Ribas de Sil: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m →‎II República e Guerra Civil: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (5)
Sen resumo de edición
Liña 52: Liña 52:
}}
}}


'''Ribas de Sil''' é un concello da [[provincia de Lugo]], pertencente á [[comarca de Quiroga]]. Segundo o [http://www.ine.es/ INE] a súa poboación no [[2015]] era de 1.001 habitantes <small>(1.245 no [[2006]], 1.310 no [[2005]], 1.335 no [[2004]], 1.410 no [[2003]])</small>. O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é «{{Dic|ribasilense}}».
'''Ribas de Sil''' é un concello da [[provincia de Lugo]], pertencente á [[comarca de Quiroga]]. Segundo o [http://www.ine.es/ INE] a súa poboación no [[2017]] era de 980 habitantes <small>(1.245 no [[2006]], 1.310 no [[2005]], 1.335 no [[2004]], 1.410 no [[2003]])</small>. O seu xentilicio <small>(véxase no Galizionario)</small> é «{{Dic|ribasilense}}».


== Xeografía ==
== Xeografía ==
Liña 62: Liña 62:
|-----
|-----
! Censo total
! Censo total
! 1.001 <sup>(2015)</sup>
! 980 <sup>(2017)</sup>
|-----
|-----
| Menores de 15 anos
| Menores de 15 anos
| 58 (5.79 %)
| 59 (6.02 %)
|-----
|-----
| Entre 15 e 64 anos
| Entre 15 e 64 anos
| 527 (52.65 %)
| 504 (51.43 %)
|-----
|-----
| Maiores de 65 anos
| Maiores de 65 anos
| 416 (41.56 %)
| 417 (42.55 %)
|}
|}



Revisión como estaba o 3 de xullo de 2018 ás 11:18

Coordenadas: 42°27′58.93″N 7°17′14.57″O / 42.4663694, -7.2873806

Ribas de Sil
Bandeira de Ribas de Sil
Escudo de Ribas de Sil
Casa do Concello.
Situación
Xentilicio[1]ribasilense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Quiroga
Poboación914 hab. (2023)[2][3]
Área67,8 km²[3]
Densidade13,48 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias[4]
Capital do concelloSan Clodio
Política (2015)
AlcaldeMiguel Ángel Sotuela Vega (PSdeG-PSOE)
Concelleiros
PPdeG: 2
PSdeG-PSOE: 7
Eleccións municipais en Ribas de Sil
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes50,00%
Na rede
www.concelloderibasdosil.es
editar datos en Wikidata ]

Ribas de Sil é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga. Segundo o INE a súa poboación no 2017 era de 980 habitantes (1.245 no 2006, 1.310 no 2005, 1.335 no 2004, 1.410 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «ribasilense».

Xeografía

O concello de Ribas de Sil forma unha estreita lingua de terra entre o río Sil (que o separa de Quiroga) e a serra da Moá, que separa as provincias de Lugo e Ourense. A súa capital, San Clodio, sitúase á beira do río Sil, fronte a Quiroga.

Demografía

Censo total 980 (2017)
Menores de 15 anos 59 (6.02 %)
Entre 15 e 64 anos 504 (51.43 %)
Maiores de 65 anos 417 (42.55 %)

Historia

Hai restos de presenza humana no Paleolítico e Mesolítico. Daquela aproveitábanse os coios de seixo e cuarcitas formados polos aluvións do río. Tamén se fabricaban machadas de pedra pulimentada. Aínda que sen catalogar, hai referenciadas varias mámoas do Neolítico. Consérvase algún menhir e un crómlech. Da Idade de Bronce consérvanse varias machadas .

Preto das explotacións mineiras de ouro utilizadas polos romanos, consérvanse varios castros da Idade de Ferro, como o castro de Abaixo, o de Remeite, ou Os Castros.

Romanización

Cara ao século I a. C. os romanos conquistaron a Gallaecia. Atraídos polas minas de ouro, estableceron explotacións deste metal nas beiras do río Sil, desde Montefurado até a súa desembocadura no río Miño.

Logo de extraer o metal, o terreo podía quedar apto para os cultivos. Ademais de plantar castiñeiros, que servían de alimento para os escravos e traballadores das minas, plantáronse vides e oliveiras. A explotación aurífera atraía arredor dela unha forte economía, pola subministración de ferramentas e servizos para os traballadores. Así mesmo, había unha fluída rede viaria que conectaba a zona con Astorga, o centro administrativo. No lugar da Ermida, baixo a capela construída trala cristianización, hai restos da mansión onde previsiblemente habitaba o encargado da explotación.

