Wikipedia:A Taberna (xeral): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Nemigo (conversa | contribucións)
Liña 532: Liña 532:


* Entendo que son 3 000 euros ou unha cantidade semellante. É boa mágoa que non teñamos aínda unha Asociación independente e 100 % de noso ([[Usaurio:Elisardojm|Elisardo]], ti que tes boa man xestora, xa estás tardando...). O que expón Estevo acerca de tramitalo a través de Wikimedia España a min paréceme razoable e acaído; amais, de primeiras, non lle vexo moita alternativa real. Se Wikipedia España acepta ser a receptora e custodiar os cartos para a Galipedia (que entendo que si), o cortés, en efecto, sería ofrecerlles coorganizar as actividades, que, en todo caso, como ben explica Estevo, terán sempre como plataforma gl.wiki. E grazas a quen vos ocupades destas leas. Saúdos. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 9 de xullo de 2018 ás 17:58 (UTC)
* Entendo que son 3 000 euros ou unha cantidade semellante. É boa mágoa que non teñamos aínda unha Asociación independente e 100 % de noso ([[Usaurio:Elisardojm|Elisardo]], ti que tes boa man xestora, xa estás tardando...). O que expón Estevo acerca de tramitalo a través de Wikimedia España a min paréceme razoable e acaído; amais, de primeiras, non lle vexo moita alternativa real. Se Wikipedia España acepta ser a receptora e custodiar os cartos para a Galipedia (que entendo que si), o cortés, en efecto, sería ofrecerlles coorganizar as actividades, que, en todo caso, como ben explica Estevo, terán sempre como plataforma gl.wiki. E grazas a quen vos ocupades destas leas. Saúdos. --[[Usuario:Atobar|Atobar]] <sup>([[Conversa Usuario:Atobar|conversa comigo]])</sup> 9 de xullo de 2018 ás 17:58 (UTC)

* Nin con un pau. Hai que manterse o máis afastado posible de wikipedia españa. Os proxectos NON son compatibles. Evidentemente dende galipedia as miras son outras e as formas tamén. [[User:Nemigo|Nemigo]] [[File:Bandeira galega civil.svg|20px]] 9 de xullo de 2018 ás 18:58 (UTC)

Revisión como estaba o 9 de xullo de 2018 ás 18:59

Esta é a sección xeral da Taberna

Novas
publicar

Políticas
publicar

Técnica
publicar

Propostas
publicar

Axuda
publicar

Imaxes
publicar

Esta sección úsase para discutir sobre temas non cubertos polas outras seccións.

Comezar un novo fío de conversa

Lembra asinar as mensaxes que escribas engadindo o código "~~~~" ou premendo na icona "" da barra de edición.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23, 24, 25, 26

A Xunta crea unha capa en liña de sitios arqueolóxicos inventariados

Boas, hoxe atopei esta nova que di que a Xunta creou unha capa, para o seu visor de mapas ó que podedes acceder aquí, que permite visualizar os sitios arqueolóxicos inventariados. E isto para que nos pode servir? Pois para moito, moitos dos artigos de castros, petróglifos, castelos, etc, que precisen coordenadas, serán moi doados de atopar con esta ferramenta. Xa sabedes, a baleirar a categoría de Cómpren coordenadas ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de xaneiro de 2018 ás 20:28 (UTC)[responder]

parécemo a min ou xa non está operativa esa opción? --178.57.158.157 16 de xaneiro de 2018 ás 23:51 (UTC)[responder]
178.57.158.157, segue funcionando, acabo de probala agora mesmo. Está en "Selección de capa" (a icona con tres planos superpostos), "Afeccións", e logo "Patrimonio cultural" . Iso si, a páxina tarda bastante en cargase ó principio. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xaneiro de 2018 ás 08:56 (UTC)[responder]
Non sería mellor metelas en wikidata e que un modelo o importe? ※ Sobreira ►〓 parlez 29 de xaneiro de 2018 ás 13:03 (UTC)[responder]
Si, realmente iso sería mellor, de feito o Modelo:Templo xa consulta as coordenadas en wikidata, por exemplo. Simplemente habería que facer algo semellante noutros modelos como o modelo:Castro. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 30 de xaneiro de 2018 ás 00:44 (UTC)[responder]
Acabo de ler estes comentarios, un pouco tarde, e quero avisar: o visor do Plan Básico Autónomico é unha ferramenta imprescindible para a arqueoloxía galega, pero ten moitos erros. É a primeira vez que a Xunta fai público de verdade o inventario arqueolóxico, así que será un cambio cualitativo na xestión do patrimonio arqueolóxico, PERO precisamente o gran problema dese inventario é a xeolocalización dos bens. Non nos podemos fiar de maneira acrítica das localizacións xeográficas. Hai moitísimos erros, de decenas ou incluso centros de metros, nunha porcentaxe moi elevada dos bens. A maior parte dese inventario foi realizado antes de que a ferramenta GPS estivese dispoñible, así que moitas localizacións son a ollo. Antes de facer unha importación automática dende Wikidata, eu agardaría a ver como están realmente esas localizacións (e incluso agardaría a que se vaian facendo as primeiras modificacións). No caso de castros, castelos, xacementos romanos... non hai problema, pero no caso de mámoas e petróglifos o erro pode ser moi grave. Saúdos. AArizaga (conversa) 5 de marzo de 2018 ás 10:02 (UTC)[responder]
Grazas polo aviso AArizaga, haberá que telo en conta. Por outra banda, vexo moi complicado que a curto prazo se poidan exportar eses datos a Wikidata de forma automática, así que non hai gran problema. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de marzo de 2018 ás 11:05 (UTC)[responder]
Un exemplo das críticas a este plan (ligazón). De todos modos, segue a ser unha ferramenta excepcional. Apertas!AArizaga (conversa) 5 de marzo de 2018 ás 11:15 (UTC)[responder]

Proposta da Galipedia para Premio Xoán Manuel Pintos 2018

Entrega do Premio Xoán Manuel Pintos no 2018.

