Sinfonía n.º 9 (Beethoven): Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
m →‎Proxectos de xuventude: Johann Wolfgang von Goethe
Liña 9: Liña 9:


=== Proxectos de xuventude ===
=== Proxectos de xuventude ===
Xa dende mozo, cando aínda vivía en Bonn, Beethoven manifestou un gusto salientable pola lectura de [[Goethe]] e de [[Friedrich von Schiller]], cos cales coincidía en determinados ideais que máis tarde estarán presentes na súa obra: a natureza, a amizade e a alegría. E aquí compre sinalar o entusiasmo pola ''Oda á alegria'' de Schiller, publicada en [[1785]] en [[Dresden]]. En 1792, con vinte e dous anos, o músico non escribira máis que obras menores das cales a maioría son descoñecidas no presente. Porén, o seu estilo xa se desenvolvera de abondo como para que fose valorado por entendidos como Waldstein ou Haydn.
Xa dende mozo, cando aínda vivía en Bonn, Beethoven manifestou un gusto salientable pola lectura de [[Johann Wolfgang von Goethe|Goethe]] e de [[Friedrich Schiller]], cos cales coincidía en determinados ideais que máis tarde estarán presentes na súa obra: a natureza, a amizade e a alegría. E aquí compre sinalar o entusiasmo pola ''Oda á alegria'' de Schiller, publicada en [[1785]] en [[Dresden]]. En 1792, con vinte e dous anos, o músico non escribira máis que obras menores das cales a maioría son descoñecidas no presente. Porén, o seu estilo xa se desenvolvera de abondo como para que fose valorado por entendidos como Waldstein ou Haydn.


A finais de [[1792]], pouco antes de deixar [[Bonn]] para ir a [[Viena]], o compositor fíxose amigo dun profesor de dereito, Ludwig Fischenich, amigo persoal do poeta Friedrich von Schiller, e amósalle un poema que puxera en música: ''Feuerfarbe de Sophie Mereau''. Fischenich amosou a súa admiración á esposa de Schiller nunha carta onde anunciaba, como unha profecía, o futuro himno á alegría:
A finais de [[1792]], pouco antes de deixar [[Bonn]] para ir a [[Viena]], o compositor fíxose amigo dun profesor de dereito, Ludwig Fischenich, amigo persoal do poeta Friedrich von Schiller, e amósalle un poema que puxera en música: ''Feuerfarbe de Sophie Mereau''. Fischenich amosou a súa admiración á esposa de Schiller nunha carta onde anunciaba, como unha profecía, o futuro himno á alegría:

Revisión como estaba o 8 de xullo de 2018 ás 15:42

Ludwig van Beethoven.

A Sinfonía n.º 9 en re menor, op. 125, coñecida tamén como "Coral", é a derradeira sinfonía completa do compositor alemán Ludwig van Beethoven. É unha das obras máis trascendentais, salientables e populares da música e a arte. O seu último movemento é un final coral sorprendentemente infrecuente na súa época que se converteu en símbolo da liberdade. Precisamente, unha adaptación da sinfonía, realizada por Herbert von Karajan é, dende 1972, o himno da Unión Europea (UE).[1] En 2001, a partitura orixinal da sinfonía inscribiuse no Rexistro da Memoria do Mundo da UNESCO, onde forma parte, xunto con outros sobresalientes monumentos, da herdanza espiritual da humanidade.[2]

Historia

Beethoven é o principal referente na transición do estilo clásico ó estilo romántico, o responsable de facer evolucionar o esquema máis tradicional das formas musicais do clasicismo para adaptalas a esta incipiente liberdade individual do romanticismo. Para entender a súa capacidade innovadora no campo da composición compre ter presente que Beethoven é o primeiro músico que vive do que compón e así crea un precedente en no oficio de compositor, ceibándose de cargos dentro da corte ou a Igrexa ós que estaban sometidos outros músicos com Bach, Haydn e Mozart.

A Novena sinfonía, que foi contemporánea da Missa Solemnis op. 123, das 33 Variacións sobre un vals de Diabelli op. 120 e da Consagración da casa op. 124, é a máxima expresión do último período creador de Beethoven. Esta obra tivo unha xénese moi complexa, da cal a súa comprensión require remontarse á xuventude do compositor.

Proxectos de xuventude

Xa dende mozo, cando aínda vivía en Bonn, Beethoven manifestou un gusto salientable pola lectura de Goethe e de Friedrich Schiller, cos cales coincidía en determinados ideais que máis tarde estarán presentes na súa obra: a natureza, a amizade e a alegría. E aquí compre sinalar o entusiasmo pola Oda á alegria de Schiller, publicada en 1785 en Dresden. En 1792, con vinte e dous anos, o músico non escribira máis que obras menores das cales a maioría son descoñecidas no presente. Porén, o seu estilo xa se desenvolvera de abondo como para que fose valorado por entendidos como Waldstein ou Haydn.

A finais de 1792, pouco antes de deixar Bonn para ir a Viena, o compositor fíxose amigo dun profesor de dereito, Ludwig Fischenich, amigo persoal do poeta Friedrich von Schiller, e amósalle un poema que puxera en música: Feuerfarbe de Sophie Mereau. Fischenich amosou a súa admiración á esposa de Schiller nunha carta onde anunciaba, como unha profecía, o futuro himno á alegría:

«Envíolle unha composición de Feuerfarbe [...]. É dun mozo de aquí, do cal os seus talentos musicais faranse universalmente célebres... Quere tamén poñer en música a Alegría de Schiller, e mesmo todas as estrofas. Agardo algunha cousa perfecta; xa que, polo que o coñezo, todo o leva ó máis grande e sublime.»[3]

Estrea

O 7 de maio de 1824, dez anos despois da Sinfonía n.º 8, Beethoven dá a coñecer ó mundo a súa Novena Sinfonía en re menor, posteriormente coñecida como "Sinfonía Coral". A presentación tivo lugar no Teatro da Corte Imperial de Viena (Kärntnertortheater), cheo de celebridades, aristócratas, nobreza e sangue real. Ninguén quería perder a estrea da sinfonía agardada e da que se presumía que sería a derradeira aparición pública do xenio alemán, como efectivamente así foi: nos tres anos seguintes, recluíuse na casa afectado por diversas doenzas que finalmente o levarían á morte.

Beethoven subiu á tarima de costas ó público, e non xirou nin cando rematou o concerto. A súa xordeira era total, non podía escoitar absolutamente nada do que creara. Cando a sinfonía concluíu, o teatro estoupou en aplausos, e unha solista ergueu o brazo do mestre e axudouna a xirar para que vise, entre bágoas, como todo o público se poñía de pé e o homenaxeaba entusiasmada. Ós 54 anos, Beethoven creara a súa obra mái grandiosa e eterna.

Notas

  1. O Himno europeo, no portal da Unión Europea. Consultado o 15 de xuño de 2008.
  2. www.wdl.org, ed. (1 de xaneiro de 1822). "Sinfonía número 9 en re menor, opus 125, de Beethoven". Consultado o 9 de decembro de 2015. 
  3. Extraído dunha carta de Ludwig Fischenich a Charlotte Schiller, muller de Schiller, reproducida a J. i B. Massin: Ludwig van Beethoven, p. 39, Fayard, 1967

Véxase tamén

Outros artigos