No século IV construíuse o Crismón da Ermida, unha das construcións cristiás máis antigas de Galiza.

Idade Media

Durante a Idade Media era común entre os peregrinos que facían o camiño de Santiago en inverno evitaren o paso polo Cebreiro debido ás condicións meteorolóxicas, polo que entraban en Galiza seguindo a antiga Vía XVIII do Itinerario de Antonino. No val de Quiroga existe o Hospital da orde de San Xoán. Dita vía foi utilizada como camiño principal non só por peregrinos, senón tamén por exércitos, mendigos e comerciantes e operarios de todo tipo.

A abadía de San Clodio foi fundada cara ao século X por cristiáns de orixe leonesa que fuxían da invasión musulmá. O templo foi posto baixo a advocación do mártir Claudio de León.

En 1225 o rei Afonso IX outorgoulle á vila un foro. A vila estaba baixo control eclesiástico. Isto provocou que a revolta irmandiña, xa no século XV, non tivese moita repercusión na zona, provocando só derrube do castelo de Malpica, pertencente á casa de Lemos, do que quedan moi poucos restos.

Idade Moderna

Entre os séculos XVI e XVIII a zona estivo a cargo de pequenos fidalgos encomendeiros dos grandes señores, ou das grandes igrexas e mosteiros. Deixaron constancia da súa presenza en diversos escudos en Torbeo, Vilanova, San Román, Pumares, San Pedro e Pousanova.

Século XIX

Logo da derrota do xeneral Soult en Montefurado por parte das tropas populares, comandadas polo abade de Casoio, o quirogués Xoán Ramón Quiroga e Uría, e o párroco de Bendollo, Francisco María Cao, as tropas francesas arrasaron con diversas aldeas do concello, como a Pousavella ou Peites. Tamén sufriron perdas, e así na década de 1950, durante a ampliación da estación de San Clodio - Quiroga, apareceron os restos soterrados de varios militares galos. As tropas francesas incendiaron a igrexa de Ribas de Sil.

Coa nova ordenación territorial de 1833 o Concello pasou de pertencer á provincia de Ourense á de Lugo, e a súa capitalidade pasou de Torbeo a San Clodio.

En 1883 remátanse as obras de construción da liña ferroviaria que une Ourense coa meseta. Isto implicou a chegada nos anos anteriores de moitos traballadores foráneos e o emprego de moitos locais, aumentando a economía local e pasando San Clodio a ter unha fisionomía urbana, co establecemento de comercios e pequenas industrias. Porén, o tren rematou cos comercios rexidos polos maragatos, que vendían alimentos e produtos diversos.

Na década de 1950 a estación de San Clodio - Quiroga viviu outro auxe, pola explotación das minas de ferro dos cotos Vivaldi e Wagner, que eran transportadas cara aos portos de Vigo e Ferrol con destino a Inglaterra.

Para conectar a vila co contorno en 1883 iniciouse a construción da ponte de ferro (Ponte Vella) sobre o río Sil. Aínda que o trazado lóxico entre Castro Caldelas e Quiroga sería polo paso da Portela, comunicando tamén as aldeas das Portas e A Fraga, os intereses do cacique Manuel Batanero porque pasase polos seus terreos provocaron o seu trazado actual, pasando pola Ventosa.

A ponte ten dous arcos de pedra na marxe esquerda e dous piares, tamén de pedra, sobre o leito do río, nos que se asentan dous taboleiros metálicos de pezas cosidas in situ. Malia as fortes riadas, especialmente as de 1909, 1962 (a maior desde que hai rexistros) e 2000, a ponte segue activa.

Século XX

Economía

No primeiro terzo do século XX a economía era en grande medida do sector primario. As feiras celebrábanse o día 26 de cada mes até 1921 facíase no adro da igrexa, pero nese ano, sendo alcalde Leopoldo Rodríguez, fíxose o Campo da Feira onde na actualidade está a praza Maior. Nese ano pasouse a celebrar os días 21, dado que os 27 celebrábase en Quiroga.

En San Clodio funcionaba unha fábrica de ladrillos e outra de caldeiros e baldetas, con forno de galvanizado e taller de forxa, ademais das minas de ferro. Existía un Sindicato de Labregos Católicos con economato e dúas sociedades recreativas. En 1910 había 4.159 habitantes, pero na década de 1920 moita xente emigrou para traballaren na obras públicas promovidas durante a ditadura de Primo de Rivera e nas zonas industriais e mineiras de Asturias, País Vasco e Cataluña.

