Taboada: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/gran
Sen resumo de edición
Liña 51: Liña 51:
| web= [http://www.concellodetaboada.es/gl www.concellodetaboada.es]
| web= [http://www.concellodetaboada.es/gl www.concellodetaboada.es]
}}
}}
'''Taboada''' (do latín ''tabulatam'', aplicado a un terreo chairo, de ''tabula'', "táboa") é un concello da [[provincia de Lugo]], pertencente á [[comarca de Chantada]] e á [[Ribeira Sacra]]. No 2016 contaba con 2.928 habitantes.
'''Taboada''' (do latín ''tabulatam'', aplicado a un terreo chairo, de ''tabula'', "táboa") é un concello da [[provincia de Lugo]], pertencente á [[comarca de Chantada]] e á [[Ribeira Sacra]]. No 2017 contaba con 2.862 habitantes.


É unha porta natural á Ribeira Sacra: atópase no norte da comarca de Chantada, ao pé da [[serra do Faro]] e na beira occidental do [[encoro de Belesar]] sobre o río Miño.
É unha porta natural á Ribeira Sacra: atópase no norte da comarca de Chantada, ao pé da [[serra do Faro]] e na beira occidental do [[encoro de Belesar]] sobre o río Miño.
Liña 70: Liña 70:
{| {{Táboabonita}}
{| {{Táboabonita}}
|-
|-
! Censo total <sup>2014</sup>
! Censo total <sup>2017</sup>
! 3.101 habitantes
! 2.862 habitantes
|-
|-
| Menores de 15 anos
| Menores de 15 anos
|align="center"| 195 (6.29 %)
|align="center"| 180 (6.29 %)
|-
|-
| Entre 15 e 64 anos
| Entre 15 e 64 anos
|align="center"| 1.649 (53.18 %)
|align="center"| 1.514 (52.9 %)
|-
|-
| Maiores de 65 anos
| Maiores de 65 anos
|align="center"| 1.257 (40.53 %)
|align="center"| 1.168 (40.81 %)
|}
|}
<timeline>
<timeline>

Revisión como estaba o 4 de xullo de 2018 ás 16:31

Coordenadas: 42°42′58.49″N 7°45′46.34″O / 42.7162472, -7.7628722

Taboada
Escudo de Taboada
Casa do Concello.
Pazo de San Pedro. Igrexa de Santa María de Taboada dos Freires.
Casa do Concello, Pazo de San Pedro e igrexa de Taboada dos Freires
Situación
Xentilicio[1]taboadés
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Chantada
Poboación2.657 hab. (2023)[2][3]
Área146,7 km²[3]
Densidade18,11 hab./km²
Entidades de poboación27 parroquias[4]
Capital do concelloTaboada
Política (2015)
AlcaldeRamiro Moure Ansoar (PPdeG)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 7
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Taboada
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes84,22%
Na rede
www.concellodetaboada.es
Facebook: 100064479918381 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Taboada (do latín tabulatam, aplicado a un terreo chairo, de tabula, "táboa") é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Chantada e á Ribeira Sacra. No 2017 contaba con 2.862 habitantes.

É unha porta natural á Ribeira Sacra: atópase no norte da comarca de Chantada, ao pé da serra do Faro e na beira occidental do encoro de Belesar sobre o río Miño.

Xeografía

O concello de Taboada atópase no norte da comarca de Chantada, no suroeste da provincia de Lugo. Cunha extensión de 146,7 km², conta con máis de 200 núcleos de poboación repartidos entre 27 parroquias. Limita ao norte con Portomarín, ao noroeste con Monterroso e Antas de Ulla, ao oeste con Rodeiro, ao sur con Chantada, e ao leste co Saviñao e Paradela. A vila de Taboada, capital municipal, atópase nunha planicie no centro xeográfico do concello.

Parroquias de Taboada

O termo municipal esténdese dende a serra do Faro ata as beiras do río Miño. O punto máis alto é a cima do San Cristovo (818 m), preto de Monterroso, aínda que as parroquias máis occidentais, próximas á serra, acadan alturas de máis de 700 metros.

O río Toldao (que toma distintos nomes ao longo do seu percorrido) atravesa o concello de oeste a leste e o río Enviande marca o límite co concello de Chantada polo sur.

