Complutense de Madrid. A súa primeira experiencia laboral foi en Radio España en 1983, cando aínda non finalizara os seus estudos universitarios.

En 1987 ingresa en Televisión Española, presentando o espazo Teledeporte. Posteriormente, entre 1990 e 1993, fíxose cargo da información deportiva da primeira edición do Telediario.

Desde 1993 estivo vinculado á Liga de Campións de fútbol, desenvolvendo labores de presentador, editor ou comentarista de partidos. Entre outros eventos deportivos, realizou a cobertura dos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992, Atlanta 1996, Atenas 2004 e Pequín 2008, e dos Campionatos do Mundo de Fútbol de Estados Unidos 1994, Francia 1998, Alemaña 2006 e Suráfrica 2010; as Eurocopas de Inglaterra 1996 e Bélxica-Holanda 2000 e de varias Copas Davis de tenis.

Desde 1997 presentou a franxa de deportes do Telediario, na edición de fin de semana ata setembro de 2009 e na segunda edición diaria desde esa data ata o verán de 2012. Tras uns meses en retransmisións deportivas (Champions League), en xaneiro de 2013 o seu rostro regresou ao informativo diario, neste caso, á edición das 15 horas, presentada por Ana Blanco.[1]

En canto ás súas colaboracións en prensa escrita, a lista de publicacións inclúe El Semanal, El Mundo e Ronda Iberia.

E polo que se refire ás colaboracións radiofónicas, colabora no programa dirixido e presentado por Pepa Fernández No es un día cualquiera (en Radio Nacional de España), nas súas edicións do sábado.

Formou parte activa dos equipos de traballo que conseguiron dous premios Ondas, en 1992 con motivo da cobertura dos Xogos Olímpicos e en 2011, aos Servizos Informativos de TVE.

Notas

  1. El País, ed. (26 de decembro de 2012). "Marcos López pasa a la segunda edición del Telediario" (en castelán). 

Véxase tamén

Ligazóns externas