Coa construción da planta hidroeléctrica da Rodela, no río Queiroga, chegou a electricidade a San Clodio a comezos dos anos vinte, se ben non chegou ás zonas rurais até os anos 50 e 60. Malia as deficiencias da instalación e a escasa potencia da subministración, permitiu o establecemento de maquinaria eléctrica, como serradoiros, cepilladoras, serras ou tornos nas carpinterías, ou motobombas de subministración de auga. Tamén permitiu o alumeado público, e a nivel particular o uso de aparatos receptores de radio. Nos anos 40 e 50 no local de "La Sociedad" o proxeccionista Salvador Ontiveros traía o cinematógrafo desde Quiroga.

Porén, a potencia da subministración dependía do caudal do río Queiroga. En verán facíanse quendas nos serradoiros, e no outono a caída da folla que atrancaba a canle provocaba cortes na subministración.

En 1933 constituíuse Eléctrica Quiroguesa, mercada en 1943 por Arturo Núñez. A empresa viu resolver en certa medida a falta de potencia, ao distribuír a produción de Saltos del Sil, empresa que controlaba o encoro de Sequeiros. A súa construción empregou bastante man de obra do concello e forasteira, que tras acadar certa especialización foi empregada posteriormente na construción doutros encoros. Saltos do Sil mercou Eléctrica Quiroguesa, e tras sucesivas operacións financeiras, na actualidade operan na zona Iberdrola e Gas Natural Fenosa.

Desde os anos 50, debido á campaña de electrificación, desde a estación de San Clodio saíron postes de castiñeiro procedentes dos soutos do contorno e do Courel.

O 24 de xullo de 1926 tivo lugar o segundo (e de momento o último) accidente de aviación no concello. Unha escuadra de seis avións militares dirixíase cara á Coruña desde León. A nave Avilla, pilotada polo capitán de cabalería Ernesto Gómez de Arce, sufriu unha avaría. Intentou facer unha aterraxe de emerxencia nun areal, pero ao decatarse de que había coios grandes intentou remontar o voo, pero bateu contra os cables do tendido eléctrico. Só houbo danos materiais, ao estar parada ese día a Fábrica de Luz.

II República e Guerra Civil

O goberno de Primo de Rivera decretou en 1926 a desaparición dos foros e promoveu a desarticulación do sistema caciquil. No concello inspeccionouse a documentación e contabilidade municipal. O capitán Argudín, axente gobernativo, atopou certas anomalías e instruíu expediente por desfalco, o que provocou o ingreso na prisión de Queiroga do alcalde.

Nas eleccións municipais de 1931 saíu elixida por maioría unha Corporación Republicana, con maioría do PSOE e membros de Acción Republicana. A UXT tiña sedes agrarias en San Clodio, Torbeo, Figueiredo e Piñeira.

A Revolución de 1934 trouxo diversos incidentes, como o estoupido de petardos na vía férrea preto da estación, un tiroteo a un tren entre San Clodio e Montefurado (resultando ferido o fogueiro), e a queima e saqueo de varios templos.
Segundo o informe da Xunta de Cultura Histórica e do Tesouro Artístico de Lugo (feito en outubro de 1937), na igrexa de Santa María das Neves de Nogueira foron destruídos parte do retablo do altar maior e dous laterais, o púlpito, tódalas imaxes, unha cómoda de nogueira, os libros rituais e misais e outros obxectos sacros, valorándose os danos en 20.000 pts.
Na igrexa de Santa Lucía de Rairos esnaquizáronse obxectos artísticos por valor de 2.000 pts.
A igrexa de Torbeo foi incendiada, salvándose algunhas alfaias que se depositaron no bispado de Ourense.
O mesmo informe menciona a queima da capela da Covela, na que se respectou a imaxe de San Antonio Abade; o saqueo da capela de San Pedro, co esnaquizamento do retablo barroco, desaparición de imaxes (posiblemente botadas ao río), e rotura duns cadros de San Pedro e San Pablo; en Santiago de Soutordei saqueo con desaparición de roupas e esnaquizamento de imaxes, entre elas un San Xosé; en Vilariño intentouse un saqueo, pero foi evitado polos veciños.
A igrexa de San Clodio, que estaba nas mans das autoridades da Fronte Popular, non sufriu danos, o que leva a pensar que os saqueos e incendios foron provocados por elementos illados e grupos incontrolados, e non polas autoridades que posteriormente pagarían os danos.

