Anarquía de Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Arranxiño
→‎Conflito entre Estevo e Matilde: Correccións lingüísticas varias
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 11: Liña 11:
Por estas razóns, os nobres e o propio [[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] non tiñan ningunha confianza en [[Matilde de Inglaterra|Matilde]]. Isto ocasionou que, á morte de [[Henrique I de Inglaterra|Henrique I]] en [[1135]], [[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] entrase rapidamente en [[Londres]] e, ao recibir o apoio popular, se proclamase como rei. Desde aí foi a [[Winchester]], onde se apropiou do tesouro real, co apoio do seu irmán Henrique, bispo de Winchester. Tamén o apoiaron o bispo [[Roger de Salisbury]] e o arcebispo [[William Corbeil]]. Como os nobres tamén preferían a Estevo antes que a Matilde, ratificaron a usurpación facendo caso omiso da súa promesa a [[Henrique I de Inglaterra|Henrique I]]. Incluso o medio irmán de [[Matilde de Inglaterra|Matilde]], [[Robert de Gloucester]], apoiou inicialmente a causa de [[Estevo I de Inglaterra|Estevo]], aínda que nunca o fixo con verdadeira devoción. O arcebispo de Canterbury, [[William de Corbeil]], e o papa [[Inocencio II]] tamén apoiaran a Estevo.<ref>Barlow, Frank (1999). The Feudal Kingdom of England, 1042–1216 (5th ed.). Harlow, UK: Pearson Education. ISBN 0-582-38117-7.</ref>
Por estas razóns, os nobres e o propio [[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] non tiñan ningunha confianza en [[Matilde de Inglaterra|Matilde]]. Isto ocasionou que, á morte de [[Henrique I de Inglaterra|Henrique I]] en [[1135]], [[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] entrase rapidamente en [[Londres]] e, ao recibir o apoio popular, se proclamase como rei. Desde aí foi a [[Winchester]], onde se apropiou do tesouro real, co apoio do seu irmán Henrique, bispo de Winchester. Tamén o apoiaron o bispo [[Roger de Salisbury]] e o arcebispo [[William Corbeil]]. Como os nobres tamén preferían a Estevo antes que a Matilde, ratificaron a usurpación facendo caso omiso da súa promesa a [[Henrique I de Inglaterra|Henrique I]]. Incluso o medio irmán de [[Matilde de Inglaterra|Matilde]], [[Robert de Gloucester]], apoiou inicialmente a causa de [[Estevo I de Inglaterra|Estevo]], aínda que nunca o fixo con verdadeira devoción. O arcebispo de Canterbury, [[William de Corbeil]], e o papa [[Inocencio II]] tamén apoiaran a Estevo.<ref>Barlow, Frank (1999). The Feudal Kingdom of England, 1042–1216 (5th ed.). Harlow, UK: Pearson Education. ISBN 0-582-38117-7.</ref>