Predominan os bosques autóctonos de carballos e castiñeiros, así como zonas de labradío e de cultivo da vide nas ribeiras. Hai algunhas zonas onde medran piñeiros e, en menor medida, tamén se cultiva o eucalipto. O concello pode adscribirse paisaxisticamente á da planicie luguesa, agás as zonas da ribeira miñota.

Demografía

Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 2.948 habitantes. O seu xentilicio é «taboadés».

Censo total 2017 2.862 habitantes
Menores de 15 anos 180 (6.29 %)
Entre 15 e 64 anos 1.514 (52.9 %)
Maiores de 65 anos 1.168 (40.81 %)

Historia

Dos tempos anteriores á romanización consérvanse vestixios en Fradé, Arxiz e Insua[6][7][8] e castros en lugares como Castelo, Moreda, Vilela, Piñeira e Gondulfe. O vestixio castrexo máis importante é o Guerreiro de Ralle, do que se conserva só a cabeza, sendo a peza de maior tamaño do ámbito castrexo galaico que, estando enteira, podería acadar os catro metros de altura[9]. Está conservada na casa da aldea que lle dá nome na parroquia de Vilela. Na Casa da Torre de Moreda existen restos de tumbas antropomórficas que suxiren unha grande antigüidade na poboación do lugar.

Antigo Réxime

O concello de Taboada está fortemente vinculado co Condado de Taboada.

Escudo do Condado de Taboada na igrexa de San Pedro de Bembibre.

Durante o Antigo Réxime, as parroquias do que hoxe é o termo municipal de Taboada estaban repartidas en até sete xurisdicións: Taboada (coa maior parte das parroquias), Monterroso, Amarante, Quinzán, Vilar, Portomarín e o coto redondo de Moreda.[10]

Período liberal (desde 1840)

Xa no período liberal, en 1835 organizáronse os concellos de Taboada (antiga xurisdición) e de Vilar, aínda que algunhas parroquias pertencían a Monterroso, Amarante e Portomarín. En 1840 constituiuse o actual concello tendo como primeiro alcalde a Xosé María López de Prado. Desde entón, as únicas modificacións territoriais producidas foron a incorporación até 1845 das hoxe chantadinas parroquias de Adá e Arcos.[11]

O nome de Taboada foille atribuído pola xurisdición maioritaria do Antigo Réxime, administrada polos Condes de Taboada, así como a súa capital, pois até mediados do século XX só aparecía rexistrada como "Carballo", "Santo Tomé" ou "Santo Tomé do Carballo".[12]

Inicialmente, Taboada pertencía ao partido xudicial de Chantada, pero cando en 1822 Chantada pasa á provincia de Ourense, Taboada convértese na capital do partido homónimo, abranguendo parte do anterior de Chantada, e mantívose así até 1844. Contou con xulgado comarcal (incluíndo os concellos de Taboada e Portomarín) até 1953.[11].

Cultura

Toponimia

O concello recibe o nome e o escudo do Condado de Taboada, con soar na parroquia de San Pedro de Bembibre. O topónimo procede probablemente do adxectivo latino tabulatus, -a, -um, "chán", asignado á terra, -ae, "terra" (por iso derivaría da forma feminina).

Patrimonio arquitectónico

  • Arquitectura relixiosa
Igrexa de San Pedro de Bembibre

Taboada é unha zona rica en arquitectura románica. Hai un total de sete igrexas deste estilo, construídas entre os séculos XII e XIII.

A Igrexa de San Pedro de Bembibre atópase a un quilómetro do pazo-fortaleza dos condes de Taboada. De planta rectangular e con ábsida semicircular, ten un interesante retablo, conserva o púlpito no muro norte, frescos en bo estado e o sartego do primeiro conde de Taboada, don Xoán Taboada de Ribadeneira e Figueroa. Foi declarada Ben de Interese Cultural.

A Igrexa de Santa María de Taboada dos Freires é unha das poucas igrexas de orixe templaria do país. Construída no 1191, é obra do Mestre Pelaxio, como figura no tímpano, onde está representando a Sansón degolando un león. Debeu ser parte dun mosteiro hoxe desaparecido.

A Igrexa de Santa María de Piñeira é o templo románico de maior tamaño do concello e estivo ligado á actividade monacal (tendo constancia da presenza de polo menos dous mosteiros na parroquia). Conserva intacta a súa planta primitiva, agás a portada, que é moderna,e ten unha ábsida de considerable tamaño.