Boas a todos, ata o 14 de febreiro, poden presentarse candidatura ós Premio Xoán Manuel Pintos 2018 de compromiso coa lingua do concello de Pontevedra. Como sabedes, a Galipedia acadará os 15 anos de traballo o vindeiro 8 de marzo, e neste tempo o proxecto serviu como ferramenta de normalización da lingua galega en todos os campos do coñecemento, polo que pode ser un bo candidato a este premio. Ós que lles pareza ben poden facer a súa proposta de candidatura nesta páxina. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2018 ás 09:24 (UTC)[responder]

Este xoves 1 de marzo coñecéronse os nomes dos gañadores dos premios Xoan Manuel Pintos, que como cada ano entréganse a aquelas persoas, empresas ou entidades que realcen a presenza da lingua galega na cidade de Pontevedra e en Galicia en xeral [...] A terceira categoría, incluída por primeira vez este ano, estivo aberta a votación pública dos cidadáns, que escolleron que o gañador fora 'A Galipedia', o proxecto de tradución da Wikipedia ao galego que fai 15 anos este 2018. Os membros do xurado alababan a escolla destes tres premiados, asegurando que traballan en tres ámbitos que loitan polo orgullo da lingua galega e a súa difusión [...] a entrega de premios se realizará nun acto previsto para o vindeiro 15 de marzo no Pazo de Mugartegui de Pontevedra.[1]
Parabéns a todos! --. HombreDHojalata.conversa 1 de marzo de 2018 ás 14:58 (UTC)[responder]
Nova tamén comentada en Wikipedia:A_Taberna_(novas)#Premio_Xoán_Manuel_Pintos.
Felicidades a toda a comunidade e a todos os que teñen colaborado durante todos estes anos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 19:58 (UTC)[responder]

Xabier Correa Corredoira

¿Alguén pode correxir o nome de Xabier por Xavier? Creo que é o máis correcto. E xa de paso cambialo na categoría Commons correspondente (Alí foi erro meu) e tamén eiquí que acabo de creala fai un intre. E que acabo de darme conta do erro ó buscar información sobre él para a usa ficha en Wikidata. Grazas --La fabrica de nubes (fálame) 15 de febreiro de 2018 ás 13:35 (UTC)[responder]

La fabrica de nubes, non teño claro que haxa que cambialo, en varios sitios como este onde teñen as súas obras como escritor, poñer Xabier... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2018 ás 16:31 (UTC)[responder]
Elisardojm Sí, vin ata artigos da Voz de Galicia onde veñe con "b", pero tambén con "v"... Pero na maioria de sitios que mirei, veñen con "v". Na Biblioteca Nacional de España, en "toda" a bibliografía onde aparece, en Afundación, en Abanca... O contrastei en varios sitios que eu entendo de peso, por decilo dalgunha maneira, por iso o comentaba. Mesmo nun dos enlaces da sua paxina na galipedia.--La fabrica de nubes (fálame) 15 de febreiro de 2018 ás 16:55 (UTC)[responder]
Elisardojm seguín buscando pola rede e atopei imaxes dunhas publicacións onde aparece o seu nome impreso, e aparece como Xabier (1) (2), e en outra (en portugués) como Javier. Pero a conclusión que saco de estar a buscar pola rede, de ver pinturas, mesmo vídeos do artista, creo que é maís coñecido por "Correa Corredoira", que tamén é como firma nas suas obras (1), (2), (3)... Así que por mín podémolo deixar así, e se cambiamos, poñer "Correa Corredoira"... --La fabrica de nubes (fálame) 15 de febreiro de 2018 ás 19:38 (UTC)[responder]
Eu penso que está ben así La fabrica de nubes. O que se pode facer, é indicar ó comezo algo do estilo: "tamén coñecido como Xavier Correa Corredoira" e engadir algunha referencia. A redirección Xavier Correa Corredoira xa está creada. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2018 ás 00:33 (UTC)[responder]
Elisardojm deixao así, porque ó ver o seu nome impreso, xa estou convencido ó 99% de que é "Xabier". Saúdos--La fabrica de nubes (fálame) 16 de febreiro de 2018 ás 09:32 (UTC)[responder]
Xenial entón, asunto resolto :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de febreiro de 2018 ás 10:53 (UTC)[responder]

Avances no Programa Educativo da wikipedia en éuscaro

Boas, tal e como se indica nesta nova, a wikipedia en éuscaro segue avanzando no seu Programa Educativo co que pretende mellorar a calidade dunha lista de artigos de interese para os estudantes de 12 a 16 anos. O seu traballo apoiouse na Universidade do País Vasco, e a través dela deron charlas a uns 100 profesores universitarios dos que algúns están agora traballando con eles. A idea é que eses universitarios fagan parte das súas tarefas usando a wikipedia e sexan avaliados por elas. Grazas a isto, agora xa teñen a estudantes de ciencias, arte, enxeñaría e humanidades traballando no proxecto. Esperan conseguir máis de 500 estudantes traballando no proxecto nesta primeira fase, o que sería todo un triunfo da iniciativa.