Pero pese a que [[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] tiña prácticamente todos os apoios e parecía que o seu reinado estaba garantido, o conde [[Robert de Gloucester]] cambiou de bando aos poucos meses e aliouse coa súa medio irmán a emperatriz [[Matilde de Inglaterra|Matilde]]. Ademais, [[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] tomou unha serie de decisións pouco acertadas, que provocaron resentimentos nalgúns dos seus valedores iniciais. O seu propio irmán Enrique, o bispo de [[Winchester]], volveuse no seu contra debido ao arresto de varios bispos, o que se interpretou como un ataque directo á [[Igrexa católica|Igrexa]]. En [[1139]], Matilde entrou en [[Inglaterra]] e fíxose forte no [[castelo de Arundel]]. Estevo permitiulle viaxar a [[Bristol]] para entrevistarse con [[Robert de Gloucester]], pensando que así tería aos seus inimigos controlados no mesmo lugar. Outro importante conde, [[Ranulf de Chester]], acudira a [[Lincoln, Inglaterra|Lincoln]] e capturou o castelo. Entón Estevo, movido pola vontade dos cidadáns de Lincoln, decidiu atacar o castelo. [[Ranulf de Chester|Ranulf]] sacou provecho da situación. Escapou, e coa axuda da súa sogro, [[Robert de Gloucester]], reclutó un exército de cabaleiros, dando lugar a un enfrontamento aberto. Nesta batalla, o [[2 de febreiro]] de [[1141]], Estevo foi derrotado e feito prisioneiro en [[Bristol]], de modo que [[Matilde de Inglaterra|Matilde]] puido gobernar temporalmente desde [[Londres]].<ref>Coulson, Charles (194). "The Castles of the Anarchy". In King, Edmund. The Anarchy of King Stephen's Reign. Oxford: Clarendon Press. ISBN 0-19-820364-0.</ref><ref name="Bradbury, Jim 2009">Bradbury, Jim (2009). Stephen and Matilda: the Civil War of 1139–53. Stroud, UK: The History Press. ISBN 978-0-7509-3793-1.</ref> Con todo, a súa gran arrogancia fíxolle gañarse inimigos pronto, e viuse obrigada a abandonar a capital e trasladarse a [[Oxford]]. En [[setembro]] de [[1141]], [[Robert de Gloucester]] caeu en mans da esposa de Estevo, [[Matilde I de Boulogne|Matilda de Boulogne]] e o seu capitán mercenario, [[Guillerme de Ypres]]. A emperatriz decidiu cambiar a [[Robert de Gloucester|Robert]] por Estevo, de modo que este último recuperou o trono. Estevo controlaba nese momento case todo o país e deixou sitiada a Matilde no [[castelo de Oxford]]. A súa fuxida nocturna a [[Wallingford]] baixo a neve converteuse en lenda.<ref name="Bradbury, Jim 2009"/>
Pero pese a que [[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] tiña practicamente todos os apoios e parecía que o seu reinado estaba garantido, o conde [[Robert de Gloucester]] cambiou de bando aos poucos meses e aliouse coa súa medio irmá a emperatriz [[Matilde de Inglaterra|Matilde]]. Ademais, [[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] tomou unha serie de decisións pouco acertadas, que provocaron resentimentos nalgúns dos seus valedores iniciais. O seu propio irmán Henrique, o bispo de [[Winchester]], volveuse na súa contra debido ao arresto de varios bispos, o que se interpretou como un ataque directo á [[Igrexa católica|Igrexa]]. En [[1139]], Matilde entrou en [[Inglaterra]] e fíxose forte no [[castelo de Arundel]]. Estevo permitiulle viaxar a [[Bristol]] para entrevistarse con [[Robert de Gloucester]], pensando que así tería aos seus inimigos controlados no mesmo lugar. Outro importante conde, [[Ranulf de Chester]], acudira a [[Lincoln, Inglaterra|Lincoln]] e capturou o castelo. Entón Estevo, movido pola vontade dos cidadáns de Lincoln, decidiu atacar o castelo. [[Ranulf de Chester|Ranulf]] sacou proveito da situación. Escapou, e coa axuda do seu sogro, [[Robert de Gloucester]], recrutou un exército de cabaleiros, dando lugar a un enfrontamento aberto. Nesta batalla, o [[2 de febreiro]] de [[1141]], Estevo foi derrotado e feito prisioneiro en [[Bristol]], de modo que [[Matilde de Inglaterra|Matilde]] puido gobernar temporalmente desde [[Londres]].<ref>Coulson, Charles (194). "The Castles of the Anarchy". In King, Edmund. The Anarchy of King Stephen's Reign. Oxford: Clarendon Press. ISBN 0-19-820364-0.</ref><ref name="Bradbury, Jim 2009">Bradbury, Jim (2009). Stephen and Matilda: the Civil War of 1139–53. Stroud, UK: The History Press. ISBN 978-0-7509-3793-1.</ref> Con todo, a súa grande arrogancia fíxolle gañarse inimigos pronto, e viuse obrigada a abandonar a capital e trasladarse a [[Oxford]]. En [[setembro]] de [[1141]], [[Robert de Gloucester]] caeu en mans da esposa de Estevo, [[Matilde I de Boulogne|Matilda de Boulogne]] e o seu capitán mercenario, [[Guillerme de Ypres]]. A emperatriz decidiu cambiar a [[Robert de Gloucester|Robert]] por Estevo, de modo que este último recuperou o trono. Estevo controlaba nese momento case todo o país e deixou sitiada a Matilde no [[castelo de Oxford]]. A súa fuxida nocturna a [[Wallingford]] baixo a neve converteuse en lenda.<ref name="Bradbury, Jim 2009"/>