Outras igrexas románicas de interese son as de Santa María de Castelo, San Xián de Campo, Santa Mariña de Cerdeda e San Xoán de Bouzoa.

Á parte das grandes construcións, hai en Taboada unha gran cantidade de capelas, cruceiros e petos de ánimas esparexidos polo municipio.

  • Arquitectura civil

Esta é unha zona de gran concentración de construcións señoriais entre as que cómpre destacar:

A Casa da Torre de Moreda, con planta orixinaria propia dunha torre (o que dá conta da súa antigüidade) e moi modificada ao longo da Historia. No seu interior atopáronse restos de tumbas antropomórficas que nos levan a pensar que este foi un dos primeiros asentamentos humanos da contorna.

O pazo-fortaleza de San Pedro de Bembibre ou dos Condes de Taboada, construído en 1413 e residencia dos condes de Taboada dende entón. Ten unha planta en U e o aspecto dunha fortaleza: torre ameada e aspecto austero e robusto.

O pazo de Relás está na aldea homónima, na parroquia de Santo Tomé do Carballo. A súa propiedade estivo ligada á familia dos condes de Taboada e ten, como o anterior, un aspecto austero e robusto.

O pazo de Vilar, na parroquia de Esperante, hoxe en ruínas,ten un gran tamaño e foi cabeza do arciprestado de Vilar e da xurisdición do sur do concello durante o Antigo Réxime.

O pazo de Perrelos, no lugar homónimo da parroquia de Castelo, data do século XVII e é un grande exemplo do barroco civil galego.

Ademais destes, existe o Pazo de Nogueira e múltiples casas grandes, como as da Amieira e Mosteiro (en Xián), a de Covas (en Castelo), a de Buín (en Campo), a do Neto ou do Carreira (en Sobrecedo), a de Vidás (en Cicillón), a de Sonán ou a da Cruz (que funciona como Casa da Cultura na vila de Taboada).

Festas e celebracións

Festa do Caldo de Ósos

O caldo de ósos é un prato propio de Taboada que goza de certa fama a nivel galego[13]. É un caldo feito co espiñazo do porco (os "ósos" que lle dan nome), garavanzos, pataca, miolos, un sofrito de aceite, allo e pimentón doce e pemento picante ao gusto. Dende os anos 90 vénse celebrando a Festa do Caldo de Ósos, tódolos fins de semana de Entroido, na que se promociona a degustación deste prato e doutros produtos tradicionais: augardentes, licores, queixo, mel, carnes e artesanía. Ademais, tamén hai actividades culturais: concurso de cantos de taberna, concertos de rock e de música tradicional e baile.

Queima das Fachas

O Folión de Castelo, chamado nos últimos anos Queima das Fachas, que se celebra tódolos días 7 de setembro, no Castro de Castelo, consiste na queima duns fachos de gran tamaño ou fachas, dispostos de forma circular, conmemorando unha antiga tradición. Esta podería ter diversos orixes: como forma de comunicación, coa función de ver pola noite ou constituír un ritual máxico. Está declarada Festa de Interese Turístico de Galicia e é promovida pola Asociación Cultural "As Fachas"[14].

Esta celebración abre as festas parroquiais de Castelo, adicadas a Santa María.

Festas dos Milagres

As festas patronais da vila de Taboada, adicadas á Virxe dos Miragres, teñen lugar o segundo fin de semana de agosto e son as de maior afluencia do concello. O último día das festas celébrase a "Festa do Óso", recuperada no 2013 logo de décadas de abandono e que consiste en comer as sobras da comida preto da chousa de San Pedro (no lugar do San Roque, na parroquia de Bembibre).

Símbolos

Entrada no concello de Taboada desde Antas de Ulla pola estrada LU-P-1809.

O escudo de Taboada está baseado no da casa dos Condes de Taboada: catro táboas de ouro sobre fondo de goles e oito potes que, segundo a tradición, empregou don Lope de Taboada para atravesar o río Miño durante unha campaña militar; unha coroa condal; e o engadido dunhas follas de carballo, en alusión ao peso desta árbore na vida económica do municipio ao longo da historia, máis en concreto ao centenario Carballo de Ramos, na vila de Taboada.[15]

Este escudo ten algunhas diferenzas co escudo condal dos Taboada, inclúe oito potes en vez de nove e ten o engadido das follas de carballo.[15]

Economía

O sector primario ocupa un lugar principal na economía do concello. Practicamente a totalidade da súa superficie está destinada á súa explotación e o sector secundario está directamente vinculado co primario. Tamén o sector dos servizos está condicionado en boa medida polas actividades agrarias.

