A Veiga: Diferenzas entre revisións
Sen resumo de edición |
nome galego da "perdiz pardilla" é perdiz charrela |
||
Liña 144: | Liña 144: | ||
Entre a [[flora]] existente no concello hai extensas formacións de prados silíceos con ''Festuca indigesta'' e manchas en pendentes rochosas de vexetación casmofítica. Xusto en rochais silíceos existe vexetación pioneira do ''Sedo-Scleranthion'' e do ''Sedo albi-Veronicion dillenii'', e tamén exemplos de [[mato]] mediterráneo. Entre os bosques, sobresaen o [[Teixedal de Casaio]] (''Taxus baccata'') e os de [[castiñeiro]]s e rebolos, incluíndo [[carballeira]]s de ''Quercus orocantabrica''. |
Entre a [[flora]] existente no concello hai extensas formacións de prados silíceos con ''Festuca indigesta'' e manchas en pendentes rochosas de vexetación casmofítica. Xusto en rochais silíceos existe vexetación pioneira do ''Sedo-Scleranthion'' e do ''Sedo albi-Veronicion dillenii'', e tamén exemplos de [[mato]] mediterráneo. Entre os bosques, sobresaen o [[Teixedal de Casaio]] (''Taxus baccata'') e os de [[castiñeiro]]s e rebolos, incluíndo [[carballeira]]s de ''Quercus orocantabrica''. |
||
Entre a fauna destacan entre os [[invertebrado]]s o [[escornabois]] ''Lucanus cervus'' e a [[babosa]] (''Geomalacus maculosus''). Entre os vertebrados hai [[réptil]]es de grande interese como a [[lagartixa leonesa]] ou o [[lagarto verdinegro]]. Entre os peixes están a [[troita]] ou as bogas. Entre as aves a |
Entre a fauna destacan entre os [[invertebrado]]s o [[escornabois]] ''Lucanus cervus'' e a [[babosa]] (''Geomalacus maculosus''). Entre os vertebrados hai [[réptil]]es de grande interese como a [[lagartixa leonesa]] ou o [[lagarto verdinegro]]. Entre os peixes están a [[troita]] ou as bogas. Entre as aves a perdiz charrela ou rapaces como o [[falcón abelleiro]], a [[aguia cobreira]] europea, o aguilucho pálido etc. |
||
== Historia == |
== Historia == |
Revisión como estaba o 6 de xullo de 2018 ás 11:05
Coordenadas: 42°14′59″N 07°1′33″O / 42.24972, -7.02583
A Veiga | |
---|---|
Casa do Concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | veiguense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca de Valdeorras |
Poboación | 925 hab. (2023)[2][3] |
Área | 290,5 km²[3] |
Densidade | 3,18 hab./km² |
Entidades de poboación | Lugares da Veiga[4] |
Capital do concello | A Veiga |
Política (2015) | |
Alcalde | Juan Anta Rodríguez (PPdeG) |
Concelleiros | PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 2 Outros: AVI 1 |
Eleccións municipais na Veiga | |
Uso do galego[5] (2011) | |
Galegofalantes | 73,98% |
Na rede | |
http://www.aveiga.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Veiga é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE no ano 2017 tiña 907 habitantes (459 homes e 448 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «veiguense».
Demografía
Censo total | 907 (2017) |
---|---|
Menores de 15 anos | 44 (4.85 %) |
Entre 15 e 64 anos | 459 (50.61 %) |
Maiores de 65 anos | 404 (44.54 %) |
Evolución da poboación da Veiga Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6977 | 6742 | 6357 | 3513 | 1318 | 1106 | 1048 | 1036 | 1000 | 965 | {{{13}}} | {{{14}}} | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} | {{{18}}} | {{{19}}} | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
O concello pertence ó partido xudicial do Barco, e á diocese de Astorga, arciprestado da Veiga. Limita ao norte co Barco de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras e Petín, ao sur con Viana do Bolo, ao leste coa provincia de Zamora e ao oeste co Bolo.
É o concello máis amplo da provincia, con 291 km², e unha altitude media de 1024 metros. No concello atópase a maior altitude de Galicia: o pico de Pena Trevinca, de 2127 metros.
A súa xeografía pode dividirse en tres zonas diferenciadas:
As terras altas, de orixe cámbrica e precámbrica, son as situadas a máis de 1200 metros de altitude. Abarcan a serra do Eixo (A Chaira, As Minas e Pena Cabrón), as serras do sueste (serra Calva, alto do Torno, alto do Turrideiro e alto da Corraliza) e os Montes de Ramilo.
As terras intermedias están compostas por rochas graníticas hercianas, de 1000 a 1200 metros de altitude. Nelas aséntanse a maior parte dos núcleos habitados, ademais da serra de San Lourenzo.
As terras baixas, con altitudes inferiores aos 1000 metros, coinciden co leito do río Xares e a liña de falla que vai dende O Barco até Quintela de Edroso (Viana do Bolo). A rede hidrográfica é abundante, debido á copiosa pluviometría do municipio. Os principais cursos son os dos ríos Corzos, Xares e Requeixo, e os restantes son regatos con moita pendente, moi rápidos e de gran poder erosivo, dando lugar a estreitos e profundos vales e fervenzas.
A temperatura media anual é fresca, sen superar o conxunto os 8 °C. A oscilación térmica é elevada, sobre todo nas terras situadas a máis de 1300 metros. Os invernos son duros a causa das baixas temperaturas e da presenza da neve. As estacións intermedias son curtas e os veráns mornos con noites claras e frescas, sendo meses máis cálidos xullo e agosto, que alcanzan unha media de 15 °C.
