Templo de Atenea Nike: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
pequenos arranxos
ligazóns
Liña 27: Liña 27:


== Historia ==
== Historia ==
O proxecto encargáronllo [[Calícrates]] (Καλλικράτης), arquitecto que tamén colaborou na construción do [[Partenón]] xunto con [[Ictino]], e que deseñou un templo de [[orde xónica]] que tivo que adaptarse ao pequeno espazo que se lle asignou: un [[bastión]] (torre grande) dos [[Propileos]], que domina o ascenso á Acrópole.
O proxecto encargáronllo [[Calícrates]] (Καλλικράτης), arquitecto que tamén colaborou na construción do [[Partenón]] xunto con [[Ictino]], e que deseñou un templo de [[orde xónica]] que tivo que adaptarse ao pequeno espazo que se lle asignou: un [[Baluarte|bastión]] (torre grande) dos [[Propileos]], que domina o ascenso á Acrópole.


No seu interior houbo un ''[[xóanon]]'', imaxe de [[Atenea]] personificada como [[Nike (mitoloxía)|Nike]], ou deusa alada, símbolo das vitorias navais, á que lle cortaron as ás (''áptera'': sen ás) para que nunca puidese abandonar a cidade. Pero o templo non estaba destinado a grandes reunións, para iso tiña enfronte un altar que permitía celebrar cerimonias ao aire libre.
No seu interior houbo un ''[[xóanon]]'', imaxe de [[Atenea]] personificada como [[Nike (mitoloxía)|Nike]], ou deusa alada, símbolo das vitorias navais, á que lle cortaron as ás (''áptera'': sen ás) para que nunca puidese abandonar a cidade. Pero o templo non estaba destinado a grandes reunións, para iso tiña enfronte un altar que permitía celebrar cerimonias ao aire libre.
Liña 34: Liña 34:


== Vistas ==
== Vistas ==
* '''O alzado do templo''' (de 8 metros de altura): sobre a plataforma escalonada ou '''[[crepidoma]]''', aséntanse os muros e as '''[[Orde xónica|columnas xónicas]]''' de [[mármore]] compostas de ''basa'', ''fuste monolítico'' con estrías de ángulos matados e '''[[Capitel|chapitel]]''' con ''[[voluta]]s''. O '''[[friso]]''' consta dunha ''[[arquitrabe]]'' de tres bandas, un ''friso'' corrido que tivo unha decoración mitolóxica alusiva ás [[guerras Médicas]] e unha ''[[cornixa]]'', sobre ela os '''[[Frontón (arquitectura)|frontóns]]''' dedicados a Atenea.
* '''O alzado do templo''' (de 8 metros de altura): sobre a plataforma escalonada ou '''[[crepidoma]]''', aséntanse os muros e as '''[[Orde xónica|columnas xónicas]]''' de [[mármore]] compostas de ''basa'', ''fuste monolítico'' con estrías de ángulos matados e '''[[Capitel|chapitel]]''' con ''[[voluta]]s''. O '''[[friso]]''' consta dunha ''[[arquitrabe]]'' de tres bandas, un ''friso'' corrido que tivo unha decoración mitolóxica alusiva ás [[Guerras médicas]] e unha ''[[cornixa]]'', sobre ela os '''[[Frontón (arquitectura)|frontóns]]''' dedicados a Atenea.
{|Align = center
{|Align = center
|[[Ficheiro:Temple of Athena Nike reconstruction.gif|miniatura|dereita|300px|
|[[Ficheiro:Temple of Athena Nike reconstruction.gif|miniatura|dereita|300px|

Revisión como estaba o 28 de xuño de 2018 ás 16:20

Coordenadas: 37°58′17″N 23°43′30″L / 37.97139, -23.72500

Templo de Atenea Nike
Presentación
Nome localΝαός Αθηνάς Νίκης
LocalizaciónAtenas, Grecia Grecia
EstiloArquitectura clásica
TipoTemplo grego
PropietarioGoberno de Grecia
Construción
Inicio421 a. C.
Equipo
Arquitecto(s)Calícrates

O Templo de Atenea Nike (en grego antigo Ναός Αθηνάς Νίκης: Atenea Vitoriosa) ou Nike Áptera (Αθηνάς Νίκης: Vitoria sen ás) conmemora a vitoria sobre os persas na batalla de Salamina (448 a. C.). A idea da súa construción na Acrópole de Atenas, xurdiu no 449 a. C., trala paz cos persas. Porén, Pericles opúxose ao levantamento do mesmo e non se comezaron as obras ata o 421 a. C., comezada xa a Guerra do Peloponeso (431 a. C. - 404 a. C.).

Historia

O proxecto encargáronllo Calícrates (Καλλικράτης), arquitecto que tamén colaborou na construción do Partenón xunto con Ictino, e que deseñou un templo de orde xónica que tivo que adaptarse ao pequeno espazo que se lle asignou: un bastión (torre grande) dos Propileos, que domina o ascenso á Acrópole.

No seu interior houbo un xóanon, imaxe de Atenea personificada como Nike, ou deusa alada, símbolo das vitorias navais, á que lle cortaron as ás (áptera: sen ás) para que nunca puidese abandonar a cidade. Pero o templo non estaba destinado a grandes reunións, para iso tiña enfronte un altar que permitía celebrar cerimonias ao aire libre.

O templo no seu estado actual foi fielmente restaurado, pero perdeu parte do friso, a cuberta e os frontóns.

Vistas

Alzado reconstruído hipoteticamente.
Planta.
  • A planta, de moi pequenas dimensións, é propia dun templo anfipróstilo-tetrástilo, no que tanto o vestíbulo dianteiro (pronaos) como o traseiro (opistodomos) se converten en pequenos pórticos. A cella ou sala da deusa, é case cadrada (4 x 4 metros). É, polo tanto, un templo moi pequeno, de dimensións humanas; moi harmonioso nas súas proporcións. Todas as medidas están matematicamente estudadas para daren esa sensación de esvelteza, a pesar do seu escaso tamaño.
Restos do Friso.
tenea atándose unha sandalia.AB
  • A decoración escultórica no friso do templo, que representa a Atenea, Zeus e Poseidón axudando os atenienses, é sen dúbida un intento de elevar a moral da cidade, que naqueles anos estaba sumida noutra contenda que acabaría perdendo, a Guerra do Peloponeso. Así mesmo, o parapeto do bastión sobre o que se alza o edificio foi decorado con relevos (entre eles o de Atenea atándose a sandalia) intentando expresar a determinación pola vitoria que nunca chegou. Este paramento, obra da escola de Fidias mostra as súas principais características, como os panos mollados (xa esculpidos ao trépano) ou figuras divinas (como a propia Atenea) en accións "cotiás" como atarse unha sandalia, que demostran o afastamento do idealismo do primeiro clasicismo.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Outros artigos