Amais dos danos en templos, 300 homes procedentes das diversas parroquias concentráronse en San Clodio coa intención de tomar Quiroga, pero desistiron pola presenza das forzas de seguridade. Con todo, tralo remate dos incidentes o 8 de outubro foron procesados 22 persoas, acusadas de rebelión. Foron encarcerados membros destacados dos partidos de esquerdas, amnistiados no 36.

O 18 de xullo de 1936, día do Alzamento Nacional, o alcalde do concello era Marcelino Fernández Prada, da Fronte Popular. Organízase a defensa da república co recrutamento de homes e o requisamento de armas. Chegan en tren un grupo de mineiros, fuxindo da represión na zona de Ponferrada. Chegan con algún fusil, e aprenden ás mulleres a confeccionar bombas de man artesanais con botes de pementos morróns baleiros, e explosivos con produtos mercados na farmacia.

Dado que o tren non circulaba, o principal acceso era a Ponte de Ferro. Alí fixéronse parapetos con sacos de terra e tendeuse arame de espiño entre as varandas. O 22 de xullo chegaron desde Lugo forzas de falanxe, 20 fascistas, e números da garda civil, ao mando do capitán da garda civil José López de Haro Rey. Uníronselles gardas e carabineiros de Quiroga, e tomaron posicións na serra da Robleda, fronte a San Clodio. A superioridade armamentística, con bombas de man e metralladoras, provocou que os republicanos buscasen refuxio nos montes ou fuxisen en tren. A media tarde as forzas golpistas ocuparon San Clodio, instalando reflectores no paso a nivel para previr un contraataque nocturno. Os membros locais da falanxe uníronse aos ocupantes, pasando a ocupar os postos políticos do réxime franquista.

Axiña comezou a represión. Os mineiros feridos que chegaran de Castela apareceron asasinados. Mulleres de esquerdas foron humilladas, cortándolles o pelo e sendo obrigadas a limpar as dependencias das novas autoridades. Moitos republicanos, sindicalistas ou afiliados a partidos da esquerda foron paseados ou executados, algúns in situ e outros tras xuízos sumarísimos tralo paso polo cárcere provincial, acusados de pertencer a organizacións políticas ou sindicais, ou só por recibir un informe desfavorable[6].

Durante a guerra houbo bastantes fuxidos, refuxiados no monte ou escondidos nas casas. Coa chegada do exercito en 1939 para garantir a seguridade do ferrocarril que levaba ao porto de Vigo as tropas nazis e para desartellar os núcleos de guerrilleiros, implicou a conmutación de penas de morte polas de prisión e a maior posibilidade de redención destas, cesando as execucións e entregándose a maior parte das persoas que aínda estaban fuxidas. Tamén ocorreu un escuro episodio de "guerra sucia" cando a brigadilla da Garda civil asasinou ao antigo alcalde e cacique Leopoldo Rodríguez Rodríguez o 14 de agosto de 1950.

Durante a posguerra, malia que houbo algo de traballo na reconstrución e reconversión das pontes do ferrocarril de ferro a formigón e na construción dos encoros e centrais hidroeléctricas de Saltos do Sil, tamén se emigraba á vendima a Valdeorras e á sega a Castela, así como a Arxentina e Venezuela. Tamén trouxo traballo a reforestación de montes de piñeiros, se ben en condicións duras e cun salario baixo.

Nos anos sesenta houbo un éxodo rural cara ás zonas industriais de Barcelona e Francia, o que provocou un avellentamento da poboación aínda patente e o abandono de diversas aldeas.

Nos anos setenta construíuse a estrada N-120 e a Ponte Nova entre San Clodio e Quiroga. En principio ía ser unha autoestrada, o Acceso Central a Galicia, que chegaba polo val do Sil á Pobra do Brollón, onde se ramificaba cara á Coruña, por Lugo, e cara Monforte, para desde aí dividirse por Ourense a Vigo e por Chantada e Lalín a Santiago. Finalmente, ante o alto custo do proxecto, decidiuse mellorar as estradas nacionais existentes.

Tamén se construíu nesa época a casa do concello, sendo alcalde Arturo González Ojea. Ata entón as dependencias municipais estiveran nun local alugado a Batanero.

Transición

A primeira corporación municipal democrática desta época tomou posesión en abril de 1979, con 6 concelleiros de ADIN (independentes de dereitas posteriormente integrados en AP), 4 de UCD e 1 de CD. Non concorreu ningunha candidatura de esquerdas ao deixar fóra da lista de independentes a persoas de ideas progresistas.