Deberíamos tomar nota desta iniciativa que temos tan preto e buscar maneiras de aplicala á Galipedia. Eu pola miña parte estou aberto a diferentes tipos de colaboracións e penso que este pode ser un gran camiño a seguir, tan só precisamos un pouco de organización e buscar os contactos axeitados nas universidades. Quizais podería comezarse por crear unha presentación ou un proxecto para amosar á xente da Universidade no que puidesen ver as posibilidades da idea. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 12:39 (UTC)[responder]

Criterio a seguir para a grafía e a denominación das razas caninas en galego

Ola. Alguén coñece algún manual en lingua galega respecto á forma de grafar as razas de cans e o nome de cada unha delas? Eu o único que atopo é, por unha banda, a recomendación no libro de estilo do Concello de Santiago de Compostela de escribilas sen cursiva [1], e pola outra unha nota lingüística que poderiamos adoptar dende do portugués padrón [2], que invita a grafalo en minúscula. A falta de referencias mellores, polo pronto non parece mala opción consensuar a súa escrita en minúscula e sen cursiva. Con todo, segue sen haber un arquivo dos distintos nomes: dóberman, doberman ou dobermann?; boxer ou bóxer?, foxterrier ou fox terrier? A ver se alguén pode achegar máis fontes. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 4 de marzo de 2018 ás 16:25 (UTC)[responder]

hijos de j barreras

A páxina hijos de j barreras xa exsiste -> https://gl.wikipedia.org/wiki/Hijos_de_J._Barreras,_S.A.

Na páxina da comunidade, na lista de páxinas solicitadas sobre Galicia pídese esta páxina. --47.62.15.120 7 de marzo de 2018 ás 21:04 (UTC)[responder]

As capitais de provincia en es.wiki

Velaquí unha entrada ben curiosa no blog de Microsiervos. A ver se Xabier Cid, Banjo, HombreDHojalata ou calquera outro se animase a facer algo semellante e/ou adaptado ás cidades e vilas galegas. Esa gráfica cos datos de es.wiki é a súa vez unha idea xurdida doutra cos estados dos EUA. --Atobar (conversa comigo) 23 de marzo de 2018 ás 19:30 (UTC)[responder]

Eu deixo os datos en formato táboa, non quedan tan bonitos pero algo é algo, o que veña despois xa non ten que buscalos :). Neste caso optei por unha cousa máis sinxela que buscar as palabras, usei simplemente o tamaño do artigo en bytes, que vale tamén de indicador. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de marzo de 2018 ás 01:47 (UTC)[responder]
Cidade Tamaño (bytes) Notas
Valencia 51.572
Madrid 36.891
Burgos 34.385
Albacete 4.958
Pontevedra 101.815
Sevilla 22.620
Vitoria 31.851
Valladolid 25.694
Zamora 6.411
Granada 9.833
Pamplona 13.479
León 33.699
Xaén 7.232
Bilbao 29.085
A Coruña 142.028
Barcelona 62.484
Murcia 10.965
Almería 5.779
Huelva 4.028
Guadalaxara 2.449
Cáceres 9.012
Ávila 16.735
Castelló de la Plana 10.292
Palma 7.650
Málaga 9.325
Donostia 17.675
Alacant 22.381
Cádiz 26.680
Córdoba 22.824
Salamanca 35.442
Toledo 24.884
Santa Cruz de Tenerife 4.833
Palencia 42.024
Huesca 5.946
Badaxoz 10.784
Zaragoza 20.218
Logroño 9.065
Oviedo 25.474
Santander 15.822
As Palmas de Gran Canaria 3.960
Tarragona 11.386
Xirona 31.350
Cuenca 6.509
Cidade Real 7.621
Ceuta 19.088
Segovia 16.730
Melilla 17.605
Lugo 98.041
Lleida 19.003
Soria 4.400
Ourense 31.807
Teruel 16.691
Cidade Tamaño (bytes) Notas
A Coruña 142.028
Lugo 98.041
Ourense 31.807
Pontevedra 101.815
Santiago de Compostela 69.975
Vigo 96.981
Ferrol 58.650
Vilagarcía de Arousa 14.662
Monforte de Lemos 52.316

Google é a compañía que máis doa a Wikipedia

Segundo este artigo, Google é a empresa que máis doa a Wikipedia, pero o conxunto das grandes empresas que fan doazóns só é o 4% do total, o resto é de doazóns individuais. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 08:09 (UTC)[responder]

Soleil222 (conversa) 30 de marzo de 2018 ás 16:22 (UTC)[responder]

Soleil222 (conversa) 6 de abril de 2018 ás 16:37 (UTC)[responder]

Destaco este fragmento: "Según Macon, Wikimedia arrastra otro problema estructural: la mala gestión. Señala en su informe que en lugar de destinar el dinero proporcionado por los usuarios en los últimos años en mejorar el producto y hacerlo viable, los dirigentes de la fundación se han dedicado a cobrar su sueldo, confiándose en sus posiciones y olvidando los principios altruistas y colaborativos en torno a los que se creó la Wikipedia. Además, se ha generado una “burbuja profesional” y en los últimos años Wikimedia ha contratado a más de 300 empleados. Hace una década todo el personal que trabajaba en la fundación era colaborador y no asalariado".

Destaco este fragmento: "Jimmy Wales is surprisingly only worth $1 million (£751,800). That’s a pretty modest pile compared to the likes of Facebook founder Mark Zuckerberg (£53.7 billion), Snapchat’s Evan Spiegel (£2.8 billion) or even MySpace founder Tom Anderson (£43.1m)."