Esta situación de inseguridade e axitación prolongouse durante todo o reinado de Estevo, ata cando Matilde volveu a [[Anjou, Francia|Anjou]] trala morte de [[Robert de Gloucester|Robert]] en [[1147]]. Estevo era un home demasiado brando e con pouca autoridade, a quen non lle gustaba ter que tomar decisións, polo que os condes e a [[nobreza]] fixéronse demasiado fortes e enfrontábanse continuamente entre eles, dando lugar a unha gran inestabilidade. Por iso, este período da [[historia de Inglaterra]] coñécese como "a anarquía".<ref name="Amt, Emilie 1993">Amt, Emilie (1993). The Accession of Henry II in England: Royal Government Restored, 1149–1159. Woodbridge, UK: Boydell Press. ISBN 978-0-85115-348-3.</ref>
Esta situación de inseguridade e axitación prolongouse durante todo o reinado de Estevo, ata cando Matilde volveu a [[Anjou, Francia|Anjou]] trala morte de [[Robert de Gloucester|Robert]] en [[1147]]. Estevo era un home demasiado brando e con pouca autoridade, a quen non lle gustaba ter que tomar decisións, polo que os condes e a [[nobreza]] fixéronse demasiado fortes e enfrontábanse continuamente entre eles, dando lugar a unha grande inestabilidade. Por iso, este período da [[historia de Inglaterra]] coñécese como "a anarquía".<ref name="Amt, Emilie 1993">Amt, Emilie (1993). The Accession of Henry II in England: Royal Government Restored, 1149–1159. Woodbridge, UK: Boydell Press. ISBN 978-0-85115-348-3.</ref>


O rei [[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] non gozaba de boa saúde por aquel entón, e sufriu unha forte depresión cando o seu fillo, [[Eustaquio IV de Blois|Eustaquio]], morreu repentinamente en [[1153]]. Estevo quería que o seu fillo fose coroado antes de que el morrese, pero o [[Papa]] rexeitara esta idea. Ata establecera un [[interdito]] mentres durasen as disputas. O fillo de [[Matilde de Inglaterra|Matilde]], o que sería máis tarde [[Henrique II de Inglaterra]], converteuse nun bo estratego, cun forte carácter. chegara a [[Inglaterra]] coa intención de conquistala. Entón Estevo, cansado de loitar, decidiu asinar o [[Tratado de Winchester]] (tamén coñecido como [[Tratado de Wallingford]]) en [[1153]], recoñecendo a [[Henrique II de Inglaterra|Henrique]] como o seu sucesor no trono. Os rumores que circularan durante anos de que Estevo era o pai biolóxico de [[Henrique II de Inglaterra|Henrique]] reforzáronse con este nomeamento, xa que Estevo tiña outro fillo, [[Guillerme de Blois]], e con todo cedería a coroa a [[Henrique II de Inglaterra|Henrique]] cando falecese. Pero non hai evidencias que confirmen esta teoría.
O rei [[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] non gozaba de boa saúde por aquel entón, e sufriu unha forte depresión cando o seu fillo, [[Eustaquio IV de Blois|Eustaquio]], morreu repentinamente en [[1153]]. Estevo quería que o seu fillo fose coroado antes de que el morrese, pero o [[Papa]] rexeitara esta idea. Ata establecera un [[interdito]] mentres durasen as disputas. O fillo de [[Matilde de Inglaterra|Matilde]], o que sería máis tarde [[Henrique II de Inglaterra]], converteuse nun bo estratego, cun forte carácter. chegara a [[Inglaterra]] coa intención de conquistala. Entón Estevo, canso de loitar, decidiu asinar o [[Tratado de Winchester]] (tamén coñecido como [[Tratado de Wallingford]]) en [[1153]], recoñecendo a [[Henrique II de Inglaterra|Henrique]] como o seu sucesor no trono. Os rumores que circularan durante anos de que Estevo era o pai biolóxico de [[Henrique II de Inglaterra|Henrique]] reforzáronse con este nomeamento, xa que Estevo tiña outro fillo, [[Guillerme de Blois]], e con todo cedería a coroa a [[Henrique II de Inglaterra|Henrique]] cando falecese. Pero non hai evidencias que confirmen esta teoría.