O 25 de maio de 1983 tomou posesión a segunda corporación, con 5 concelleiros de ADIR (independentes progresistas e de esquerdas, parte dos cales se integraron posteriormente no PSOE) e 4 de AP. Nesta lexislatura estivo a primeira concelleira, aínda que dimitiu antes de rematar.

En xuño de 1987 constituíuse a terceira corporación, con 11 concelleiros: 7 de AP e 4 do PSdeG.

En xuño de 1991 volveron ser nove concelleiros: 5 do PP e 4 do PSdeG. Este resultado repetiuse en xuño de 1995, pero a raíz dunha moción de censura apoiada por dous tránsfugas do PP pasou a alcaldía a mans do PSdeG en marzo de 1998.

En xuño de 1999 o PSdeG gañou con 5 concelleiros, por 4 do PP.

Na actualidade funciona no concello unha Escola Municipal de Música, da cal xurdiu un grupo de música folk, e unha Banda de Gaitas do Concello de Ribas do Sil, recentemente ascendida da categoría novel e con altas puntuacións nas probas do Campionato Galego de Bandas de Gaitas.

Cultura

Toponimia

Este topónimo procede de estar localizado á beira (riparia en latín) do río Sil, aínda que a súa formación analítica pode levar a pensar que se formou posteriormente a outros análogos sintéticos (Ribadavia, Ribadeume, Ribadeo).

Patrimonio

Patrimonio arquitectónico

Abadía de San Clodio

A Abadía, fundada no século X, foi doada á orde de San Bieito en 1154 xunto coas súas terras e cincocentos vasalos, por Vasco de Quiroga, Capitán dos Reais Exércitos de Afonso VII o Emperador. Os abades tiñan autoridade sobre as terras de San Clodio e Rairos, independentemente da Encomenda de Quiroga.

Foi restaurada en 1604 polo abade Afonso de Solís, pero a mediados do século XIX a desamortización reduciu as súas propiedades á Horta do Cura e á casa reitoral (hoxe desaparecida).

Na igrexa consérvanse elementos construtivos e decorativos de estilo visigótico e mozárabe en pedra calcaria, do século XI ou anterior. Do templo románico, do século XII, consérvanse a ábsida, o arco triunfal, restos dun arco da porta norte e parte dos muros. Restaurada en 1604 e queimada polas tropas napoleónicas durante a Guerra da Independencia Española, foi reconstruída de novo con altares neoclásicos. Recentemente fixéronse obras de conservación na torre de planta cadrada situada a carón da porta norte.

Igrexa parroquial de Torbeo

Data de finais do século XII ou comezos do XIII. Presenta planta de cruz latina debido a que ó primeiro templo, dunha soa nave e ábsida con bóveda de cascarón, fóronlle engadidas dúas capelas. Polas súas características, decoración e elementos arquitectónicos pertence á escola compostelá. Destacan os seus capiteis de apoio do arco triunfal.

Pazo da Costa

En 1850, como consecuencia da desamortización de Mendizábal, Manuel Batanero e Flórez mercou terras da abadía de San Clodio. Nelas construíu o pazo da Costa, preto da antiga casa grande, rematado en 1889. Cedeu os terreos para a construción da vía do ferrocarril, a cambio da concesión dunha parada obrigatoria para os viaxeiros, servidume de paso entre a súa leira e a estación, e o dereito a xestionar a cantina e vender nela produtos da súa colleita.

Ata o seu falecemento na década de 1930, o pazo viviu unha etapa de esplendor, traballando nel moita xente. En 1932 faleceu na leira o xenro de Manuel Batanero, o comandante Belloch das forzas aéreas da república. Ao aterrar no prado, como xa fixera outras veces, unha roda meteuse nun rego, desviando o traxecto e provocando un incendio na aeronave ao bater contra o muro, xunto á fonte da Prata.

Galería de imaxes

Lugares de Ribas de Sil

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ribas de Sil vexa: Lugares de Ribas de Sil.

Parroquias

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribas de Sil

Nogueira (Nosa Señora das Neves) | Peites (San Martiño) | Piñeira (San Cristovo) | Rairos (Santa Lucía) | Ribas de Sil (San Clodio) | Soutordei (Santiago) | Torbeo (Santa María)

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Ribas de Sil".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 
  6. Souto Blanco, M. J.: La represión franquista en la provincia de Lugo (1936-1940)

Véxase tamén

Bibliografía