Soleil222 (conversa) 6 de abril de 2018 ás 18:01 (UTC)[responder]

Soleil222 (conversa) 6 de abril de 2018 ás 18:29 (UTC)[responder]

@Soleil222: non sei que queres dicir exactamente con todas estas ligazóns e eses titulares en letra grosa, pero penso que cómpre recordar aquí que isto non é un foro. As páxinas de conversa están destinadas ao diálogo sobre a edición dos contidos. --. HombreDHojalata.conversa 6 de abril de 2018 ás 21:42 (UTC)[responder]
  • Estimado HombreDHojalata: Publiqué esos links aquí porque Eli me dijo lo siguiente: "Puedes comentar esa noticia en la taberna, por ejemplo, en la sección Wikipedia:A Taberna (xeral), y aunque lo publiques en castellano te lo agradeceríamos mucho porque toda la información es útil".
É certo que a Galipedia non é un foro, HombreDHojalata, pero esta é a sección xeral da Taberna, e Soleil222 simplemente achegou información relacionada co proceso de xestión dos fondos da Fundación Wikimedia, penso que pode ser de interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de abril de 2018 ás 00:39 (UTC)[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Hai anos que teño configurado un lector de noticias automático, que rastrexa a rede e me envía ligazóns a todo o que se publica sobre algúns temas, entre eles "Wikipedia". Moi a miúdo, moitos "medios", máis ou menos fiábeis ou máis ou menos sensacionalistas, publican "informacións" relativas á Wikipedia. Pola miña experiencia, en moitos dos casos, esas información están fora de contexto, son erróneas, están terxiversadas, directamente inventadas (fabricadas) e/ou entran dentro do que poderiamos chamar teorías de conspiracións. Na miña opinión, facerse eco, aquí, de toda esa borralla, non leva a ningures e non é máis ca ruído. Este non é o lugar de falar do destino das doazóns particulares. Este non é o foro dos doantes particulares de cartos á Wikipedia. E falar aquí diso non vai mudar nada en absoluto. Pola contra, meter unha restra de ligazóns á artigos de "prensa" o único que nos pode levar, aos que piquemos, é a entrar na opinoloxía e o foreo. E o foreo fora de lugar é como as malas herbas, canto máis se deixan medrar máis custa despois arrancalas. --. HombreDHojalata.conversa 7 de abril de 2018 ás 17:49 (UTC)[responder]

Hasta donde yo sé, The Washington Post es un periódico respetable. Y los artículos que publiqué aluden a un informe emitido por el ingeniero Guy Macon, uno de los editores más antiguos de Wikipedia. Soleil222 (conversa) 7 de abril de 2018 ás 19:29 (UTC)[responder]
Lin ese artigo d'The Washington Post, e non contén, ningunha información que me cause preocupación nin que me escandalice. Un artigo que é do ano 2015.
A que ven traelo agora á taberna da Galipedia? Con que finalidade? --. HombreDHojalata.conversa 7 de abril de 2018 ás 19:59 (UTC)[responder]
Artículo 19 de la Declaración Universal de los Derechos Humanos: Todo individuo tiene derecho a la libertad de opinión y de expresión; este derecho incluye el de no ser molestado a causa de sus opiniones, el de investigar y recibir informaciones y opiniones, y el de difundirlas, sin limitación de fronteras, por cualquier medio de expresión. Soleil222 (conversa) 7 de abril de 2018 ás 20:11 (UTC)[responder]
Bueno, bueno! Iso xa son palabras maiores. Dios me libre de querer negarche dereito ningún, molestarche ou limitarche nada!
Por si nalgún momento interpretaches que as miñas palabras querían dicir o contrario, quede claro que por min podes opinar, expresar, investigar etc o que estimes oportuno e conveniente. Faltaría máis.
Por outra banda, espero que a min se me recoñeza o mesmo dereito: a opinar, expresarme e tódolo demais. --. HombreDHojalata.conversa 7 de abril de 2018 ás 20:29 (UTC)[responder]

Datos de poboación de Galicia

Hai moitos anos que non colaboro de forma habitual na Galipedia, e estou vendo de poñerlle polo menos unhas horas cada semana.

Como prefiro programar que escribir, alegroume ver que a primeira das propostas de colaboración do portal da comunidade é actualizar os datos de poboación de Galicia a partir dos datos do IGE.

Así que estou a traballar nun guión (script) que:

  • Actualiza o dato de poboación e o ano que aparecen no modelo dos artigos das categorías «Poboación [ano obsoleto]» a partir dos datos do IGE.
  • Elimina a categoría «[…] poboación [ano]» se está posta a man no artigo, que vexo que a engade o modelo.
  • Marcará para eliminar, unha vez acabe de actualizar todo ao ano 2017, as categorías vellas sen contido (que idealmente deberían ser todas as categorías vellas). Vin que Estevoaei e Chairego_apc levan o de eliminar esas categorías cando quedan baleiras.

O guión xa está en marcha mentres escribo isto, e como as edicións automáticas teñen forzado un intervalo de 10 segundos, tardará un tempo.

