USA Today: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Título en cursiva}}
'''''USA Today''''' (en galego: ''Estados Unidos Hoxe'') é un xornal dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] de tirada nacional publicado por Gannet Corporation. É o diario de maior tirada nese país (con aproximadamente 2,25 millóns de copias calquera día entre semana) e o segundo con maior tirada no mundo anglófono (despois de ''[[The Times of India]]'').

Revisión como estaba o 6 de xullo de 2018 ás 10:27

USA Today (en galego: Estados Unidos Hoxe) é un xornal dos Estados Unidos de tirada nacional publicado por Gannet Corporation. É o diario de maior tirada nese país (con aproximadamente 2,25 millóns de copias calquera día entre semana) e o segundo con maior tirada no mundo anglófono (despois de The Times of India).

Historia

Máquina expendedora de USA Today en Nova York.

USA Today foi fundado o 15 de setembro de 1982 por Allen Neuharth. Pretendía rachar cos xornais máis tradicionais (considerados ás veces demasiado grises, cheos de palabras e sen cor), cun estilo cheo de grandes diagramas e fotografías. É tamén coñecido polas súas enquisas sobre as opinións do público estadounidense.

Inicialmente o xornal tamén pretendía manterse á parte dos métodos tradicionais de distribución, e véndese por medio de máquinas expendedoras. USA Today tamén buscou acomodarse ós viaxeiros de negocios e distribuíase amplamente en aerolíñas, aeroportos e hoteis, como forma adicional a outros puntos de venda. Tamén foi un dos primeiros xornais en utilizar transmisións vía satélite para mandar a edición final a distintas localidades do país para a súa impresión e distribución en mercados rexionais. A innovación e o uso de centros rexionais de impresión permitiron atrasar a hora de peche das edicións e poder incorporar eventos máis recentes de novas e deportes en cada edición.