[[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] finou un ano despois, en [[1154]], e [[Henrique II de Inglaterra|Henrique]] asumiu o trono como [[Henrique II de Inglaterra|Henrique II]], poñendo fin a dúas décadas de anarquía real.<ref name="Amt, Emilie 1993"/>
[[Estevo I de Inglaterra|Estevo]] finou un ano despois, en [[1154]], e [[Henrique II de Inglaterra|Henrique]] asumiu o trono como [[Henrique II de Inglaterra|Henrique II]], poñendo fin a dúas décadas de anarquía real.<ref name="Amt, Emilie 1993"/>

Revisión como estaba o 5 de xullo de 2018 ás 20:06

Estevo I de Inglaterra.
Matilde de Inglaterra.

A Anarquía de Inglaterra é o nome co que se coñece ao período histórico que se desenvolveu neste país, durante o reinado do rei Estevo de Blois (1135-1154), que se caracterizou pola inestabilidade do seu reinado e a guerra civil.

O período estivo marcado pola crise na sucesión na coroa de Inglaterra, trala morte do rei Henrique I no ano 1135, na que se disputaron o trono Estevo e a súa curmá a emperatriz Matilde. Aínda que Estevo foi coroado rei, o estado de guerra permanente entre os seguidores de ambos bandos impediu o goberno efectivo do país durante case todo o reinado de Estevo. A situación de crise non se resolveu ata 1153, un ano antes da morte de Estevo, cando polo Tratado de Wallingford, nomeouse herdeiro da coroa ao fillo de Matilde, Henrique, futuro rei Henrique II, que significou o establecemento da dinastía Plantagenet na coroa de Inglaterra.

Orixe

Estevo era o sobriño favorito do rei Henrique I de Inglaterra (1100-1135), cuxo único fillo lexítimo Guillerme, herdeiro do trono, morrera afogado no afundimento do White Ship, en Barfleur, preto de Normandía, con tan só 17 anos de idade en 1120. Henrique nomeou entón á súa filla Matilde como a súa sucesora no trono e obrigou aos nobres, incluído Estevo, a que lle prestasen xuramento de fidelidade, en varias ocasións, xa que ningunha muller gobernara Inglaterra ata ese momento por dereito propio. Ademais, Matilde casou con Godofredo V de Anjou, que non gozaba de boa reputación en Inglaterra, pola súa procedencia da casa de Anjou.

Conflito entre Estevo e Matilde

Por estas razóns, os nobres e o propio Estevo non tiñan ningunha confianza en Matilde. Isto ocasionou que, á morte de Henrique I en 1135, Estevo entrase rapidamente en Londres e, ao recibir o apoio popular, se proclamase como rei. Desde aí foi a Winchester, onde se apropiou do tesouro real, co apoio do seu irmán Henrique, bispo de Winchester. Tamén o apoiaron o bispo Roger de Salisbury e o arcebispo William Corbeil. Como os nobres tamén preferían a Estevo antes que a Matilde, ratificaron a usurpación facendo caso omiso da súa promesa a Henrique I. Incluso o medio irmán de Matilde, Robert de Gloucester, apoiou inicialmente a causa de Estevo, aínda que nunca o fixo con verdadeira devoción. O arcebispo de Canterbury, William de Corbeil, e o papa Inocencio II tamén apoiaran a Estevo.[1]