Pero teño algunhas dúbidas que me gustaría solucionar antes de rematar a actualización:

  • Debería crear automaticamente as categorías «[…] poboación [ano]» que se fagan necesarios tras actualizar un dato de poboación?
  • Debería estar engadindo algún tipo de referencia ao modelo (template), por exemplo unha referencia á páxina do IGE onde se poden consultar os datos de poboación?
  • Hai moitos artigos para os que o guión non atopa unha correspondencia nos datos do IGE (leva 165 detectados no momento de escribir isto). Se ben pode que algúns os poida solucionar cambiando o guión (ignorar tiles, artigos, etc.), detectei polo menos dous tipos de problemas máis complexos:
    • Artigos sobre lugares que no IGE aparecen nun nivel diferente, como no caso de Biduído, que na Galipedia aparece como lugar da parroquia de Teixido, pero segundo o IGE Teixido é en realidade un lugar da parroquia de Régoa (como o usuario PepedoCouto apuntara hai 10 anos), e Biduído é outro lugar de Régoa, non subordinado a Teixido. Nestes casos, modifico (a man) o artigo para axustalo ao IGE? Ou para isto úsase unha fonte distinta do IGE (nos arquivos da taberna hai referencias a unha fonte da Xunta para a escolla de nomes)?
    • Artigos que non parecen estar no IGE para nada, como no caso de A Agra das Breas, Santa Comba de Carnota, Carnota. Dado que o IGE contén entradas de lugares sen habitantes, entendo que non aparecen nos datos do IGE porque o IGE non considera que existan, non porque non teñan habitantes. Asumo que eliminar o artigo non é unha opción. Debería verificar a existencia do lugar en algunha outra fonte pública alternativa ao IGE? Ou simplemente ignorar os artigos destes lugares se xa teñen a poboación posta a 0 na Galipedia?
  • Só estou actualizando o dato no modelo. Debería actualizalo en algún outro lugar? Por exemplo:
    • Notei que algúns artigos indican a poboación na descrición, ás veces separando homes e mulleres. Debería actualizar o dato tamén aí? Debería eliminalo de aí e que o dato quede só no modelo? Ou é mellor que non toque a descrición?
    • Buscando «poboación» nos arquivos das tabernas, descubrín tamén que hai listas de concellos con datos de poboación. Debería actualizalas?
    • Debería modificar o guión para actualizar os datos de poboación en Wikidata e modificar os nosos artigos para que tiren de Wikidata?
  • Unha vez rematada a actualización, a miña idea é publicar o guión (e.g. en GitLab) para que poida usalo no futuro calquera editor. Debería documentar a súa existencia e instrucións de uso en algunha páxina da Galipedia? E, nese caso, onde?
  • Unha vez remate de actualizar os datos, o resto de propostas de colaboración non parecen automatizables. Ocórresevos algunha tarefa automatizable que teña máis prioridade que esas propostas de colaboración?

GallaecioE logo? 31 de marzo de 2018 ás 14:13 (UTC)[responder]

Gallaecio, o primeiro, darche as grazas polo teu traballo do que precisamos moito na Galipedia, porque para este tipo de traballos automáticos case non hai usuarios que poidan colaborar e precisamos moita axuda neste campo. Eu comento as miñas impresións sobre os puntos que comentas.
Si, as categorías de anos de poboación hai que ilas creando, se non as pode crear o script, avisa e eu botarei unha man para crealas, e seguro que outros usuarios tamén.
Engadir referencias. Se a referencia que se engade é unha referencia ó dato específico de cada poboación entón si (referencias si, sempre! :), pero se a referencia é só unha referencia á páxina xeral do IGE, entón penso que non paga a pena porque aínda que a web sexa correcta, atopar o dato dende a páxina principal non é doado, e polo tanto a referencia non sería de gran axuda.
Sobre os artigos que non se atopa o dato no IGE:
Se os artigos están nun nivel diferente, habería que revisar se o artigo da Galipedia ten o título correcto, os artigos están baseados no Nomenclátor da Xunta, pero pode que haxa algúns que teñan erros, xa atopei uns cantos revisando lugares dalgunhas parroquias e seguro que seguirán aparecendo. Se puidese ser posible que o fixeras, penso que sería de utilidade conseguir un listado nunha páxina wiki deses lugares que teñen un nivel diferente, para revisalos entre todos.
Artigos que non aparecen no IGE. Como xa che comentei a base dos artigos de parroquias e lugares é o Nomenclátor, e A Agra das Breas si sae, acabo de comprobalo. Neste caso, se no IGE non se atopan, eu o que faría é actualizar o ano da estatística se o número de habitantes está a cero, porque non sei doutra fonte onde se poidan consultar estes datos. Isto tamén penso que sería útil tamén listalo noutra páxina para revisalo tamén con calma. Por certo, dende que páxina do IGE obtés os datos? Porque eu sempre teño problemas para atopar as poboacións dos lugares e parroquias.
Actualizar datos na descrición do artigo. Home, o ideal sería que tamén se actualizaran os datos no corpo do artigo, pero penso que iso pode ser moi complicado porque cada artigo pode estar redactado de forma diferente, pero se atopas un patrón e podes actualizalo nalgúns, eu penso que tamén quedaría mellor. O de eliminar o dato do texto do artigo xa non sei que dicirche, eu por min borraríao porque é unha información que é moi difícil de manter e está quedando desfasada, polo menos nos artigos de parroquias e lugares. Pero nisto quizais debería haber máis opinións.
E si claro, as listas de concellos tamén habería que actualizalas.
Meter a información en Wikidata? Non sei eu se pagará a pena, eses artigos é bastante improbable que se creen noutras linguas co cal esa información non vai ser reutilizada. Por outra banda, se ves que iso que facilita o traballo de automatización entón, adiante! :)
Sobre o de documentar o guión e publicalo: Xenial, iso facilitaríalle moito o trabalo a outros usuarios que intenten seguir con estas tarefas de actualización, e por suposto que o mellor sería ter unha páxina de axuda e explicación, o máis simplificada posible, dentro da Galipedia, para tela a man e poder ir traballando sobre ela. Onde metela? A verdade é que polo momento non hai moitas ferramentas deste tipo no proxecto, temos a páxina Wikipedia:AutoWikiBrowser, sobre un editor MediaWiki semiautomático, poderías facer unha páxina de axuda nese mesmo espazo de nomes Wikipedia, logo se no futuro se fai un sitio mellor xa se moverá.
Outras propostas de automatización? Algunhas seguro que hai, pero agora mesmo non se me ocorre ningunha, pero si temos un problema técnico que está pendente de resolver e ó mellor ti podías botarlle un ollo. Verás, resulta que o Modelo:Mapa de localización está funcionando mal nalgúns casos. Por exemplo, o Modelo:Mapa de localización de Rusia (Europa) no artigo Smolensk, se revisas a páxina de conversa asociada, verás que houbo que poñer unhas coordenadas no mapa diferentes ás reais para que aparecera correctamente situado, en vez de 54°46′58″N 32°2′43″L, no mapa de localización ten 55 | lat_min= 35 | lat_seg=58 | latNS = N | lon_deg = 34 | lon_min = 55 | lon_seg = 43. Eu botara un ollo no seu día pero non din co problema. Eu pensaba que o problema estaría no mapa de localización de Rusia (Europa) pero comparando coas versións doutras linguas non vin que podería pasar.
E se iso non che vale, entón sempre podes facer amaños ortográficos mentres non se nos ocorren outras cousas, temos Wikipedia:Revisor ortográfico/Listaxe e Wikipedia:AutoWikiBrowser/Typos (aínda que esta última non ten as expresións regulares completamente revisadas nin ampliadas) O:). Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de abril de 2018 ás 02:27 (UTC)[responder]