A gandaría ocupa o primeiro lugar nas actividades económicas deste concello, situada na meseta ou superficie de aplanamento interior, con modernas explotacións dotadas das últimas tecnoloxías, que lle permiten unha produción de grande calidade e cantidade. Conta, igualmente con industrias lácteas —queixo da denominación Arzúa-Ulloa— distribuídas en espazos rurais. A fábrica de pensos da cooperativa Aira ocupa o único soar do parque empresarial.

A cooperativa Aira é a única con presenza no polígono.

A agricultura é a outra grande actividade, na que destacan as forraxes, para consumo propio. A viticultura ten tamén un forte peso, levándose a cabo (sen ter en conta desprezables excepcións) nas plataformas escalonadas das ribeiras do encoro de Belesar, no linde oriental do municipio. A variedade de uva máis apreciada é a mencía. As augardentes multivarietais, dentro da denominación de Portomarín, conseguen unha alta calidade.

A explotación da madeira é o outro gran motor económico primario. Sobre todo no nordeste do concello esténdense importantes plantacións de piñeiro e, en menor medida, tamén de eucalipto.

O sector servizos (alimentación, transportes, servizos agrícolas, de ensino, de saúde etc) está concentrado case na súa totalidade na capital municipal.

Política e goberno

Actualmente o alcalde é Ramiro Moure Ansoar, do PPdG, que relevou a José Jesús Ramos Ledo e obtivo a maioría absoluta (con 7 dos 11 concelleiros) nos comicios de 2011 e 2015. A segunda forza no consistorio é o BNG, cuxo portavoz é Antón Ledo Pan, e a terceira, o PSdG-PSOE, con María Amo Díaz á cabeza.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Taboada.

Parroquias e lugares

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Taboada vexa: Lugares de Taboada.

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Taboada

Ansar (Santo Estevo) | Arxiz (San Paio) | Bembibre (San Pedro) | Bouzoa (San Xoán) | Campo (San Xián) | Carballo (San Tomé) | Castelo (Santa María) | Cerdeda (Santa Mariña) | Cicillón (Santiago) | Couto (San Martiño) | Esperante (Santiago) | Fradé (Santiago) | Gondulfe (San Lourenzo) | Insua (San Salvador) | Mato (San Martiño) | Meixonfrío (Santa Mariña) | Moreda (Santa María) | Mourulle (San Vicente) | Piñeira (Santa María) | San Xián de Insua (San Xián) | Sobrecedo (Santiago) | Taboada dos Freires (Santa María) | A Torre (San Mamede) | Vilameñe (Santa Mariña) | Vilar de Cabalos (Santa Eulalia) | Vilela (San Miguel) | Xián (Santa María)

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Taboada".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. Concello de Taboada. "Vestixios prerrománicos: Fradé". Consultado o 6 de abril de 2015. 
  7. Concello de Taboada. "Vestixios prerrománicos: Arxiz". Consultado o 6 de abril de 2015. 
  8. Concello de Taboada. "Vestixios prerroánicos: Insua". Consultado o 6 de abril de 2015. 
  9. Concello de Taboada - Laureano F. Carballo. "Guerreiro castrexo de Ralle". Consultado o 4. 
  10. Río Barja, F.J. (1990). Cartografía xurisdiccional de Galicia no Século XVIII. Consello da Cultura Galega. 
  11. 11,0 11,1 Fariña Jamardo, X. (1990). Os concellos galegos (Parte Xeral). Fundación Barrié de la Maza. 
  12. Fariña Jamardo, X. (1990). Os concellos galegos (Parte específica). Fundación Barrié de la Maza. 
  13. Concello de Taboada. "Festa do Caldo de Ósos de Taboada". Consultado o 6 de abril de 2015. 
  14. Asociación Queima das Fachas de Castelo. "Asociación Queima das Fachas de Castelo". Consultado o 6 de abril de 2015. 
  15. 15,0 15,1 Páxina sobre o escudo na web do concello

Véxase tamén

Ligazóns externas