Pero pese a que Estevo tiña practicamente todos os apoios e parecía que o seu reinado estaba garantido, o conde Robert de Gloucester cambiou de bando aos poucos meses e aliouse coa súa medio irmá a emperatriz Matilde. Ademais, Estevo tomou unha serie de decisións pouco acertadas, que provocaron resentimentos nalgúns dos seus valedores iniciais. O seu propio irmán Henrique, o bispo de Winchester, volveuse na súa contra debido ao arresto de varios bispos, o que se interpretou como un ataque directo á Igrexa. En 1139, Matilde entrou en Inglaterra e fíxose forte no castelo de Arundel. Estevo permitiulle viaxar a Bristol para entrevistarse con Robert de Gloucester, pensando que así tería aos seus inimigos controlados no mesmo lugar. Outro importante conde, Ranulf de Chester, acudira a Lincoln e capturou o castelo. Entón Estevo, movido pola vontade dos cidadáns de Lincoln, decidiu atacar o castelo. Ranulf sacou proveito da situación. Escapou, e coa axuda do seu sogro, Robert de Gloucester, recrutou un exército de cabaleiros, dando lugar a un enfrontamento aberto. Nesta batalla, o 2 de febreiro de 1141, Estevo foi derrotado e feito prisioneiro en Bristol, de modo que Matilde puido gobernar temporalmente desde Londres.[2][3] Con todo, a súa grande arrogancia fíxolle gañarse inimigos pronto, e viuse obrigada a abandonar a capital e trasladarse a Oxford. En setembro de 1141, Robert de Gloucester caeu en mans da esposa de Estevo, Matilda de Boulogne e o seu capitán mercenario, Guillerme de Ypres. A emperatriz decidiu cambiar a Robert por Estevo, de modo que este último recuperou o trono. Estevo controlaba nese momento case todo o país e deixou sitiada a Matilde no castelo de Oxford. A súa fuxida nocturna a Wallingford baixo a neve converteuse en lenda.[3]

Esta situación de inseguridade e axitación prolongouse durante todo o reinado de Estevo, ata cando Matilde volveu a Anjou trala morte de Robert en 1147. Estevo era un home demasiado brando e con pouca autoridade, a quen non lle gustaba ter que tomar decisións, polo que os condes e a nobreza fixéronse demasiado fortes e enfrontábanse continuamente entre eles, dando lugar a unha grande inestabilidade. Por iso, este período da historia de Inglaterra coñécese como "a anarquía".[4]

O rei Estevo non gozaba de boa saúde por aquel entón, e sufriu unha forte depresión cando o seu fillo, Eustaquio, morreu repentinamente en 1153. Estevo quería que o seu fillo fose coroado antes de que el morrese, pero o Papa rexeitara esta idea. Ata establecera un interdito mentres durasen as disputas. O fillo de Matilde, o que sería máis tarde Henrique II de Inglaterra, converteuse nun bo estratego, cun forte carácter. chegara a Inglaterra coa intención de conquistala. Entón Estevo, canso de loitar, decidiu asinar o Tratado de Winchester (tamén coñecido como Tratado de Wallingford) en 1153, recoñecendo a Henrique como o seu sucesor no trono. Os rumores que circularan durante anos de que Estevo era o pai biolóxico de Henrique reforzáronse con este nomeamento, xa que Estevo tiña outro fillo, Guillerme de Blois, e con todo cedería a coroa a Henrique cando falecese. Pero non hai evidencias que confirmen esta teoría.

Estevo finou un ano despois, en 1154, e Henrique asumiu o trono como Henrique II, poñendo fin a dúas décadas de anarquía real.[4]

Notas

  1. Barlow, Frank (1999). The Feudal Kingdom of England, 1042–1216 (5th ed.). Harlow, UK: Pearson Education. ISBN 0-582-38117-7.
  2. Coulson, Charles (194). "The Castles of the Anarchy". In King, Edmund. The Anarchy of King Stephen's Reign. Oxford: Clarendon Press. ISBN 0-19-820364-0.
  3. 3,0 3,1 Bradbury, Jim (2009). Stephen and Matilda: the Civil War of 1139–53. Stroud, UK: The History Press. ISBN 978-0-7509-3793-1.
  4. 4,0 4,1 Amt, Emilie (1993). The Accession of Henry II in England: Royal Government Restored, 1149–1159. Woodbridge, UK: Boydell Press. ISBN 978-0-85115-348-3.

Véxase tamén

Outros artigos