Sobre as referencias, podería fornecer unha ligazón á descarga en formato CSV, e indicar na referencia a liña concreta na que se atopa o dato. Valería?

Sobre o lugar de onde saco os datos, é da ligazón esa que incluiría como referencia se pensades que debo. Atopeina desde o Nomenclátor estatístico de Galicia, seleccionando «Buscar por entidades», marcando as tres caixas na parte superior («Ver ent. colectivas (parroquias) », «Ver ent. singulares» e «Ver núcleos»), seleccionando «Buscar», e unha vez completada a busca seleccionando o botón «Descargar en formato Excel» que aparece. Os datos semellan os mesmos que aparecen ao seleccionar «Árbore de clasificación xerárquica» na páxina principal e ir despregando as entradas. — GallaecioE logo? 1 de abril de 2018 ás 06:19 (UTC)[responder]

Os problemas que requiren dunha revisión vounos ir apuntando en Usuario:Gallaecio/Poboación. — GallaecioE logo? 1 de abril de 2018 ás 09:16 (UTC)[responder]

Outra cousa Gallaecio, para que as túas edicións non enchan a lista de cambios recentes, para esas edicións debes crear outra conta e solicitar para ela a bandeira de bot en Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación. Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de abril de 2018 ás 11:20 (UTC)[responder]
Estou parvo. Non só teño xa unha conta de bot para estas cousas, senón que a teño aprobada desde 2014. Enseguida cambio a ela. — GallaecioE logo? 1 de abril de 2018 ás 11:35 (UTC)[responder]
Tes razón Gallaecio, xa non me lembraba eu tampouco de Shyde :), e curiosamente xa naquela votación aparecía este traballiño, mira ti :)
E si, eu penso que a referencia que indicas vale perfectamente. O que habería que ter en conta a maiores, se o bot á capaz de facelo, é revisar se o artigo ten sección de notas, e en caso de non tela engadila. O que pasa é que pode ser un pouco complicado saber onde metela, se é moita lea déixao porque aínda que non exista a sección as referencias visualízanse igual.
Hai outra tarefa que quizais poderías automatizar, hai listas de biografías que teñen as entradas en formato "apelidos, nome" e habería que cambialas a "nome apelidos", nalgúns casos engadíndolles a ligazón porque aínda non a teñen. Por exemplo Wikipedia:Entradas do Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores, Wikipedia:Entradas do Dicionario biográfico de Galicia, Wikipedia:Entradas do Diccionario de escritores en lingua galega. Nalgúns tamén habería que cambiar as maiúsculas dos apelidos por minúsculas, e nalgunhas partes engadir ligazóns ás entradas... Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de abril de 2018 ás 08:02 (UTC)[responder]
Gallaecio, ocorréuseme outra cousa que se podería intentar automatizar: revisar os artigos de biografías que non teñen foto e metelos na categoría de Categoría:Personalidades sen imaxes. Engadir os artigos sen foto a esa categoría facilitará a busca de fotos coa ferramenta de PetScan e FIST. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de abril de 2018 ás 11:42 (UTC)[responder]
Gallaecio, outra cousa que quizais se podería automatizar, sería incluír nas páxinas de conversa dos artigos de biografías de persoas vivas o Modelo:BPV. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de abril de 2018 ás 09:21 (UTC)[responder]

A Galipedia na TVG

Creo que non se puxo por aquí a ligazón á entrevista que lle fixeron a Estevoaei polo aniversario da Galipedia, foi unha entrevista que saíu no programa Zigzag diario. Podedes consultala nesta páxina (a partir de 36'55"). Grazas a Estevoaei pola súa dispoñibilidade e polo seu bo facer diante das cámaras! Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de abril de 2018 ás 22:09 (UTC)[responder]

A biblioteca Ánxel Casal está pensando en facer a Compostelapedia

Vendo onte o telexornal, vin a nova de que a Biblioteca Ánxel Casal, en Santiago, está a celebrar o seu décimo aniversario. Nesta biblioteca teñen preto de 40.000 socios, o 40% da poboación de Santiago de Compostela. Ó final da nova, que podedes consultar aquí (a partir de 1:21:02) din que os da bibliotea "xa pensan nunha Compostelapedia".

