Tomás Fernández-Couto: Diferenzas entre revisións
m engado a Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes mediante HotCat |
m →Traxectoria: Arranxos varios |
||
Liña 13: | Liña 13: | ||
{{ORDENAR:Fernandezcouto Juanas}} |
{{ORDENAR:Fernandezcouto Juanas}} |
||
[[Categoría:Políticos do PPdeG]] |
[[Categoría:Políticos do PPdeG]] |
||
[[Categoría:Nados en Ferrol]] |
[[Categoría:Nados en Ferrol]] |
||
[[Categoría:Nados en 1960]] |
[[Categoría:Nados en 1960]] |
||
[[Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid]] |
[[Categoría:Alumnos da Universidade Politécnica de Madrid]] |
||
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]] |
[[Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes]] |
Revisión como estaba o 9 de xullo de 2018 ás 21:54
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1960 (63/64 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade Politécnica de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro , político |
Lingua | Lingua castelá |
Tomás Fernández-Couto Juanas, nado en Ferrol en 1960, é un enxeñeiro e político galego do PPdeG.
Traxectoria
Obtivo o título superior de enxeñería forestal na Universidade Politécnica de Madrid en 1984, e ao ano seguinte comezou xa a traballar na recén creada Xunta de Galicia, onde acabaría integrándose no corpo de funcionarios e onde desenvolveu toda a súa carreira laboral.
Durante os primeiros meses desempeñou funcións de técnico nos servizos provinciais da consellería de Agricultura en Pontevedra e Lugo, ata que en setembro de 1987 foi designado director técnico da Reserva Nacional de Caza dos Ancares. En 1990 foi nomeado xefe provincial de Lugo da política contra-incendios, ata que en 1992 ascendeu ata ocupar ese mesmo posto pero nos servizos centrais da Xunta.
En 1993 comezou a traballar na área de proxectos da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural e ao ano seguinte foi nomeado subdirector xeral de Medio Ambiente Natural. En 1996 foi designado director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes no equipo de Tomás Pérez Vidal. Cando esta área pasa a pertencer á consellería de Medio Ambiente, con Carlos del Álamo, faise cargo da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais, ao igual que baixo a responsabilidade de Xosé Manuel Barreiro. Tamén mantivo a dirección xeral durante uns meses mentres foi conselleiro Alfredo Suárez Canal, ata que este o relevou a finais de 2009.
Despois de pasar catro anos como xefe de servizo na consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, regresou á Dirección Xeral co goberno de Alberto Núñez Feijóo, ás ordes de Samuel Juárez. En xaneiro de 2012 foi designado secretario xeral da creada Consellería de Medio Rural e Mar.