A lagoa da Serpe sitúase a 1697 metros de altitude, no macizo de Pena Trevinca. Ten orixe glacial, e cóntase sobre ela a lenda de que todas as noites de San Xoán aparece sobre unha rocha á beira da lagoa unha fermosa princesa de cabelos negros, que durante o resto do ano permanece convertida en serpe.
Flora e fauna
Entre a flora existente no concello hai extensas formacións de prados silíceos con Festuca indigesta e manchas en pendentes rochosas de vexetación casmofítica. Xusto en rochais silíceos existe vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion e do Sedo albi-Veronicion dillenii, e tamén exemplos de mato mediterráneo. Entre os bosques, sobresaen o Teixedal de Casaio (Taxus baccata) e os de castiñeiros e rebolos, incluíndo carballeiras de Quercus orocantabrica.
Entre a fauna destacan entre os invertebrados o escornabois Lucanus cervus e a babosa (Geomalacus maculosus). Entre os vertebrados hai réptiles de grande interese como a lagartixa leonesa ou o lagarto verdinegro. Entre os peixes están a troita ou as bogas. Entre as aves a perdiz charrela ou rapaces como o falcón abelleiro, a aguia cobreira europea, o aguilucho pálido etc.
Historia
No concello hai restos castrexos (testemuña dos cales son topónimos como Castromao, Castromarigo ou O Castro de Xares), e inscricións prerromanas na Casa dos Baqueiros en Ponte. Hai tamén constancia de asentamentos defensivos da época romana no Lombo e As Silviñas, preto de Vilaboa, onde se atoparon abundantes anacos de cerámica común romana e algún resto de tégulas.
A Veiga tivo unha intensa actividade política e económica durante os séculos XVI, XVII, XVIII e principios do XIX, ao ser un pobo de reguengo, pagando impostos e dependendo directamente da coroa. Isto implicaba unha división administrativa moi diferente á das localidades valdeorresas, que eran terras de señorío. Os veciños da Veiga, ao igual ca os residentes no limítrofe concello do Bolo, pertencían á xurisdición do Bolo.
Até 1835 as terras da Veiga pertencían aos concellos de Castromarigo e Espiño, no partido xudicial de Valdeorras. A comezos do século XX posuía unha cuantiosa cabana gandeira (10 000 cabezas de vacún, 60 000 ovino-caprino, 500 cabalar) que acreditou a categoría que posuían as súas feiras e constituía a principal riqueza do país.
O 27 de setembro de 2001 o concello da Veiga foi declarado Municipio Turístico Galego polo Consello da Xunta de Galicia. En 2003 foille concedido o premio Agader da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural ao embelecemento do medio rural pola súa rede etnográfica.
Patrimonio
A Cántara da Moura é un espazo natural ó pé do río Corzos, onde a auga, as covas, as pedras e a vexetación, conforman un dos recunchos máis especiais deste concello. As marmitas de xigante dan lugar a covas que forman un labirinto natural, e na cántara o río Corzos vai soterrado, formando unha piscina natural, sempre fresca, saíndo de novo ó exterior a través dunha porta, segundo contan, esculpida na rocha polos "mouros", en forma de cascada branca e ruidosa.
A cántara da Moura está situada nunha zona onde existen moitas covas, sendo a máis famosa a chamada "Cova dos escapados". Nesta cova refuxiáronse durante meses os escapados da guerra civil, pertencentes ó bando republicano, que foron moi perseguidos. A ela só se pode acceder por un pequeno burato, unicamente coñecido polos veciños da zona, ó que lle puñan unha escaleira para baixar, que quitaban unha vez que entraban. Conseguían sobrevivir semanas enteiras sen saír, grazas a que aquí o río vai soterrado e podían pescar as famosas troitas negras do río Corzos.
Turismo
A Veiga conta con varias rutas homologadas de sendeirismo: o PR-G 198 "Ruta do Maluro e Pena Trevinca", PR-G 199 "Ruta Pena Trevinca polo Sestil Alto", PR-G 200 "Ruta das Lagoas Glaciares da Serpe e de Ocelo", PR-G 201 "Ruta Integral Serra Calva", e o PR-G 211 "Senda Verde do Xares".[6][Cómpre referencia]
As rutas PR-G 198, 199, 200 e 201 son sendeiros de montaña, segundo a definición da FEDME (Federación Española de Deportes de Montaña e Escalada).[7][Cómpre referencia]
A ruta PR-G 211 é unha ruta de sendeirismo normal arredor do encoro de Prada cun perfil suave que permite o tránsito para bicicletas BTT, sinalizada con sinais propios de BTT.[8]
Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes da Veiga.
-
Encoro de Prada.
-
Vista de Requeixo.
Parroquias
Lugares da Veiga
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Veiga vexa: Lugares da Veiga.
Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "A Veiga".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ "FGM <> Rutas de Pequeno Percorrido – OURENSE". fgmontanismo.es. Consultado o 15/12/2017.
- ↑ FEDME, VVAA. (2015). Manual de Señalización de Senderos GR, PR y SL. FEDME. p. 24.
- ↑ LA REGION (ed.). "CICLISMO Los bikers subieron la temperatura de la BTT de A Veiga". Periódico. Consultado o 16/12/2017.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Veiga |