Nós xa temos a primeira páxina da Pontevedrapedia, adaptándoa un pouco, tan só precisamos xente que se anime a contactar con eles e ofrecerlles a nosa axuda e colaboración. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de abril de 2018 ás 15:41 (UTC)[responder]

Hey,

I am sorry for writing in English, but I would like to inform that a user globaly has moved Ponte do Bósforo to Ponte dos Mártires do 15 de xullo.

This cross-wiki political propaganda has been undone on several wiki's already, but not on this wiki. Ofcourse your wikicommunity decides what the best name fro that article is.

I would have moved it back, but as this Cross-Wiki-user changed the redirect (from REDIRECT to redirect) the page can now only be moved back by users that have the right permissions.

Sincerely,

Rodejong (conversa) 11 de abril de 2018 ás 18:44 (UTC)[responder]

Rodejong, there are many references in newspapers to that name... Bye, --Elisardojm (conversa) 11 de abril de 2018 ás 19:57 (UTC)[responder]
this change of name is official and where is it referenced? --47.62.12.103 12 de abril de 2018 ás 22:17 (UTC)[responder]
You can see the reference at the article. Bye, --Elisardojm (conversa) 12 de abril de 2018 ás 22:40 (UTC)[responder]

Sobre o uso do modelo:biografía

Levo un tempo observando que de xeito sistemático se está engadindo o Modelo:Biografía en todos os artigos relacionados con algunha personalidade. Se ben en principio non debería haber problema e o modelo toma os datos directamente de wikidata o cal aforra bastante tempo, resulta que en moitos casos a información que aparece nel está noutra lingua. Por outra banda, temos algúns modelos, como por exemplo Ficha de nobre, Eclesiástico..., que conteñen uns parámetros máis axeitados para a biografía en cuestión, que se están deixando de usar por incluír este outro xenérico e aforrar tempo, o cal supón a perda de tempo de outro usuario en mudar o modelo e engadir o correcto.

Todo isto me leva a pensar que se ben facemos un esforzo moi grande para "ter unha enciclopedia de calidade" nalgúns aspectos, non podemos chegar despois e cagala, con perdón, con cousas como esta que o que demostran é falta de coidado nos artigos ou gañar tempo para quen sabe que. --AMPERIO (conversa) 2 de maio de 2018 ás 17:06 (UTC)[responder]

ise ven sendo un problema de wikidata (non ter os datos en galego) non do modelo biografía. Co tempo todo estará galeguizado ao gusto enxebre e entón si aforraremos moito chollo --47.63.26.248 2 de maio de 2018 ás 23:54 (UTC)[responder]
AMPERIO, a idea é unificar as fichas de biografías no modelo Biografía engadindo neste modelo máis datos, polo menos as que sexan máis simples (por exemplo o modelo futbolista posiblemente non se poida unificar pola gran cantidade de información específica que ten), para facilitar o mantemento, unificación dos artigos e reutilización de Wikidata. O da lingua é temporal, en canto eses datos se vaian traducindo ó galego en Wikidata, xa irán saíndo correctamente. Saúdos, Elisardojm (conversa) 3 de maio de 2018 ás 01:20 (UTC)[responder]

Presentación para animar ó uso da Wikipedia nas aulas

Boas, atopei hoxe unha presentación moi interesante para animar ó uso da Wikipedia nas aulas, é o documento ligado nesta entrada. Comenta cousas interesantes e de forma bastante clara, se teño tempo intentarei traducila e adaptala ó galego. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de maio de 2018 ás 08:15 (UTC)[responder]

Votacións para borrar

Hai varias votacións abertas en Wikipedia:Votacións para borrar/Votacións. Se agradecería a participación dos usuarios. --AMPERIO (conversa) 27 de maio de 2018 ás 18:12 (UTC)[responder]

Ingresos e gastos da Fundación Wikimedia

Por se vos interesa, atopei hoxe esta información neste ficheiro sobre as contas da Fundación Wikimedia. Non me coinciden exactamente as cantidades co indicado nos informes, ou non os atopo, pero polo menos da unha idea de como están as cousas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 6 de xuño de 2018 ás 23:59 (UTC)[responder]

Grazas IP por engadir a gráfica. Acabo de engadir as cifras do 2016-2017 nas que se superaron os 100 millóns de activos, o informe de 2017-2018 aínda non está porque o ano fiscal da Fundación remata o 30 de xuño. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de xuño de 2018 ás 15:30 (UTC)[responder]
Ano Campañas de financiamento e ingresos Gastos Activos a final de ano Comparativa
2003/2004[1] $80,129 $23,463 $56,666
2004/2005[1] $379,088 $177,670 $268,084
2005/2006[1] $1,508,039 $791,907 $1,004,216
2006/2007[2] $2,734,909 $2,077,843 $1,658,282
2007/2008[3] $5,032,981 $3,540,724 $5,178,168
2008/2009[4] $8,658,006 $5,617,236 $8,231,767
2009/2010[5] $17,979,312 $10,266,793 $14,542,731
2010/2011[6] $24,785,092 $17,889,794 $24,192,144
2011/2012[7] $38,479,665 $29,260,652 $34,929,058
2012/2013[8] $48,635,408 $35,704,796 $45,189,124
2013/2014[9] $52,465,287 $45,900,745 $53,475,021
2014/2015[9] $75,797,223 $52,596,782 $77,820,298
2015/2016[10] 81,862,724 $65,947,465 $91,782,795
2016/2017[11] 91,242,418 $69,136,758 $113,330,197
  1. 1,0 1,1 1,2 http://upload.wikimedia.org/wikipedia/foundation/2/28/Wikimedia_2006_fs.pdf
  2. http://upload.wikimedia.org/wikipedia/foundation/4/49/Wikimedia_2007_fs.pdf
  3. http://upload.wikimedia.org/wikipedia/foundation/4/4c/Wikimedia_20072008_fs.pdf
  4. http://upload.wikimedia.org/wikipedia/foundation/4/4f/FINAL_08_09From_KPMG.pdf
  5. http://upload.wikimedia.org/wikipedia/foundation/c/cc/FINAL_09_10From_KPMG.pdf
  6. http://upload.wikimedia.org/wikipedia/foundation/a/ac/FINAL_10_11From_KPMG.pdf
  7. http://upload.wikimedia.org/wikipedia/foundation/0/09/FINAL_11_12From_KPMG.pdf
  8. http://upload.wikimedia.org/wikipedia/foundation/6/6e/FINAL_12_13From_KPMG.pdf
  9. 9,0 9,1 https://upload.wikimedia.org/wikipedia/foundation/0/0b/Audit_Report_-_FY_14-15_-_Final.PDF
  10. https://upload.wikimedia.org/wikipedia/foundation/4/43/Wikimedia_Foundation_Audit_Report_-_FY15-16.pdf
  11. https://upload.wikimedia.org/wikipedia/foundation/d/da/Wikimedia_Foundation_Audit_Report_-_FY16-17.pdf

Caixas de navegación de concellos de España

En canto ao deseño das Caixas de navegación de concellos de España hai un fío de conversa aberto: aquí. --. HombreDHojalata.conversa 14 de xuño de 2018 ás 20:03 (UTC)[responder]

A RAG achega 168 novos termos matemáticos ó seu dicionario

A RAG acaba de achegar 168 novos termos matemáticos ó DRAG, aquí a nova, entre eles mediana, grafo, hexadecimal, desvío de padrón, polinomial, interpolar, moda, congruencia, regresión ou transitivo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de xuño de 2018 ás 07:55 (UTC)[responder]

Un estudo da USC clasifica 3.374 petróglifos en Galicia

Un estudo da USC localiza e clasifica 3.374 petróglifos en Galicia, segundo esta nova. Pódese acceder ó artigo completo nesta ligazón. O traballo ten unha licenza libre, CC-BY. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de xuño de 2018 ás 08:16 (UTC)[responder]

me parece que cataloga estacións rupestres máis que petróglifos. Tampoco vexo que se pode facer con iso --193.144.61.240 27 de xuño de 2018 ás 17:48 (UTC)[responder]

Estratexia da Cultura Galega 2021

Está a desenvolverse estes días de xullo a Estratexia da Cultura Galega que ten como obxectivos "Consolidar unha visión social da cultura como valor esencial e imprescindible para o desenvolvemento integral da sociedade, e a valoración da lingua galega como instrumento-clave da nosa identidade cultural e activo útil para a cidadanía.", facilitar o acceso á cultura, avanzar na proxección exterior e internacionalización da produción cultural de Galicia, potenciar o posicionamento da cultura galega na sociedade dixital, entre outros.

A maiores hoxe abriron unha páxina para que a cidadanía faga propostas para sumar esforzos arredor da cultura, tedes acceso a ela aquí. Penso que facer algún tipo de actividade na Galipedia pode axudar a desenvolver varios deses obxectivos, polo que estaría moi ben que se presentara algún tipo de proposta que estivese relacionada co proxecto. Non sei ata cando hai prazo para presentar as propostas, pero podemos traballar aquí algún tipo achega entre todos e logo presentala en nome da comunidade. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 5 de xullo de 2018 ás 10:42 (UTC)[responder]

Premio Rosalía de Castro

Ola!

Como se comentou noutra sección, a Galipedia foi recoñecida co Premio Rosalía de Castro de Lingua na sección de colectivo, entidade ou asociación que destaca na promoción da lingua galega.

A Deputación da Coruña púxose en contacto comigo para tramitar o pagamento do premio. É preciso un CIF, unha certificación bancaria, en unha autorización para que a Deputación comprobe, de oficio, se a asociación ten débedas tributarias coas distintas administracións.

Como sabedes, a pesar de que se comentou a posibilidade en varias ocasións, a Galipedia non está constituída como Asociación. Xa que logo, púxenme en contacto con Wikimedia España, da que son socio, para ver se poderiamos canalizar a entrega do premio a través dela. Que ingresen os cartos na conta de WMES, e que se dediquen a proxectos relacionados coa gl:wiki (gañadora do premio).

WMES podería (ou non) ser co-organizadora das actividades que se fagan con eses cartos. Non é imprescindible.

Gustaríame que a comunidade da Wikipedia en lingua galega se pronuncaise sobre a posibilidade de canalizar os cartos a través de Wikimedia España, ou que propuxese outras alternativas de as houber.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de xullo de 2018 ás 17:04 (UTC)[responder]

  • Entendo que son 3 000 euros ou unha cantidade semellante. É boa mágoa que non teñamos aínda unha Asociación independente e 100 % de noso (Elisardo, ti que tes boa man xestora, xa estás tardando...). O que expón Estevo acerca de tramitalo a través de Wikimedia España a min paréceme razoable e acaído; amais, de primeiras, non lle vexo moita alternativa real. Se Wikipedia España acepta ser a receptora e custodiar os cartos para a Galipedia (que entendo que si), o cortés, en efecto, sería ofrecerlles coorganizar as actividades, que, en todo caso, como ben explica Estevo, terán sempre como plataforma gl.wiki. E grazas a quen vos ocupades destas leas. Saúdos. --Atobar (conversa comigo) 9 de xullo de 2018 ás 17:58 (UTC)[responder]